Solapas principales

O Concello de Ames resolve a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

Martes, 19 de diciembre de 2023

A Xunta de Goberno Local do pasado 23 de novembro aprobou a resolución da convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar, destinadas ao alumnado que cursou algún nivel do segundo ciclo de educación infantil no curso 2022-2023 nalgún dos centros escolares públicos do concello. Presentáronse un total de 48 solicitudes, das cales 25 foron aceptadas. O importe total concedido a través desta liña de axudas ascende a 1.386.69 euros.

Esta liña de axudas beneficia ás familias de nenos e nenas que estiveron matriculados/as nun centro escolar sostido con fondos públicos durante o curso 2022-2023, na segunda etapa de Educación Infantil (de 3 a 5 anos). O criterio empregado para o reparto de axudas foi a renda per cápita familiar dos solicitantes, determinada sumando os ingresos anuais de todos os membros da unidade familiar maiores de idade e dividíndoo entre o número de membros. Deste xeito, establecéronse tamén as contías das subvencións, que en ningún caso excederon os 120 euros por alumno.

Esta convocatoria busca facilitar a compra de libros de texto e materiais didácticos para o correcto desenvolvemento da actividade académica, de maneira que a poboación escolar integrada en familias con menos recursos dispoña do material educativo preciso para a súa aprendizaxe na etapa de infantil, unha franxa de idade que carece de axudas deste tipo por parte da administración autonómica.

Deste xeito, na Xunta de Goberno Local celebrada o día 23 de novembro aprobouse o pagamento dun total de 1.386.69 euros a 25 alumnos e alumnas. Presentáronse un total de 48 solicitudes, das cales 25 foron aceptadas e 23 denegadas (14 denegadas por RPC>100% do IPREM e 9 por non atender o requirimento de documentación realizado).

O Concello de Ames resolve a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar