Actualidad

Por ejemplo, 22-06-2025
Por ejemplo, 22-06-2025
Jueves, 22 de octubre de 2020
Cartel coas novas medidas que se aplican no Milladoiro

A Consellería de Sanidade vén de publicar no DOG a actualización das medidas de restricións que afectan á localidade do Milladoiro, onde se incrementan as restricións decretadas o pasado 24 de setembro. Asemade, a Xunta de Galicia actualizou as medidas de restricións para todo o territorio galego, medidas que afectan ao resto do termo municipal de Ames. Ademais, dende o Concello adóptanse as seguintes medidas: peche das pistas deportivas ao aire libre, dos parques infantís e dos parques biosaudables de todo o termo municipal; adiase o inicio do curso nas Escolas deportivas e culturais municipais; e suspéndense as actividades dos diferentes programa municipais que están organizadas polos departamentos de Promoción da saúde e da Oficina de Voluntariado de Ames, dependentes da Concellería de Benestar Social.

Jueves, 08 de octubre de 2020
Cartel restricións Covid-19 Milladoiro.

O Concello informa do número de casos activos en tempo real e segundo se traslade a información desde a Consellería de Sanidade. Deste xeito, infórmase de que o número de casos activos no concello de Ames, este xoves 8 de outubro de 2020, é de 83 persoas. Xa se están contabilizando os casos positivos detectados a través das probas PCR que se están facendo co cribado masivo de 3.700 mostras entre a poboación do concello, co obxectivo de frear a posible transmisión e intentar localizar posibles casos asintomáticos. Ata día de hoxe, fixéronse arredor de 2.000 probas e quedan unhas 1.700 probas PCR que se realizarán entre hoxe e mañá. A través do cribado que se está realizando estase detectando unha porcentaxe de positivos de 1,1%, mentres que a porcentaxe de casos asintomáticos está no 1%.

Lunes, 28 de septiembre de 2020
Imaxe da praza da Maía, en Bertamiráns

A información estará publicada na sección de avisos da páxina web municipal. No día de hoxe e despois da fin de semana o número de casos activos en todo o concello é de 62 persoas contaxiado por Covid-19.

Sábado, 26 de septiembre de 2020
O goberno municipal informa que o número de casos positivos Covid en todo o concello de Ames é de 48 persoas.

A extensión das restricións existentes no concello de Santiago de Compostela á totalidade do núcleo urbano do Milladoiro, no Concello de Ames, o día 24 de setembro elevaron a preocupación veciñal e a publicación de determinada información nos medios de comunicación acentuaron a confusión en relación á situación epidemiolóxica municipal. Deste xeito, o goberno municipal informa que o número de casos positivos Covid en todo o concello de Ames é de 48 persoas. A información comunícase despois de solicitarlle á Consellería de Sanidade que fixera públicos os datos por canles oficiais e autorizadas.

Miércoles, 23 de septiembre de 2020
Cartel informativo das restricións para a localidade do Milladoiro

A Consellería de Sanidade vén de acordar a inclusión de toda a localidade do Milladoiro no conxunto de localidades e concellos con medidas de restrición pola Covid-19. A decisión tomouse esta mesma mañá, logo da xuntanza do Comité clínico de expertos sanitarios. Todas estas medidas publicáronse arredor das 21.30 horas no Diario Oficial de Galicia e entrarán en vigor as 00:00 horas desta medianoite. Premendo nesta ligazón podes consultar todas as restricións publicadas no DOG que afectan á localidade do Milladoiro.

Viernes, 11 de septiembre de 2020
Actualización das medidas establecidas para a nova normalidade en Galicia (COVID-19)

O pasado mércores, 9 de setembro, publicouse a Orde do 9 de setembro de 2020 sobre modificación de determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade na que se dispoñía que:

Jueves, 03 de septiembre de 2020
Imaxe da reunión de coordinación de seguridade fronte á COVID-19

O Concello de Ames celebrou unha reunión de coordinación de seguridade e seguimento das medidas de prevención fronte á COVID-19. A dita xuntanza asistiron o alcalde, José Miñones, o concelleiro de Administración Xeral, Victor Fernández, así como responsables da Policía Local e da Garda Civil. O obxectivo da mesma foi o de analizar a situación do concello respecto ao seguimento das medidas de seguridade e prevención fronte á COVID-19, así como manter a cooperación e coordinación operativa da Policía Local e Garda Civil no termo municipal.

Lunes, 20 de julio de 2020
Cartel sobre o uso obrigatorio de máscara

Este pasado sábado, 18 de xullo, saíu publicada no DOG a Resolución do 17 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 17 de xullo de 2020, polo que se introducen determinadas modificacións nas medidas de prevención previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola Covid-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

Miércoles, 01 de julio de 2020
Imaxe da fachada da Casa do Concello

O rexedor municipal quere dirixirse a toda a veciñanza de Ames, despois dos duros e complicados momentos vividos nos últimos meses. Deste xeito, envía unha mensaxe de apoio á veciñanza amesá para encarar con forza esta nova etapa tralo estado de alarma pola Covid-19. Ademais, aproveita para dar a coñecer que o Concello de Ames traballou para poder ofrecer unha resposta seria e rápida ante a situación sen precedentes que houbo que asumir en tódalas áreas municipais. Tamén pide seguir extremando as precaucións para evitar rebrotes indesexados. Preme nesta ligazón para consultar o comunicado íntegro.

Domingo, 14 de junio de 2020
Cartel sobre as principais medidas a ter en conta cara a nova normalidade en Ames

O Concello de Ames informa das novas medidas que rexerán a partir do vindeiro luns, 15 de xuño de 2020, contempladas na Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola Covid-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade. Preme nesta ligazón para coñecer de xeito máis pormenorizado as medidas a ter en conta cara a nova normalidade en Galicia a partir deste lus 15 de xuño.