Actualidad

O club XL Milladoiro, en colaboración co Concello de Ames, organiza para este domingo, 8 de decembro, o primeiro torneo de baloncesto 3x3. Esta actividade desenvolverase no pavillón do Milladoiro, en horario de 15:30 a 21:00 horas. Haberá unha única categoría mixta que abarca desde os 15 ata os 99 anos. O máximo de xogadores/as por equipo será de 5, mentres o mínimo está establecido en 3. As persoas que non teñan equipo, poden presenten igual no pavillón, xa que entre os/as que asistan formásense equipos. A inscrición é gratuíta e haberá facela de xeito presencial no propio pavillón. Tamén se fará un concurso de triplos.

A finais do próximo mes de decembro celebrarase unha nova edición do Campus de Nadal de fútbol sala, organizado polo FC Meigas e mailas Escolas de fútbol sala Trasgos, en colaboración co Concello, a Deputación da Coruña e maila Xunta de Galicia. Desta vez terá lugar os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro, no pavillón de Bertamiráns. Está destinado a nenos de entre 4 a 16 anos e a inscrición pode formalizarse na seguinte ligazón.

Máis de 1.400 persoas participaron este domingo na vixésima edición da Carreira Pedestre Popular Concello de Ames. Na proba absoluta participaron uns 484 deportistas, mentres que na proba escolar correron arredor de 921 rapaces e rapazas. Na proba absoluta impuxéronse Alejandro Fernández e Joselyn Brea cun tempo de 29:57 e 33:44 respectivamente. Tanto na proba masculina como feminina fixéronse os mellores tempos da carreira pedestre popular de Ames. Ademais, houbo unha participación récord nesta edición da carreira pedestre de Ames. A carreira pedestre disputouse nun circuíto de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo, que discorreu pola contorna de Bertamiráns.

Este domingo, 20 de outubro, celebrarase, a partir das 10.30 da mañá, a vixésima edición da Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames. Este ano vólvese a repetir a tendencia de superar os 1.400 participantes, con 484 persoas inscritas para a carreira absoluta e 921 para as escolares. Esta proba pertence ao VII Circuíto de Carreiras Populares da Deputación da Coruña e conta cun circuíto de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, o responsable da empresa Emesports, Ezequiel Mosquera, e o director técnico da delegación en Santiago da Federación Galega de Atletismo, Jesús Silva, presentaron esta mañá a vixésima edición da Carreira Pedestre Popular Concello de Ames, que está encadrada dentro do VII circuíto provincial de carreiras populares da Deputación da Coruña. Na presentación tamén participaron representantes dos clubs de atletismo do concello (Millaraio, Sar e Ames atletismo). Este evento deportivo desenvolverase o domingo, 20 de outubro, a partir das 10:30 horas. Contarase cun circuíto de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo. O prazo de inscrición xa está aberto e rematará o mércores 16 de outubro, ás 23.59. Na actualidade xa hai 157 persoas inscritas.

Este sábado, 28 de setembro, realizarase na área deportiva do Milladoiro unha nova edición do Día do Deporte e maila III Carreira e Andaina da Familia. Con motivo da conmemoración da Semana Europea do Deporte, que se celebra do 23 ao 29 de setembro, a Concellaría de Deportes preparou un programa específico de actividades para conmemorar esta data. Ao longo de todo o día impartiranse diferentes actividades deportivas entre as que destacan, ao ser novidade, o squash e o golf. Na Carreira e Andaina da Familia hai inscritos/as un total de 263 persoas. Toda a recadación de dita carreira irá destinada integramente a ASANOG, a Asociación de Axuda a Nenos/as Oncolóxicos de Galicia.

O salón de plenos da Casa do Concello acolleu este martes, 17 de setembro, a presentación dunha nova edición do Día do Deporte e a realización da III Carreira e Andaina da Familia, que se levarán a cabo o sábado, 28 de setembro, no Milladoiro. Con motivo da conmemoración da Semana Europea do Deporte, que se celebra do 23 ao 29 de setembro, a Concellaría de Deportes preparou un programa específico de actividades para conmemorar esta data. Na presentación estiveron presentes a concelleira de Deportes, Susana Señorís, a concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo, representantes de ASANOG e o técnico de Deportes, Alberto Viaño. Toda a recadación do día irá destinada integramente a ASANOG, a Asociación de Axuda a Nenos/as Oncolóxicos de Galicia.
- ‹ anterior
- 11 de 11