Avisos
Venres, 2 maio, 2025
Ata o 7 de maio está aberto o prazo para votar polo/a mellor deportista de Ames do ano 2024, a través dunha enquisa que se pode atopar neste aviso. A finalidade desta iniciativa é a participación da veciñanza nun dos premios que se entregarán na XVII Gala do Deporte. O evento celebrarase o venres 9 de maio, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns, e nel daranse a coñecer tamén os/as gañadores/as do resto de galardóns.
Venres, 2 maio, 2025
O prazo para inscribirse no servizo de conciliación “Xuño lúdico”, que este ano se desenvolverá do 23 ao 30 de xuño, está aberto ata o vindeiro 7 de maio de 2025. Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames, con nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil ou en primaria, e que teñan a necesidade de conciliar. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedor e Bos Días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns).
Venres, 2 maio, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 2 maio, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Mércores, 30 abril, 2025
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai pública a fixación dunha nova data para a realización do segundo exame (cuestionario tipo test) do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de persoal de servizos xerais para o servizo de comedores escolares do Concello de Ames.
Mércores, 30 abril, 2025
O Concello de Ames informa sobre a publicación das listaxes provisionais de admitidas/os no programa municipal de Campamentos de verán 2025. As devanditas listas están publicadas na web municipal e nos taboleiros oficiais do concello. Haberá que comprobar o código asignado a cada usuario/a para saber se está admitido/a no campamento que fixo a inscrición. Poderanse facer as alegacións que se consideren oportunas. Posteriormente, o 6 de maio publicaranse as listas de admitidas/os definitivas. A información completa sobre o proceso de matrícula pódese consultar nas bases do programa.
Martes, 29 abril, 2025
A Rede municipal de comedores escolares volverá a funcionar dende este mércores 30 de abril. Dende a Concellaría de Planificación e Xestión Educativa infórmase que debido ao corte de subministro eléctrico do 28/4/25, o menú previsto inicialmente para os días 30 de abril e 2 de maio deberá sufrir cambios. Trátase de cambios loxísticos, co fin de poder xestionar o excedente subministrado nestes días e cumprindo coa máxima garantía de calidade e cantidade. Desculpen as molestias ocasionadas.
Martes, 29 abril, 2025
Desde o Concello de Ames comunícaselle ás persoas convocadas para a realización do segundo exame (tipo test) da bolsa de persoal de servizos xerais para o servizo de comedores escolares do Concello de Ames que debido á situación excepcional vivida no día de onte anúlase a realización do exame previsto para hoxe, martes 29 de abril. Proximamente publicarase na sede electrónica e na web municipal a nova data de realización da proba. Desculpen as molestias ocasionadas.
Martes, 29 abril, 2025
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público os resultados definitivos da proba de galego para os aspirantes que non teñan acreditado o CELGA 1 e a data da proba escritca correspondente ao proceso selectivo para a contratación de tres peóns/as para a Concellería de Xestión do Medio Natural, Atención ao Rural e Patrimonio do Concello de Ames o abeiro do Programa de integración laboral (PEL Concellos 2025).
Venres, 25 abril, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
- 1 de 135
- seguinte ›