Avisos
Martes, 6 octubre, 2026
O Concello de Ames, a través do programa de formación da Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), convoca unha bolsa de prácticas no seu Servizo de Normalización Lingüística, dirixida a titulados/as universitarios/as sen experiencia laboral.
Martes, 6 octubre, 2026
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín 113/71 GAL emitido o día 05/10/2026, ás 18:50 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por choiva, que afectará dende primeiras horas da tarde do 6 de outubro de 2026 ao interior da provincia da Coruña e ao centro e montaña da provincia de Lugo. Espérase unha precipitación acumulada de 30 mm nunha hora.
Viernes, 2 octubre, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 2 octubre, 2026
O Concello de Ames, a través do departamento de Promoción da Saúde, fai públicas as listaxes de persoas admitidas nas clases de taichi/chi kung que se impartirán tanto en Bertamiráns como no Milladoiro. Estas sesións forman parte da oferta de actividades da Escola da Saúde. A admisión das persoas que figuran nestas listas está supeditada á comprobación do padrón municipal. É requisito indispensable estar empadroado no concello de Ames para participar nestas actividades.
Viernes, 2 octubre, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús dos comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Jueves, 1 octubre, 2026
O programa SaúdeAndo 2026-2027 comezará o día 1 de outubro con 33 novas andainas que sairán dos centros de saúde do Milladoiro e Bertamiráns. Estas andainas, organizadas pola Concellaría de Promoción da Saúde, organízanse cada xoves de semanas alternas ao longo de todo o curso, ata o mes de xuño, nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro. Son rutas de dificultade media-baixa e que contan cunha duración aproximada de entre unha hora e hora e media.
Jueves, 1 octubre, 2026
Desde o Servizo de Normalización Lingüística informan de que quedan prazas libres para inscribirse no obradoiro de acollemento lingüístico “En galego, co teu acento!”, que se vai impartir no Centro Multifuncional do Milladoiro do 13 de outubro ao 5 de novembro, en horario de 9:30 ás 11:30 horas. Trátase dunha iniciativa que busca aproximar a veciñanza á lingua e á cultura galegas dun xeito práctico e progresivo, así como favorecer a cohesión social e a integración das persoas procedentes de fóra de Galicia.
Jueves, 1 octubre, 2026
Unha vez rematado o primeiro período de inscrición, a Concellaría de Deportes abre o prazo para anotarse nas prazas libres das Escolas deportivas municipais 2026-2027. As persoas interesadas poden xestionar a matrícula de forma telemática a través do aplicativo de deportes do Concello de Ames, no apartado de escolas deportivas (recoméndase descargar a APP Concello de Ames para Android ou IOS). Tamén se poderá dar de alta en lista de espera nas actividades que xa teñan as súas prazas cubertas.
Sábado, 26 septiembre, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Sábado, 26 septiembre, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús dos comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
- 1 de 179
- siguiente ›




