Actualidad

Por ejemplo, 22-06-2025
Por ejemplo, 22-06-2025
Lunes, 23 de diciembre de 2024
Arredor de 80 ciclistas participaron na XVII edición da Carreira do Pavo

A localidade de Bertamiráns acolleu este domingo, 22 de decembro, unha nova edición da tradicional Carreira Ciclista do Pavo. Tomás Pombo quedou en primeira posición, seguido de Juan José Bodelo e Xoel Blanco, que quedaron en segunda e terceira posición respectivamente. Nesta proba participaron arredor de 80 ciclistas. Antes da carreira, houbo unha xincana na que participaron nenos e nenas. Repartíronse sete premios, catro para os sprint especiais e disputados nas voltas 10, 15, 20 e 25,  e outros tres premios para os tres primeiros clasificados da proba.

Miércoles, 18 de diciembre de 2024
As fotos foron cedidas polo fotografo da RFEK, Jose Maria Rodriguez Martín (@cheffoto)

Esta pasada fin de semana, do 13 ao 15 de decembro, celebrouse en Pontevedra a fase final da Liga Nacional de Karate, onde participaron os oito mellores karatekas de España. Nesta cita, a deportista amesá, Olivia Parga, obtivo a medalla de ouro na categoría de xuvenil <37 kg. Este novo éxito, sumado aos resultados que xa obtivera nas anteriores xornadas de Avila e Tarragona, fixo que fose proclamada Grand Winner de España 2024. Ademais, o seu irmán, Xoan David Parga García, que competiu en kumite júnior <61 kg, obtivo un meritorio quinto posto que o sitúa entre os mellores karatekas da sua categoría.

Lunes, 16 de diciembre de 2024
A Concellaría de Deportes organiza unha nova iniciativa para este Nadal, a Gladiator Race Kids

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza para o sábado 28 de decembro unha nova iniciativa que se enmarca na programación de Nadal de 2024. Trátase da primeira edición da Gladiator Race Kids, que se vai a realizar na área deportiva do Milladoiro a partir das 16.30 horas. Esta actividade está pensada para nenos e nenas de 3 a 12 anos. Os menores poderán ir acompañados dun adulto. Haberá 250 prazas polo que é preciso inscribirse a través desta ligazón. A inscrición é gratuíta e inclúe a participación no evento, seguro e unha medalla por finalizar. O prazo de inscrición estará aberto ata o 25 de decembro ás 23.59 horas.

Sábado, 07 de diciembre de 2024
Ames acolle a XVII Carreira Ciclista do Pavo o domingo 22 de decembro

A localidade de Bertamiráns acolle o domingo, 22 de decembro, a partir das 11.00 horas, a décimo sétima edición da Carreira Ciclista do Pavo. Organizada pola Asociación Galega de Ciclistas, en colaboración coa Federación Galega de Ciclismo e co Concello de Ames, nela poderán participar tanto adultos como os máis pequenos da casa. As inscricións para os/as ciclistas federados/as poden facerse na páxina web da federación (tamén o poden facer o propio día da carreira), mentres que as persoas non federadas teñen que enviar un correo electrónico a begonaalonso@mundo-r.com ou chamar ao  número de teléfono 677 555 748. Em ambos casos as inscricións poden tramitarse ata o venres 13 de decembro.

Martes, 12 de noviembre de 2024
A deportista amesá Olivia Parga, xunto coa súa adestradora, Ruth Lorenzo

Esta pasada fin de semana, do 9 ao 10 de novembro, celebrouse en Tarragona a sexta xornada da Liga Nacional de Karate. Nesta cita, a deportista amesá, Olivia Parga, obtivo a medalla de ouro na categoría kumite xuvenil. 

Lunes, 21 de octubre de 2024
Jorge Puig Malvar e Eva Piñel Lorenzo gañan a proba absoluta 10K da XXIII Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames

O concello de Ames acolleu onte unha nova edición da carreira pedestre popular que se desenvolveu na localidade de Bertamiráns e a súa contorna. Na proba absoluta 10K masculina o gañador foi Jorge Puig, cun tempo de 32.24.Na segunda posición quedou Hugo García, cun tempo de 32.26, e terceiro foi Fernando Vales, cun tempo de 32.31. Na categoría feminina a gañadora foi Eva Piñel, cun tempo de 36.15. A segunda posición foi para Leticia Barbosa, cun tempo de 39.07, e na terceira posición quedou Ainoa Gontán, cun tempo de 39.54. Esta proba pertence ao X Circuíto provincial de carreiras populares da Deputación da Coruña. Premendo nesta ligazón podes consultar as clasificacións da carreira pedestre.

Viernes, 18 de octubre de 2024
Preto de 1.200 corredores participarán na XXIII Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames

Este domingo, 20 de outubro, celebrarase de novo a Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames, que alcanza a súa vixésimo terceira edición. A proba contará cun circuíto urbano de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo, con saída e chegada en Bertamiráns, na rúa Alcalde Lorenzo. Nesta edición hai inscritas máis de 1.196 persoas: arredor de 500 nas categorías absoluta e sub-18, mentres que nas categorías escolares hai 700 rapaces e rapazas inscritos. Non se admiten inscricións fóra de prazo nin o día da carreira. Premendo nesta ligazón pódese consultar o regulamento ao completo e os horarios da XXIII Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames.

Jueves, 17 de octubre de 2024
O karateka amesán Raúl Rodríguez consegue a medalla de ouro no Campionato Galego Cadete, Junior e Sub21

O pasado domingo, 13 de outubro, celebrouse en Ferrol o Campionato Galego Cadete, Junior e Sub21. Nesta cita, o deportista amesán Raúl Rodríguez, obtivo a medalla de ouro na categoría kumite cadete <57kg.

Lunes, 14 de octubre de 2024
A Sociedade Ximnástica Pontevedra gaña o Campionato da Xunta de Galicia de campo a través absoluto por remudas mixto

O Concello de Ames organizou, co control técnico da Federación Galega de Atletismo, a primeira edición do Cros Concello de Ames. O evento deportivo comezou ás 11.00 horas coa disputa do Campionato da Xunta de Galicia de campo a través absoluto por remudas mixto, no que gañaron os/as atletas da Sociedade Ximnástica Pontevedra. A continuación, disputáronse as probas sub 18, sub 16, sub 14, sub 12 e sub 10, femininas e masculinas. As probas realizáronse o sábado pasado, 12 de outubro, na localidade de Aldea Nova, ao carón das pistas municipais de tenis de dita localidade. Nas categorías escolares inscribíronse 102 rapaces e rapazas, mentres que no campionato galego de remudas participaron 48 atletas (12 equipos de catro participantes cada un, con dúas mulleres e dous homes por equipo). Preme nesta ligazón para ver a galería de imaxes do Cros Concello de Ames.

Sábado, 12 de octubre de 2024
Preséntase a XXIII Carreira pedestre popular Concello de Ames que se celebrará o domingo 20 de outubro

O Salón de Plenos da Casa do Concello acolleu esta mañá a presentación da XXIII Carreira pedestres popular do Concello de Ames, que se vai a celebrar o domingo 20 de outubro en Bertamiráns e na súa contorna. A proba contará cun circuíto de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo, con saída e chegada en Bertamiráns, na rúa Alcalde Lorenzo. O prazo de inscrición está aberto ata o mércores 16 de outubro, ás 23:59 horas, e pode realizarse a través da web www.emesports.es cubrindo o formulario de inscrición. Non se admitirán inscricións fóra de prazo nin o día da carreira. Premendo nesta ligazón pódese consultar o regulamento ao completo e os horarios da XXIII Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames.