Actualidad

Por ejemplo, 23-06-2025
Por ejemplo, 23-06-2025
Domingo, 07 de junio de 2020
Cartel sobre as principais medidas a ter en conta na fase 3

O Concello de Ames informa que dende o día 8 de xuño de 2020, é aplicable á provincia da Coruña, e en concreto ao municipio de Ames a Orde SND/458/2020, do 30 de maio, para a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional establecidas, tras a declaración do estado de alarma en aplicación da fase 3 do Plan para a transición cara a unha nova normalidade. Dende o Concello de Ames apélase á responsabilidade dos veciños e veciñas no cumprimento das normas polo ben común e evitar así un posible retroceso no control da pandemia da Covid-19. Preme nesta ligazón para consultar as principais medidas a ter en conta na fase 3 da desescalada que comeza a partir deste luns 8 de xuño.

Sábado, 23 de mayo de 2020
Cartel coas principais medidas a ter en conta na fase 2 da desescalada

O Concello de Ames informa que este sábado, 23 de maio de 2020, publicouse no Boletín Oficial do Estado a Orde SND/414/2020, de 16 de maio, para a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional establecidas trala declaración do estado de alarma en aplicación da fase 2 do Plan para a transición cara unha nova normalidade. Cómpre lembrar que o concello de Ames, ao igual que o resto de concellos galegos, entra este luns, 25 de maio de 2020, na fase 2, polo que se establecen novas condicións no proceso de desescalada. Dende o Concello de Ames apélase á responsabilidade dos veciños e veciñas no cumprimento das normas polo ben común e evitar así un posible retroceso no control da pandemia.

Viernes, 22 de mayo de 2020
Imaxe da reunión do Comité de coordinación policial

Este mércores, 20 de maio, o Comité de coordinación policial mantivo unha nova xuntanza na que se realizou un seguimento da xestión da crise sanitaria polo coronavirus e analizáronse as novas directrices marcadas dende o Goberno do Estado. O obxecto da reunión foi abordar a situación actual no concello, tralas medidas tomadas polo Goberno central, para atallar a crise sanitaria e coordinar as actuacións a desenvolver, que garantan o cumprimento das mesmas nesta fase 1 de desescalamento na que nos atopamos. A reunión de seguridade local incidiu na importancia de respectar as normas para a desescalada do confinamento.

Miércoles, 20 de mayo de 2020
O Concello de Ames informa sobre o uso obrigatorio de máscara durante a situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19

Este mércores, 20 de maio de 2020, o Goberno do Estado publicou a Orde SND/422/2020, do 19 de maio, pola que se regulan as condicións para o uso obrigatorio de máscara durante a situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19. A partir de mañá, 21 de maio de 2020, será obrigatorio uso de calquera tipo de máscara, preferentemente hixiénicas e cirúrxicas, para todas as persoas de seis anos en diante, que cubra nariz e boca, observándose en todo caso, as indicacións das autoridades sanitarias acerca do seu uso. Quedan excluídas desta obrigación aquelas persoas que presenten algún tipo de dificultade respiratoria, que poida verse agravada pola utilización da máscara, e a aquelas cuxo uso se atope contraindicado por motivos de saúde ou discapacidade. Recoméndase o uso nos/as nenos/as de 3 a 5 anos.

Domingo, 10 de mayo de 2020
Imaxe da praza do Concello, en Bertamiráns

O Concello de Ames informa que este sábado, 9 de maio de 2020, publicouse no Boletín Oficial do Estado a Orde SND/399/2020, para a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional, establecidas tras a declaración do estado de alarma, en aplicación da fase 1 do Plan para a transición cara a unha nova normalidade. Cómpre lembrar que o concello de Ames, ao igual que o resto de concellos galegos, entre este luns, 11 de maio de 2020, na fase 1, polo que se establecen novas condicións no proceso de desescalada. Dende o Concello de Ames apélase á responsabilidade dos veciños e veciñas no cumprimento das normas polo ben común e evitar así un posible retroceso no control da pandemia.

Jueves, 07 de mayo de 2020
Imaxe do reparto de máscaras feito os días 13 e 14 de abril por Protección Civil

Despois da publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) o pasado domingo, 3 de maio, das diferentes ordes que regulan a fase 0 do proceso de desescalada, o Concello de Ames procedeu durante o luns e o martes ao reparto de 3.000 novas máscaras entre a veciñanza amesá. No operativo participaron a Garda Civil do Milladoiro, que coordinou o reparto, a Policía Local e maila Agrupación de Protección Civil de Ames. Repartíronse 2.500 máscaras cedidas polo Goberno central, a través da Subdelegación do Goberno en Galicia, e o Concello aportou ademais, entre os comercios e establecementos, 500 máscaras e 200 pantallas de protección.

Jueves, 07 de mayo de 2020
Imaxe da Casa do Concello

O goberno municipal, a través de decreto de Alcaldía, vén de aprobar unha instrución para a continuación dos prazos administrativos nos procedementos urbanísticos de licenzas e comunicacións previas asociadas ao desenvolvemento de actividades permitidas no marco actual do estado de alarma, intervención e disciplina urbanística. Dita instrución é unha interpretación da disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19. Esta disposición establece a suspensión de termos e interrupción de prazos na tramitación dos procedementos das entidades do sector público, e polo tanto, das administracións locais.

Miércoles, 06 de mayo de 2020
Imaxe da avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (antigo Ministerio de Fomento), a petición do Concello de Ames ante a Subdelegación do Goberno, realizará este xoves, 7 de maio, traballos de desinfección viaria nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro. Un camión aplicará hipoclorito de sodio nas rúas do Milladoiro e Bertamiráns, en horario de 21.00 a 23.00 horas. Debido a iso, neste horario, recoméndase non estacionar vehículos nas marxes das rúas destes núcleos urbanos e deixalos nos garaxes ou nas zonas habilitadas para o aparcamento colectivo, para que non sexan salpicados con dito líquido desinfectante.

Martes, 05 de mayo de 2020
Cartel da campaña "Ponlle fin á fenda dixital"

Dende o departamento municipal de Voluntariado acaban de lanzar unha petición á veciñanza amesá para tratar de conseguir equipos informáticos en desuso para os/as nenos/as de familias vulnerables. Deste xeito, as persoas que dispoñan dalgún equipo informático que poidan doar poden poñerse en contacto coa OVA, a través do enderezo web voluntariado@concellodeames.gal ou chamando ao número de teléfono 662 377 044, en horario de 9.00 a 14.00 horas.