Actualidad

Por ejemplo, 23-06-2025
Por ejemplo, 23-06-2025
Sábado, 09 de enero de 2021
Cartel informativo sobre as medidas de nivel máximo de restricións

A Xunta de Galicia publicou no DOG este venres, 8 de xaneiro, a actualización das medidas que lle afectan ao territorio galego para facer fronte á pandemia provocada pola Covid-19. No concello de Ames dende ás 00.00 horas deste sábado, 9 de xaneiro, adóptanse medidas de nivel máximo. Deste xeito, establécese un peche perimetral no que a veciñanza de Ames tan só se poderán desprazarse polos termos municipais de Ames, Santiago e Teo. Tan só se poderá saír do perímetro por causas xustificadas. Ademais, os grupos (conviventes ou non) poderán ser dun máximo de 4 persoas e a hostalaría só pode atender no exterior ao 50% e ten pechar ás 18:00 horas. Preme nesta ligazón para consultar as medidas de restrición de nivel máximo que lle afectan ao concello de Ames

Viernes, 08 de enero de 2021
Imaxe da Casa do Concello

A Xunta de Galicia vén de publicar no DOG que o concello de Ames, xunto cos concellos limítrofes de Santiago de Compostela e Teo, entran dende as 00.00 horas deste sábado, 9 de xaneiro de 2021, en nivel máximo de restricións pola Covid. Ditas restricións afectan a concellos de máis de 10.000 habitantes cunha incidencia acumulada a catorce días igual ou superior a 250 casos. Dende o Concello de Ames prégase á veciñanza responsabilidade e sensatez. Tamén se pide que se reduza o máximo posible a mobilidade durante os vindeiros días, para evitar que continúe o incremento de casos activos por Covid. Consulta a Orde e mailo Decreto aprobados pola Xunta de Galicia este venres 8 de xaneiro.

Miércoles, 23 de diciembre de 2020
Cartel informativo das medidas especiais fronte á Covid para o Nadal

O Concello de Ames informa das medidas especiais fronte á Covid para o Nadal, aprobadas pola Xunta de Galicia a través do Decreto 222/2020 do 22 de decembro de 2020. Ditas medidas afectan á mobilidade (entrada e saída en Galicia; entrada en zonas de Galicia pechadas perimetralmente; e mobilidade nocturna) entre o día 23 de decembro de 2020, ás 00.00 horas, e o día 7 de xaneiro de 2021, ás 00.00 horas. Tamén afectan aos encontros familiares para as celebracións de Nadal dos días 24 e 25 de decembro. Ademais, lémbrase que no concello de Ames mantéñense vixentes as medidas do nivel básico. Prégase á veciñanza responsabilidade nestas datas e que se sigan extremando todas as precaucións. A recomendación do Concello e que as xuntanzas das celebracións das festas de Nadal só se fagan coa unidade de convivencia.

Jueves, 17 de diciembre de 2020
Cartel coas medidas vixentes no concello de Ames

O Concello de Ames lémbralle a veciñanza amesá que se manteñen vixentes as medidas de restrición de nivel básico, establecidas pola Xunta de Galicia o pasado 3 de decembro, e que entraron en vigor ás 00.00 horas do 4 de decembro. Ademais, é importante recordar que a veciñanza de Ames non se poderá desprazarse a aqueles concellos que teñen establecido o peche perimetral, como é o caso dos concellos veciños de Santiago de Compostela, Negreira, Santa Comba, Mazaricos entre outros, aos que só se poderá acudir con causa xustificada, que estea contemplada na normativa reguladora das restricións. Prégase seguir respectando todas as normas e non baixar a garda durante as festas de Nadal, polo ben da saúde de todas e todos.  Preme nesta ligazón para consultar as medidas que seguen vixentes en Ames.

Viernes, 04 de diciembre de 2020
Cartel coas medidas de restrición de nivel básico en Ames

A Xunta de Galicia publicou no DOG este xoves, 3 de decembro, a actualización das medidas que lle afectan ao territorio galego para facer fronte á pandemia provocada pola Covid-19. No concello de Ames dende ás 00.00 horas deste venres, 4 de decembro, adóptanse medidas de nivel básico. Deste xeito, remata o peche perimetral; permítese a apertura da hostalería (50% de ocupación en interior e 75% en terrazas exteriores); a apertura de parques infantís, de biosaudables, e pitas polideportivas ao aire libre con aforo limitado; e xuntanzas de grupos de ata 6 persoas co o máximo. Mantense a restrición de mobilidade nocturna entre as 23.00 e as 06.00 horas. Lémbrase que o uso da máscara e o mantemento da distancia de seguridade interpersoal é obrigatoria. Ademais, incídese que nesta nova etapa de restricións é preciso que cada un/unha de nós actuemos con responsabilidade. Preme nesta ligazón para consultar as medidas de restrición de nivel básico que lle afectan ao concello de Ames.

