Actualidad

Por ejemplo, 07-09-2026
Por ejemplo, 07-09-2026
Sábado, 07 de junio de 2025
Recollida premio

O proxecto de investigación e acción para a promoción do galego na infancia desenvolto colaborativamente entre o Concello de Ames, a Real Academia Galega e os once centros educativos públicos amesáns, foi unha das experiencias premiadas na sexta edición dos Premios Mil Primaveras que se entregaron hoxe no Pazo da Cultura de Pontevedra. Os galardóns recoñeceron outros tres programas que inciden na infancia e na mocidade, favorecen a socialización en galego e potencian a reflexión e a posta en marcha de medidas para asociar a lingua con valores positivos: a canle de vídeos animados Galego para peques, a empresa de deseño e fabricación de xogos de mesa en galego Brazolinda e o programa do CEIP Sagrada Familia da Coruña Vitamina G. 

Viernes, 06 de junio de 2025
Bertamiráns acolle o sábado, 14 de xuño, o concerto do grupo A Pedreira

O sábado, 14 de xuño, ás 20.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns o grupo A Pedreira presenta “Basal”, unha obra que conecta música, psicoloxía, territorio e corpo-casa. Este grupo está liderado pola artista galega Ugía Pedreira, unha das grandes voces da música tradicional. O seu repertorio abarca folk, rock e jazz, nunha paleta rítmica amplísima tanto de instrumentos orgánicos como electrónicos. Os convites para dito concerto poden adquirirse na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

Viernes, 06 de junio de 2025
A Aula CeMIT oferta novos cursos de formación este verán dirixidos á rapazada

Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames organiza novos cursos de formación para que a rapazada continue aprendendo na época estival.  Os contidos destas formacións abranguen amplos contidos, dende a edición de imaxes ou vídeo, ata introdución ás dotes básicas de mecanografía. Para matricularse en calquera destes cursos, os menores de idade deben estar rexistrados previamente na rede CeMIT.

Viernes, 06 de junio de 2025
Xa están abertas as inscricións para participar no III Aberto de San Xoán

As pistas de tenis de Aldea Nova acollerán, a partir do vindeiro 21 de xuño, a terceira edición Aberto de San Xoán, un torneo de tenis organizado polo club de tenis Val da Maía en colaboración co departamento de Deportes do Concello de Ames. As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o 14 de xuño ás 22.00 horas para as categorías de menores (alevín, infantil, cadete e junior), mentres que a data límite para as categorías de adultos (absoluto, veteranas+35 e veteranos+45) é ata o 21 de xuño, tamén ás 22.00 horas. A cota de inscrición é de 15 euros para as categorías de menores. No caso do resto de categorías, a contía de inscrición é de 18 euros. 

Jueves, 05 de junio de 2025
O Pazo da Peregrina acollerá os vindeiros días 4 e 5 de xullo unha nova edición do festival Ames Jazz

Os vindeiros días 4 e 5 de xullo, o Pazo da Peregrina acollerá a VIII edición do festival Ames Jazz. Nesta ocasión, o programa inclúe os concertos dos recoñecidos músicos galegos de Jazz a nivel internacional, Álvaro Vieito, en trío, e Yago Vázquez, tamén en trío. Ademais, haberá unha sesión vermú a cargo de Gloria Pavía e Rafa Morales e o faladoiro “A situación do jazz e da música galega”. 

Jueves, 05 de junio de 2025
O alumnado da Rede municipal de comedores escolares vota polo menú de fin de curso

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Planificación e Xestión Educativa, volve a darlle a oportunidade aos nenos e nenas, que son usuarios/as da Rede municipal de comedores escolares, de votar polo menú de fin de curso que se servirá o vindeiro xoves 19 de xuño. O primeiro prato elíxeo a técnica municipal en nutrición, mentres que o alumnado ten que votar para elixir o segundo prato e maila sobremesa. As eleccións desenvolvéronse durante o horario no que se emprega o servizo de comedores no CEIP Agro do Muíño, CEIP A Maía, CEP de Ventín, CEIP de Barouta, EEI do Milladoiro e nas escolas unitarias de Covas e Ortoño. O servizo de comedores escolares conta con1.469 usuarios/as.

Jueves, 05 de junio de 2025
O Pazo da Peregrina acolle este sábado, 7 de xuño, a VI Festa do Apego, unha xornada chea de actividades para as familias

O Concello de Ames, a través da Concellería de Normalización Lingüística, organiza para esta sábado, 7 de xuño, a VI Festa do Apego. Será este sábado, 7 de xuño, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, desde as 11.00h da mañá ata as 21.00h da noite. Ao longo da xornada poderase gozar de contos con música, xogos, concertos, teatro, obradoiros, espazos de xogo, espazos de creatividade e espazos de recursos. Todo isto e moito máis para achegarlles ás familias recursos lúdicos e educativos que favorezan a transmisión da lingua e unha crianza positiva, creativa e en galego. Todas as actividades da festa son de acceso libre e gratuíto, sen necesidade de inscrición previa. Nesta ligazón podes ver toda a programación da Festa de Apego de Ames.

Miércoles, 04 de junio de 2025
O Milladoiro acolleu unha xornada de debate arredor do presente e futuro das comunidades enerxéticas

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolleu unha xornada aberta sobre o presente e futuro das comunidades enerxéticas. Abriron a xornada a subdelegada do Goberno na provincia da Coruña, María Rivas, o alcalde de Ames, Blas García, e o concelleiro de Xestión do Medio Natural, Javier Antelo, que destacaron a importancia das administracións públicas no asesoramento para creación de comunidades enerxéticas e os beneficios que ditas entidades poden xerar para a veciñanza. Ao longo da mañá houbo diferentes mesas de debate nas que se afondou sobre a afectación xurídica das comunidades enerxéticas; a transición enerxética e o funcionamento da OTC de Ames; e os distintos programas de actuacións, financiamentos, achegas e demais axudas para a creación de comunidades enerxéticas. Premendo nesta ligazón poder coñecer os proxectos da Comunidade Enerxética “CE Ames Solar”.

Miércoles, 04 de junio de 2025
Imaxe dunha cacharela na parroquia de Ortoño

O Concello de Ames abre o prazo para solicitar permiso para a realización de cacharelas na noite de San Xoán, o vindeiro 23 de xuño. No caso dos espazos públicos, o prazo comprende do 5 ao 17 de xuño, ás 13:30 horas; mentres que para os espazos privados será do 5 ata o 20 de xuño, tamén ás 13:30 horas. As normas faranse extensivas á celebración de cacharelas/sardiñadas durante todo o mes de xuño. As solicitudes deberán presentarse preferentemente por rexistro telemático, a través da Sede electrónica do Concello de Ames. Tamén poderá facerse de maneira presencial nas Oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello. Podes descargar o impreso de solicitude na seguinte ligazón

Miércoles, 04 de junio de 2025
Éxito de participación e resultados do MillaRaio nos campionatos galegos sub10 e sub12

O club de atletismo MillaRaio participou o pasado 24 de maio nos campionatos galegos sub10 e sub12, que se celebraron na pista de Elviña na Coruña. Na categoría sub10 o club amesán estivo representado por 5 atletas, mentres que na categoría sub12 participaron 7 deportistas. Estes/as 12 atletas conseguiron uns excelentes resultados, obtendo 7 medallas. A vindeira cita na que participarán é o campionato galego de equipos.