Actualidad

A Concellaría de Deportes, en colaboración con Xesta Natureza, organizou este domingo, 11 de maio, a cuarta edición da carreira de orientación do Concello de Ames, que se desenvolveu na contorna da Travesía do Porto, no Milladoiro, a partir das 11:00 horas. O evento, no que se inscribiron 240 participantes, contou con tres categorías de menor a maior dificultade (Xestiñas, Xestas e Xesteiras), nas que puideron participar deportistas de todos os niveis e idades. Premendo nesta ligazón pódese consultar as clasificacións da carreira.

A IV Carreira de orientación do Concello de Ames celebrarase o vindeiro domingo 11 de maio. A proba, desta volta, realizarase na localidade do Milladoiro, a partir das 11.00 horas. 240 persoas inscribíronse nesta actividade, que organiza a Concellaría de Deportes en colaboración con Xesta Natureza. 135 persoas inscribíronse na categoría xestiñas, 65 persoas participarán na categoría xestas, e 40 na categoría xesteiras.

A IV Carreira de Orientación do Concello de Ames celebrarase o vindeiro domingo 11 de maio. A proba, desta volta, realizarase na localidade do Milladoiro, a partir das 11.00 horas. O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro mércores, 7 de maio, ata as 23.59 horas, e pódese facer a través desta ligazón.

O Club de ciclismo amesán Os Esfola Arrós e a empresa Team Relay, coa colaboración do Concello de Ames, organizaron este domingo, 16 de marzo, a segunda proba do circuíto Transgalaica 2025. Foi a novena ocasión na que o concello acolleu esta cita, unha das máis importantes do ciclismo no noroeste español. Dende 2016 organízase esta proba do circuíto Transgalaica en Ames. En 2021 non se puido realizar debido a situación epidemiolóxica derivada da Covid-19. Nesta edición chagaron á liña de meta 249 ciclistas, que deron dúas voltas a un circuíto de 33 quilómetros completando un percorrido de 66 quilómetros. Preme nesta ligazón para ver a galería de fotos da Transgalaica.

O concello de Ames acolle un ano máis a segunda proba do circuíto de ciclismo de montaña Transgalaica 2025. Este domingo, 16 de marzo, será a novena ocasión na que o concello acolla este evento deportivo, unha das citas con maior repercusión no mundo do ciclismo no noroeste español. Esta proba, organizada polo club ciclista amesán Os Esfola Arrós e a empresa Team Relay (Transgalaica), conta coa colaboración do Concello de Ames. A saída realizarase dende o Pazo da Peregrina de Bertamiráns ás 9:30 horas, onde comezará un circuíto de 32 quilómetros que haberá que percorrer dúas veces, facendo así en total unha proba de 64 quilómetros. Na proba están inscritos un total de 301 ciclistas. Premendo neste enlace poderás obter o aviso municipal dos cortes e da prohibición de estacionamento na avenida José Luis Azcárraga con motivo da proba.

O concello de Ames acolle un ano máis a segunda proba do circuíto de ciclismo de montaña Transgalaica 2025. Este domingo, 16 de marzo, será a novena ocasión na que o concello acolla este evento deportivo, unha das citas con maior repercusión no mundo do ciclismo no noroeste español. Esta proba, organizada polo club ciclista amesán Os Esfola Arrós e a empresa Team Relay (Transgalaica), conta coa colaboración do Concello de Ames. A saída realizarase dende o Pazo da Peregrina de Bertamiráns ás 9:30 horas, onde comezará un circuíto de 32 quilómetros que haberá que percorrer dúas veces, facendo así en total unha proba de 64 quilómetros. As inscricións están abertas ata este mércores 12 de marzo, ás 23:59 horas. Ata este momento hai inscritos 159 ciclistas. As inscrición pódese facer premendo nesta ligazón ou a través da web magmasports.es.

Na xornada de onte, domingo 23 de febreiro, celebrouse a sexta edición do Trail e Andaina Ribeiras do Tambre, unha proba na que este ano se superaron amplamente as cifras de participación de edicións anteriores con 672 persoas inscritas. En canto aos gañadores, a primeira en cruzar a liña de meta na categoría absoluta feminina do trail longo foi Nerea Castro, cun tempo de 01:35:26, mentres que o primeiro posto na categoría masculina foi para Jorge Puig, que finalizou cunha marca de 01:17:23. Como novidade deste ano, a proba incluía o I Campionato Xunta de Galicia de Trail Running Preclassic, traendo a algúns dos mellores deportistas nesta disciplina. Eloy Martínez, participando como independente, acadou a vitoria na categoría masculina desta modalidade e, pola súa banda, Emma Méndez, de Atlética Lucense, conseguiu o primeiro posto na categoría feminina. Nos resultados por equipos, o Club Atletismo Cambados volveu a alzarse coa vitoria. Pódense consultar os resultados completos da proba na seguinte ligazón e acceder á galería completa de imaxes nesta outra ligazón.

Este domingo celebrarase a sexta edición do Trail e Andaina Ribeiras do Tambre e, de novo, volveu a bater o récord de inscricións do ano anterior. En total participarán 672 persoas; 258 no trail longo, 203 no trail curto, 171 na andaina e 40 persoas inscritas para o I Campionato Xunta de Galicia de Trail Running Preclassic. A proba, organizada polo Concello de Ames e a Federación Galega de Atletismo, dará comezo ás 10.00 horas desde A Ponte Maceira. Os participantes poderán recoller os seus dorsais a partir das 08.15 horas nas instalacións do Real Aeroclub de Santiago en Piñeiro. Pódese consultar o regulamento da proba na seguinte ligazón.

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolleu o pasado venres, 14 de febreiro, a Gala de Montañismo galego onde amantes da montaña, aventura e natureza reuníronse para celebrar o recoñecemento aos logros destacados no ámbito montañeiro. Nesta gala, que estivo dirixida por Alejandro López e Alberto Fidalgo, entregáronse máis de 50 premios. Tamén teremos recoñecementos especiais a persoas que adicaron a sua vida a Federación e o montañismo. Entregouse ao Concello de Ames o premio pola súa difusión do montañismo a través do Club deportivo de sendeirismo e montañismo Rutas a Pie. Preme nesta ligazón para consultar a listaxe de premiados.

A Casa do Concello, en Bertamiráns, acolleu esta mañá a presentación da VI edición do Trail e Andaina Ribeiras do Tambre, que este ano se celebrará o vindeiro 23 de febreiro. A proba, organizada polo Concello e a Federación Galega de Atletismo, como vén sendo habitual, ten como punto de partida Ponte Maceira. As inscricións poden facerse a través da páxina web de carreiras galegas e estarán abertas ata o vindeiro 19 de febreiro. Desde a organización, agardan superar as cifras de participación do ano pasado de 522 persoas.Pódese consultar as bases e regulamento da proba na seguinte ligazón.
- 1 de 11
- siguiente ›