Sábado, 21 de noviembre de 2020
Imaxe de arquivo do Milladoiro

675 veciños e veciñas de Ames, dos 959 que responderon á enquisa cidadá sobre a COVID19 publicada na páxina web municipal, amosaron un alto grao de preocupación fronte a pandemia e unha maior inseguridade no transporte público. O 83% dos enquistados considera axeitado o toque de queda nocturno e o 70% cre que son correctas as medidas adoptadas para o novo estado de alerta. Ademais, 627 persoas estarían dispostas a vacinarse fronte ás 332 que din que non o farían. No canto das restricións aplicadas a bares e cafeterías, as cifras están máis igualadas: 507 persoas consideran que son correctas e 452 pensan que non o son. A enquisa interpelaba á veciñanza sobre posturas e opinións relacionadas coa COVID19 e pedíalle valoración sobre algúns dos políticos implicados na xestión da pandemia. A idade media dos participantes foi de 40 anos, mentres que o rango de idade dos participantes foi de 14 a 81 anos.

Jueves, 05 de noviembre de 2020
Cartel informativo sobre as medidas de restrición que afectan á veciñanza de Ames

A Xunta de Galicia vén de publicar este mércores, 4 de novembro de 2020, novas medidas de restrición que afectan á mobilidade da veciñanza e ao sector hostaleiro. Ditas medidas afectan a todo o termo municipal de Ames. Deste xeito, a veciñanza de Ames tan só poderá desprazarse polos termos municipais de Ames, Santiago de Compostela, Boqueixón, Oroso, O Pino, Teo, Trazo, Val do Dubra e Vedra. Soamente se poderá saír deste perímetro por causas xustificadas e contempladas no decreto da Xunta do 4 de novembro de 2020. Os establecementos do sector hostaleiro permanecerán pechados ao público e poderán prestar exclusivamente servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local e consumo a domicilio. Estas dúas medidas de restrición entran en vigor ás 00.00 horas do 7 de novembro de 2020. Ademais, mantense a restrición da mobilidade nocturna entre as 23.00 e as 6.00 horas. Preme nesta ligazón e consulta todas as restricións que afectan á poboación do concello de Ames.

Sábado, 31 de octubre de 2020
Cartel coas restricións de nivel 3 para o concello de Ames

A Xunta de Galicia vén de decretar no día de hoxe que o concello de Ames pasa a estar en nivel 3 de restricións a partir das 00.00 horas deste domingo 1 de novembro de 2020. Ás medidas decretadas onte, 30 de outubro, sobre o peche perimetral e limitacións de xuntanzas a persoas conviventes (grupos de como máximo de 5 persoas), súmanse hoxe novas restricións no ámbito da hostalería (suspéndese o servizo no interior de bares e cafeterías); sobre o deporte non federado (ao aire libre só se poderá practicar deporte entre persoas conviventes e nos centros deportivos en grupos de ata 5 persoas sexan ou non conviventes). Os parques infantís, biosaudables e pistas deportivas ao aire libre seguirán pechadas e seguen suspendidas as actividades de Benestar Social e aprazadas as Escolas deportivas e culturais. Preme nesta ligazón e consulta todas as restricións de nivel 3 decretadas para o concello de Ames

Viernes, 30 de octubre de 2020
Cartel coas medidas aprobadas o 30 de outubro de 2020

A Consellería de Sanidade anunciou esta mañá o peche perimetral do concello de Ames, xunto cos concellos limítrofes de Santiago de Compostela e Teo. Deste xeito, queda restrinxida a entrada e saída de persoas no ámbito territorial delimitado, excepto aqueles desprazamentos adecuadamente xustificados conforme ao Decreto 178/2020. Non estará sometida a restrición algunha a circulación en tránsito a través dos concellos de Ames, Santiago e Teo. Este peche entrou en vigor ás 15:00 horas de hoxe venres 30 de outubro. Ademais, a permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como ao aire libre, e en espazos de uso privado, queda limitado aos grupos constituídos só por persoas conviventes, incluídos nos establecementos hostaleiros. Este grupos poderán de ser como máximo de 5 persoas.

Miércoles, 28 de octubre de 2020
Reunión FEMP.

O alcalde de Ames, Jose Miñones, participou este martes, 27 de outubro, nunha xuntanza convocada pola FEMP por videoconferencia na que se abordaron diferentes aspectos da prevención da pandemia da Covid-19. Nesta xuntanza participaron alcaldes e alcaldesas de toda España, o presidente da FEMP, Abel Caballero, e os ministros de Sanidade, Salvador Illa, e de Política Territorial e Función Pública, Carolina Darias. En dito encontro abordouse a coordinación institucional do Goberno de España coa FEMP e as Entidades Locais para o seguimento da crise sanitaria da Covid-19.