Actualidad

Por ejemplo, 08-09-2026
Por ejemplo, 08-09-2026
Domingo, 09 de marzo de 2025
Mañá comeza o prazo de inscrición para participar no obradoiro “Cinemakis” da Biblioteca municipal de Ames

A Biblioteca municipal de Ames, con moitvo do Día Mundial do Teatro que se conmemora o vindeiro 27 de marzo, presenta o obradoiro “Cinemakis”, dirixido para a rapazada a partir de 3º de primaria. A actividade desenvolverase o venres 21 de marzo no Milladoiro e o sábado 22 en Bertamiráns. O prazo de inscrición para participar estará aberto desde mañá, 10 de marzo, ata o vindeiro martes día 18. Para participar, é previso enviar un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal indicando nome, apelidos, curso e idade das crianzas participantes xunto cun número de teléfono de contacto.

Sábado, 08 de marzo de 2025
Adxudícanse as obras de pavimentación de viarios no Castro de Ortoño por 142.083 euros

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación das obras de pavimentación de viarios no lugar de Castro de Ortoño á empresa Excavaciones y obras Candal por 142.083,44 euros. Este proxecto, que se sufraga con cargo ao POS+ Adicional 2/2024, enmárcanse dentro do plan de arranxo dos interiores de núcleos do rural. Deste xeito, con cargo á primeira fase do POS+ Adicional (proxectos xa incluídos no POS complementario) vanse executar catro obras: a pavimentación de viarios no Castro de Ortoño; a senda dende A Ponte Maceira a Carballo, na parroquia de Trasmonte; a mellora da seguridade viaria en Covas; e a pavimentación de viarios en Biduído de Arriba.

Viernes, 07 de marzo de 2025
A xornada de innovación “InnovAmes” tivo como eixo central a sostibilidade no eido empresarial e invitará a outros concellos da contorna a participar en próximas edicións

El Ayuntamiento de Ames acogió este viernes, 7 de marzo, la quinta edición del InnovAmes, una jornada de innovación para las empresas de Ames que se celebró en el pabellón polideportivo del Milladoiro y en la que estuvieron presentes diferentes empresas de nuestro ayuntamiento referentes en los ámbitos de la innovación o de la tecnología. En esta ocasión, una de las principales temáticas que se trataron fue la sostenibilidad en el mundo empresarial en la actualidad y las posibilidades y capacidades de la innovación local. En esta edición participaron más de veinte empresas de Ames, coworkers del centro coworking A Proa, representantes de las Universidades de Santiago de Compostela y de la Universidad de Vigo, y alumnado de los centros educativos de Ames. Accediendo a este link puedes ver el vídeo resumen del InnovAmes 2025.

Jueves, 06 de marzo de 2025
Ames recibiu máis de 400 consultas nas súas oficinas de consumo no 2024, maioritariamente sobre o sector financieiro

O Concello de Ames, xunto coa Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), presentou na mañá de hoxe o informe sobre os datos de consumo nas oficinas municipais nesta materia no pasado ano. Deste xeito, as oficinas da UCGAL situadas nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro recibiron ao longo de todo 2024 un total de 425 consultas, producíndose a maior parte no primeiro semestre do ano e no sector financeiro. A oficina da UCGAL do Milladoiro, localizada na Rúa Viorneira, ofrece atención os martes en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30, mentres que a de Bertamiráns, situada no Pazo da Peregrina, está aberta os xoves, co mesmo horario de atención. O teléfono para poñerse en contacto coas oficinas da UCGAL no noso concello é o 662 130 312.

Jueves, 06 de marzo de 2025
O Punto Limpo recolleu en xaneiro case 900 unidades de pequenos aparatos eléctricos e electrónicos

O centro de depósito de residuos do Punto Limpo rexistrou 457 entradas en xaneiro. Durante este mes destaca a achega de 891 unidades de pequenos aparatos eléctricos e electrónicos (PAES), 111 quilogramos de roupa e 425 quilogramos de plásticos.

Miércoles, 05 de marzo de 2025
Ames pecha esta semana a súa programación de Entroido que encheu as rúas do concello de música, baile e moita diversión

Ames pechará a súa programación de Entroido de 2025 este venres, día 7, coa celebración do Entroido Amessan. Deste xeito, ponse fin a unhas xornadas que encheron as rúas do concello de música, baile, disfraces e moita diversión. O pasado domingo, día 2, Milladoiro acolleu o desfile e concurso de disfraces, no que participaron máis de 200 persoas entre todas as categorías. Por outra banda, este luns, día 3, celebrouse en Bertamiráns o concurso de disfraces infantil, no que participaron máis dun cento de rapaces e rapazas.

Miércoles, 05 de marzo de 2025
A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este venres a obra “Un Deus salvaxe” de Talía Teatro

O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, continúa coa programación do Ames Cultural 2025. Desta volta, o auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns ás 20.30 horas, acollerá a representación da peza “Un Deus salvaxe” da compañía Talía Teatro, unha comedia satírica da sociedade actual. A ocupación ata o momento é do 72% das butacas dispoñibles. Aínda se poden adquirir entradas na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Esta programación forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.

Miércoles, 05 de marzo de 2025
Tiago Blanco e Xián Blanco, da Escola Dokkodo, participaron o pasado 22 de febreiro na 2º Xornada da Liga Nacional de Karate

O pasado 22 de febreiro celebrouse a 2º Xornada da Liga Nacional de Karate, que tivo lugar en Albacete e reuniu a máis de 1.200 deportistas procedentes de diferentes cidades de España. A Escola de Karate Dokkodo estivo representada por Xián e Tiago Blanco realizaron unha gran competición na que deixaron unhas sensacións moi positivas de cara o futuro.

Martes, 04 de marzo de 2025
O Concello de Ames recibe unha axuda de 15.000 euros para o mantemento ou contratación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2025

O Concello de Ames recibirá unha axuda de 15.000 euros dentro da convocatoria posta en marcha pola Deputación da Coruña para o mantemento ou contratación de persoal técnico nos servizos municipais de deporte en 2025. No caso do Concello de Ames dita subvención destinarase ao mantemento de persoal técnico-deportivo.

Martes, 04 de marzo de 2025
Arredor de 700 persoas asistiron neste martes de Entroido ao cocido dos maiores de Ames

O pavillón de Bertamiráns acolleu neste martes de Entroido unha nova edición do cocido dos maiores de Ames, ao que asistiron aproximadamente 700 veciños e veciñas do noso concello. Deste xeito, os maiores de 65 anos de Ames puideron gozar dunha gran xornada festiva, con música a cargo do dúo Plan B e na que degustaron o tradicional cocido galego. Tras o xantar, realizouse a entrega de premios aos mellores disfraces e tamén un sorteo de varias cestas con produtos de Entroido entre todos os asistentes. Gran parte da Corporación municipal asistiu á festa.