Actualidad

Por ejemplo, 21-06-2025
Por ejemplo, 21-06-2025
Lunes, 22 de abril de 2024
Aberto o prazo de solicitude de axudas para a promoción do comercio local

Dende o pasado 19 de abril está aberto o prazo para solicitar axudas para a promoción do comercio local. A convocatoria de ditas axudas saíu publicada no BOP o xoves, 18 de abril, co cal o prazo para presentar as solicitudes é dun mes dende o día seguinte de dita publicación. O importe desta convocatoria de subvención é de 40.000 euros: 35.000 euros para a promoción comercial e 5.000 euros para infraestruturas e equipamentos. As solicitudes hai que presentalas a través da Sede electrónica do Concello de Ames ou do Rexistro electrónico do Punto de Acceso Xeral do Estado (REC).

Jueves, 14 de marzo de 2024
Imaxe de arquivo

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames aprobou o pasado 7 de marzo as convocatorias de subvencións para a promoción de festas populares e actividades levadas a cabo polas asociacións culturais no exercicio 2024. O prazo para solicitar estas axudas, que suman unhas contías de 30.000 euros para as actividades culturais e de 25.000 euros para as festas, estará aberto entre o 15 de marzo e mailo 15 de abril. Premendo nestas ligazóns pódese obter máis información sobre a convocatoria para as festas populares e para as actividades levadas a cabo por asociacións culturais.

Jueves, 21 de diciembre de 2023
Un total de 59 familias de Ames vanse beneficiar das axudas municipais para familias numerosas

A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 1 de decembro a concesión de axudas para as familias numerosas do Concello de Ames. Así, aprobouse a concesión de 70.800 euros entre 59 familias. A axuda consiste nun pagamento único de 1.200 euros por unidade de convivencia. A ela puideron optar as familias numerosas que teñen a súa residencia habitual en Ames, de maneira ininterrompida desde hai polo menos un ano.

Martes, 19 de diciembre de 2023
O Concello de Ames resolve a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

A Xunta de Goberno Local do pasado 23 de novembro aprobou a resolución da convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar, destinadas ao alumnado que cursou algún nivel do segundo ciclo de educación infantil no curso 2022-2023 nalgún dos centros escolares públicos do concello. Presentáronse un total de 48 solicitudes, das cales 25 foron aceptadas. O importe total concedido a través desta liña de axudas ascende a 1.386.69 euros.

Lunes, 13 de noviembre de 2023
Imaxe de arquivo da área deportiva de Bertamiráns

A Xunta de Goberno Local aprobou a concesión de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo por clubs e asociacións deportivas de Ames no exercicio 2022. O importe das subvencións ascende a 78.809,34 euros. Un total de 20 entidades beneficiaranse da axuda, que busca achegar a práctica deportiva ao maior número de veciños/as posible, así como promover unha vida deportiva estable dentro do concello.

Miércoles, 20 de septiembre de 2023
Imaxe de arquivo da Casa do Concello

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames aprobou o pasado xoves, 14 de setembro, a concesión das axudas relativas á promoción das festas e actividades populares. Despois de resolver as solicitudes presentadas, o Goberno municipal aprobou o reparto de 25.000 euros entre un total de oito asociacións culturais e de festas. A esta subvención puideron optar todas as asociacións culturais e veciñais e comisións que realicen actividades de índole cultural. As entidades terán ata o día 31 de xaneiro de 2024 para presentar a xustificación de gastos.

Miércoles, 16 de agosto de 2023
Imaxe de arquivo da Casa do Concello

O Concello de Ames acaba de aprobar, en Xunta de Goberno Local, a concesión de axudas relativas á promoción de actividades das asociacións culturais locais. Despois de resolver as solicitudes presentadas, o goberno municipal aprobou o reparto de 30.000 euros entre un total de once asociacións. A estas subvencións puideron optar todas as entidades culturais ou veciñais do concello de Ames que realizan actividades de índole cultural. O prazo de xustificación de gastos comprende ata o día 31 de xaneiro de 2024.

Viernes, 04 de agosto de 2023
Imaxe de arquivo das oficinas de servizos sociais do Milladoiro

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar, o pasado 27 de xullo, a concesión de axudas para o exercicio 2023 a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, para a promoción de actividades de servizos comunitarios e inclusión social. Un total de dezaseis entidades recibirán 60.000 euros para promover actividades complementarias aos servizos sociais, que favorezan a inclusión, a saúde pública ou a formación laboral.

Viernes, 21 de julio de 2023
As familias numerosas de Ames poden optar ata o 20 de agosto ás axudas para as súas unidades familiares

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, informa de que este xoves, 20 de xullo, saíu publicada, no Boletín Oficial da Provincia (BOP), a convocatoria de axudas destinadas ao apoio económico das familias numerosas do municipio. A contía total destinada a estas axudas é de 100.000 euros, sendo de 1.200 euros o máximo do importe individual concedido a cada unidade de convivencia. Con esta iniciativa, o goberno municipal pretende axudar a aquelas familias que máis dificultades económicas teñan para a crianza das súas fillas e fillos. As persoas interesadas poderán presentar as solicitudes no Rexistro telemático a través da sede electrónica do Concello de Ames ou de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro situadas na Casa do Concello e na oficina municipal do Milladoiro. O prazo para presentar as solicitudes vai do 21 de xullo ao 20 de agosto de 2023. Premendo nesta ligazón podes obter máis información sobre esta convocatoria.

Martes, 18 de julio de 2023
A contía máxima destinada a esta convocatoria ascende a 7.500 euros, sendo de 120 euros o importe máximo concedido por cada nena ou neno

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, lembra que está aberto o prazo para participar na convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado do segundo ciclo de educación infantil (curso 2022-2023). O prazo de presentación de solicitudes empezou o 30 de xuño e remata o 31 de xullo de 2023 (30 días naturais a contar desde o día seguinte ao anuncio de convocatoria no BOP). A contía máxima destinada a esta convocatoria ascende a 7.500 euros, sendo de 120 euros o importe máximo concedido por cada nena ou neno. Premendo nas ligazóns que están ao pé desta nova poderás consultar as bases desta convocatoria de axudas e imprimir o impreso de solicitude.