Actualidad

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames aprobou o pasado 1 de xuño de 2023 as bases das convocatorias de axudas para as actividades realizadas polas ANPAS dos centros educativos amesáns ao longo dos exercicios 2022 e 2023. A contía máxima destas axudas ascende a 20.000 euros por exercicio. As solicitudes para participar nesta convocatoria poderán presentarse ata o 27 de xullo. A través destas axudas poderase sufragar ata o 100% do orzamento total asignado a cada centro escolar para viaxes culturais, actividades extraescolares, organización de encontros e xornadas, mobiliario e material didáctico; así como actividades que fomenten a conciliación da vida laboral e familiar durante as xornadas lectivas. Premendo nas ligazóns que están ao pé desta nova pódense consultar as bases para solicitar estas axudas.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado do segundo ciclo de educación infantil (curso 2022-2023). O prazo de presentación de solicitudes empezou o 30 de xuño, e remata o 31 de xullo de 2023 (30 días naturais a contar desde o día seguinte ao anuncio de convocatoria no BOP). A contía máxima destinada a esta convocatoria ascende a 7.500 euros, sendo de 120 euros o importe máximo concedido por cada nena ou neno. Premendo nas ligazóns que están ao pé desta nova poderás consultar as bases desta convocatoria de axudas e imprimir o impreso de solicitude.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames aprobou o pasado 1 de xuño de 2023 as bases das convocatorias de axudas para as actividades realizadas polas ANPAS dos centros educativos amesáns ao longo dos exercicios 2022 e 2023. A contía máxima destas axudas ascende a 20.000 euros por exercicio. As solicitudes para participar nesta convocatoria poderán presentarse dende o 28 de xuño ata o 27 de xullo. A través destas axudas poderase sufragar ata o 100% do orzamento total asignado a cada centro escolar para viaxes culturais, actividades extraescolares, organización de encontros e xornadas, mobiliario e material didáctico; así como actividades que fomenten a conciliación da vida laboral e familiar durante as xornadas lectivas. Premendo nas ligazóns que están ao pé desta nova pódense consultar as bases para solicitar estas axudas.

A Concellaría de Cultura lembra que está aberto o prazo para presentar solicitudes á convocatoria de subvencións para a promoción de festas populares e actividades levadas a cabo polas asociacións culturais no exercicio 2023. O prazo para solicitar estas axudas, que suman unhas contías de 30.000 euros para as actividades culturais e de 25.000 euros para as festas, xa está aberto ata o 12 de xuño. Premendo nestas ligazóns pódese obter máis información sobre a convocatoria para as festas populares, ou ben para as actividades culturais.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames vén de aprobar a convocatoria de subvencións para a promoción de festas populares e actividades levadas a cabo polas asociacións culturais no exercicio 2023. O prazo para solicitar estas axudas, que suman unhas contías de 30.000 euros para as actividades culturais e de 25.000 euros para as festas, xa está aberto ata o 12 de xuño. Premendo nestas ligazóns pódese obter máis información sobre a convocatoria para as festas populares, ou ben para as actividades culturais.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, informa de que ata o 26 de maio continúa aberta a convocatoria de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a promoción de actividades complementarias aos servizos sociais comunitarios e inclusión social. Con estas axudas búscase reforzar a colaboración coas entidades que leven a cabo actividades complementarias aos servizos sociais, e que favorezan a inclusión social, a saúde pública ou a formación laboral. Ao igual que en 2022, a contía total volve a acadar os 60.000 euros. Premendo nesta ligazón pódese obter máis información sobre esta convocatoria.

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar, o pasado xoves, 22 de decembro, a concesión de axudas relativas á promoción do comercio local do exercicio 2022. O obxectivo destas subvencións é a de favorecer a promoción e o desenvolvemento de actividades realizadas no seo das asociacións de comerciantes e profesionais do Concello de Ames, que estean legalmente constituídas e inscritas no rexistro municipal. Deste xeito, concédense tanto axudas para a promoción comercial como para infraestruturas. As asociacións beneficiarias son a Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), a Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro e a Asociación de pequenos comerciantes Viorneira, Palmira Boulevar, entre as que se repartirán un total de 40.000 euros.

O Concello de Ames vén de aprobar a concesión e o pagamento de axudas por valor de 1.519,58 euros para a adquisición de libros de texto e material escolar de nenos e nenas que cursaran o segundo ciclo de Educación Infantil nalgún dos centros escolares públicos do concello. Dita aprobación fíxose efectiva en dúas quendas, nas Xuntas de Goberno Local do 18 de novembro e do 22 de decembro. En total beneficiáronse da subvención 30 estudantes.

O Concello de Ames acaba de aprobar, en Xunta de Goberno Local, a concesión das axudas relativas á promoción das actividades culturais e á organización de festexos tradicionais. Despois de resolver as solicitudes presentadas, o Goberno municipal aprobou o reparto de 30.000 euros entre dez asociacións culturais e de 25.000 euros entre sete asociacións e comisións de festas. A estas subvencións puideron optar todas as asociacións do concello que realizan actividades de índole cultural e festas tradicionais. Todas aquelas entidades que aínda non presentaran a xustificación de gastos terán ata o día 31 de xaneiro de 2023 para facelo.

A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado mes de setembro as contas xustificativas para proceder ao pagamento das axudas do Plan Ames Progresa, dirixidas ao mantemento do emprego e do tecido empresarial local. Deste xeito, aprobouse a concesión de 49.599,26 euros a 35 empresas e autónomos. As axudas concedidas teñen un importe máximo de 1.500 euros. Esta convocatoria de axudas estivo dirixida ás empresas e profesionais autónomos que pecharon parcialmente entre os meses de xaneiro e outubro de 2021, por mor da situación epidemiolóxica e das restricións vixentes no momento do peche.
- ‹ anterior
- 4 de 9
- siguiente ›