Solapas principales

Ábrese a inscrición para unha nova edición do Campus de Nadal Meigas e Trasgos

Miércoles, 06 de noviembre de 2019

A finais do próximo mes de decembro celebrarase unha nova edición  do Campus de Nadal de fútbol sala, organizado polo FC Meigas e mailas Escolas de fútbol sala Trasgos, en colaboración co Concello, a Deputación da Coruña e maila Xunta de Galicia. Desta vez terá lugar os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro, no pavillón de Bertamiráns. Está destinado a nenos de entre 4 a 16 anos e a inscrición pode formalizarse na seguinte ligazón.

Despois do éxito de anteriores campus de fútbol sala, o FC Meigas e EFS Trasgos celebrarán outro novo campus de Nadal. O seu horario será de  10.00 a 14.00 horas, con posibilidade de servizo de gardería de 9.00 a 10.00 horas e de 14.00 a 14.30 horas. A actividade supón unha oportunidade para gozar do fútbol sala, baixo a responsabilidade de adestradores e monitores profesionais, que farán que as nenas e nenos participantes teñan mañás cheas de diversión, actividades e aprendizaxe.

Ademais tamén haberá outras actividades como baloncesto, voleibol, balonmán, golpbol e moitos máis. Así, un dos elementos chave do campus é fomentar os valores ligados ao deporte, especialmente, o de potenciar a igualdade de xénero neste ámbito.

O campus, destinado a nenos de entre 4 a 16 anos, terá un custe de 80 euros, 70 euros no caso dos nenos que xa se encontran inscritos nalgún dos dous equipos organizadores. Para formalizar a inscrición pódese premer na seguinte ligazón. Se se precisa máis información, pódese enviar un correo a fcmeigas@gmail.com ou chamando ao teléfono 621 043 327.

Campus de Nadal Meigas e Trasgos

Multimedia

  • Campus de Nadal Meigas e Trasgos