Actualidad

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o pasado 30 de decembro de 2021 a conta xustificativa do gasto correspondente ao segundo semestre do exercicio 2021, da convocatoria de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a promoción de actividades complementarias ao servizos sociais comunitarios e inclusión social do Concello de Ames. O importe do segundo pago ascende a 35.291,28 euros. Previamente, o 28 de outubro aprobouse o pago de 22.359,29 euros correspondente a conta xustificativa do gasto de actividades realizadas e aboadas no primeiro semestre do exercicio 2021. En total, nesta liña de axudas concedéronse 57.650,57 euros, repartidos entre 9 entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro.

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o pasado 30 de decembro de 2021 o pagamento de 28.763,04 euros, correspondentes á liña de subvencións para a promoción do comercio local, exercicio 2021. A finalidade destas subvencións é a de favorecer a promoción e o desenvolvemento de actividades realizadas no seo das asociacións de comerciantes e profesionais do Concello de Ames, que estean legalmente constituídas e inscritas no rexistro municipal. Deste xeito, concédense estas axudas para a promoción comercial e para infraestruturas. As asociacións beneficiarias son Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), a Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro e a Asociación de pequenos comerciantes Viorneira, Palmira Bulevar.

Nove entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro serán as beneficiarias das subvencións que para a promoción de actividades de Servizos Sociais Comunitarios e Inclusión Social do Concello de Ames vén de aprobar a Xunta de Goberno Local na súa sesión do 29 de xullo. As subvencións axudarán a promover accións e actividades de inserción social, dirixidas especialmente a persoas e colectivos con dificultades especiais.

O Concello de Ames vén de aprobar, a través de decreto da Alcaldía, a convocatoria de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social de Concello de Ames, para o exercicio 2021. Con esta convocatoria, o goberno municipal quere acadar unha atención complementaria eficaz destinada ás persoas usuarias dos Servizos Sociais, mediante a promoción de diferentes actuacións relativas, por exemplo, á saúde pública ou á inclusión social de colectivos con dificultades de inserción. Este ano a contía increméntase en 20.000 euros con respecto ao ano pasado e acada os 60.000 euros. Podes obter aquí información sobre o trámite desta convocatoria.

O Concello de Ames informa sobre a convocatoria de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo no exercicio 2020 polos clubs e asociacións deportivas de Ames. A contía destinada a esta convocatoria ascende nesta anualidade aos 60.000 euros. O prazo de presentación de solicitudes é de 30 días naturais desde a publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP), que tivo lugar o venres, 28 de maio. O prazo de solicitude está aberto dende o 29 de maio ata o 28 de xuño. Ao pé desta nova podes atopar as bases e mailos impresos de solicitude.

Até o 28 de xuño está aberto o prazo para presentarse ás subvencións para a promoción de Festas Populares e actividades levadas a cabo polas Asociacións Culturais que outorga o Concello de Ames a través da concellaría de Cultura. Nesta ocasión concederanse 75.000 euros: 45.000 ás actividades culturais e 30.000 ás festas. Podes consultar aquí as bases para a as subvencións ás festas populares. Podes consultar aquí as bases para as subvencións que se outorgan as Asociacións Culturais.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa sobre a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado do segundo ciclo de educación infantil (curso 2020-2021). O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro xoves 22 de abril de 2021. O prazo está aberto dende o pasado 24 de marzo. A contía máxima destinada a esta convocatoria ascende a 7.500 euros, sendo de 120 euros o importe máximo concedido por cada nena ou neno. Premendo nos enlaces que están ao pé desta nova poderás consultar as bases desta convocatoria de axudas e imprimir o impreso de solicitude.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da convocatoria de axudas, para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado do segundo ciclo de educación infantil (curso 2020-2021). O prazo de presentación de solicitudes empeza o 24 de marzo e remata o 22 de abril de 2021 (30 días naturais a contar desde o día seguinte ao anuncio de convocatoria no BOP). A contía máxima destinada a esta convocatoria ascende a 7.500 euros, sendo de 120 euros o importe máximo concedido por cada nena ou neno. Premendo nos enlaces que están ao pé desta nova poderás consultar as bases desta convocatoria de axudas e imprimir o impreso de solicitude.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, informa de que a Xunta de Galicia publicou unha liña de axudas para persoas autónomas e microempresas que se viron afectadas polas consecuencias económicas da Covid-19. O prazo de presentación das solicitudes está aberto ata o venres 19 de marzo. O/as interesado/as deberán entregar a documentación de xeito telemático a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, informa de que a Xunta de Galicia publicou unha liña de axudas para proxectos emprendedores para a creación ou ampliación de pequenas empresas galegas, ou cun centro de traballo en Galicia, e para proxectos de Re-emprendemento. O prazo de presentación das solicitudes está aberto ata o luns 22 de febreiro. O/as interesado/as deberán cubrir un formulario electrónico a través da aplicación establecida neste enlace.
- ‹ anterior
- 6 de 9
- siguiente ›