Avisos
Do 15 ao 30 de xuño está aberto o prazo de renovación de praza na Escola Municipal de Música de Ames
Martes, 23 junio, 2020
A Escola Municipal de Música de Ames abrirá o prazo de renovación de prazas para o curso 2020-2021 do 15 ao 30 de xuño. Este primeiro prazo de inscrición está orientado, exclusivamente, ás alumnas e alumnos da Escola para a continuación dos seus estudos. Debido ás circunstancias xa coñecidas, a renovación realizarase preferiblemente a través da sede electrónica do concello. Pódese descargar o formulario de solicitude de renovación de praza ao pé deste aviso.
Martes, 23 junio, 2020
O próximo luns, 22 de xuño, abre o prazo de inscrición para os primeiros cursos de natación deste verán, que se desenvolverán ao longo do mes de xullo. Ao pé deste aviso poderás obter o impreso de solicitude para realizar a inscrición. O prazo para facelo estará aberto ata o vindeiro día 28.
En canto as cursos de iniciación ao piragüismo, as inscricións hai que tramitalas de xeito telemático enviando un correo electrónico a deportes@concellodeames.gal, no momento da recepción do correo enviarase o impreso de inscrición ao interesado/a.
Lunes, 22 junio, 2020
O Concello de Ames publica as listas provisionais de usuarios/as admitidos/as no programa de campamentos municipais para este verán, a través do cal ofertan 252 prazas repartidas entre 9 campamentos diferentes que se desenvolverán en diferentes datas entre o 6 de xullo ao 5 de setembro. As listas definitivas sairán publicada o próximo xoves, 25 de xuño, polo que dáse un prazo de tres días para presentar alegacións ás listas provisionais.
De Miércoles, 17 Junio, 2020 hasta Jueves, 25 Junio, 2020
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa de que están expostas as listas provisionais de nenos/as admitidos e excluídos no programa municipal da Escola de Verán 2020. Este servizo está dirixido aos nenos e nenas de Ames que durante o prazo de inscrición estean escolarizados no 2º ciclo de Educación Infantil e Primaria. Dende este mércores, 17 de xuño, habilítase un prazo de cinco días hábiles, ata o 25 de xuño (incluído) para a subsanación de documentación e presentar alegacións a ditas listas provisionais.
Martes, 16 junio, 2020
O programa "En Ames, Naturalmente" busca que as nenas e nenos volvan a relacionarse con persoas da súa idade a través da natureza. Os campamentos, que se realizarán en diferentes quendas entre os meses de xuño e xullo nas instalacións da Aula da Natureza do Concello de Ames, están destinados ao alumnado de Educación Primaria e Educación Secundaria. Cada quenda conta con 30 prazas e o seu prezo é de 50 euros.
Lunes, 15 junio, 2020
O Concello de Ames achega información sobre a ampliación dos horarios do servizo de transporte metropolitano dende este xoves, 11 de xuño de 2020. Neste aviso podense consultar os horarios das liñas que operan no termo municipal de Ames. Este servizo de transporte metropolitano depende da Consellería de Mobilidade da Xunta de Galicia. Os horarios foron ofrecidos polas empresas que prestan o servizo.
Viernes, 12 junio, 2020
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa de que no DOG de hoxe sae publicada a convocatoria de axudas da Xunta de Galicia, dirixida a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral das familias con nenos e nenas de ata 12 anos de idade, durante o tempo de suspensión de actividade nas escolas infantís 0-3 e centros de ensino non universitario.
Viernes, 12 junio, 2020
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa de que están publicadas as listas provisionais de nenos/as admitidos/as nas escolas infantís municipais O Bosque, de Bertamiráns, e A Madalena, do Milladoiro, para o curso 2020-2021. Os pais/nais terán un prazo de 5 días hábiles a efecto de exame e reclamación.
Miércoles, 10 junio, 2020
Neste apartado de AVISOS poderanse consultar os decretos aprobados pola Alcaldía, que recollen diferentes medidas adoptadas debido á pandemia do Coronavirus-COVID19.
Martes, 9 junio, 2020
A radio municipal de Ames continúa a ofrecer diariamente, durante o estado de alarma, unha programación especial a través da súa nova páxina de Facebook. Ames Radio segue a dar voz ás veciñas e aos veciños, proporcionando ademais información de servizo nestes tempos de confinamento nos fogares. Ao pé deste aviso, podes consultar a programación de hoxe martes, 9 de xuño de 2020.
- ‹ anterior
- 117 de 136
- siguiente ›