Actualidad

Por ejemplo, 21-06-2025
Por ejemplo, 21-06-2025
Miércoles, 24 de julio de 2024
Apróbase a concesión de 80.000 euros en axudas para asociacións e club deportivos

A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 18 de xullo a concesión de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo por clubs e asociacións deportivas de Ames no exercicio 2023. O importe das subvencións que se van a conceder ascende a 80.000 euros chegando ao 100% do importe dedicado a esta liña de axudas. Un total de 20 entidades beneficiaranse destas subvencións municipais, que buscan achegar a práctica deportiva ao maior número de veciños/as posible, así como promover unha vida deportiva estable dentro do concello. Os clubs e entidades deportivas beneficiarias teñen de prazo de xustificación das axudas ata o 31 de xullo de 2024.

Lunes, 22 de julio de 2024
Imaxe de arquivo da festa do chourizo ao viño

O Concello de Ames, a través da Concellería de Cultura, mantén aberto ata o 31 de xullo o prazo para participar na convocatoria de subvencións en especies para as festas populares celebradas no 2024 por asociación e comisións de festas municipais. O prazo está aberto para as festas que se celebren nos meses de setembro a decembro de 2024. Con estas axudas búscase fomentar a celebración das festas e colaborar na súa organización, facendo máis doada a labor que está a desenvolver o tecido asociativo e as comisións de festas do concello no eido da dinamización sociocultural. A contía total desta liña de axudas ascende a 24.000 euros. Ata o de agora xa se consumiron 15.890 euros, isto representa o 66,20% da contía total. Premendo nesta ligazón pódense obter as bases da convocatoria.

Lunes, 15 de julio de 2024
Apróbase o reparto de 55.000 euros en axudas para as asociacións culturais e comisións de festas de Ames

O Concello de Ames acaba de aprobar, na Xunta de Goberno Local do pasado 5 de xullo, a concesión das axudas relativas á promoción das actividades culturais e á organización de festexos tradicionais. Despois de resolver as solicitudes presentadas, o Goberno municipal aprobou o reparto de 30.000 euros entre catorce asociacións culturais e de 25.000 euros entre oito asociacións e comisións de festas. A estas subvencións puideron optar todas as asociacións do concello que realizan actividades de índole cultural e festas tradicionais. As entidades beneficiarias destas axudas teñen ata o 31 de xaneiro de 2025 para presentar a xustificación de gastos. Os gastos a aportar polas entidades beneficiarias teñen que corresponder ao exercicio 2024.

Miércoles, 03 de julio de 2024
Últimos días para solicitar as axudas a familias numerosas de Ames

O Concello de Ames destina 100.000 euros para axudar ás familias numerosas do municipio, que poderán chegar a recibir ata 1.200 euros por unidade de convivencia familiar. O 15 de xullo será a data límite para poder realizar o trámite a través do Rexistro telemático da sede electrónica do Concello de Ames, xestión que tamén se poderá realizar de forma presencial nas oficinas municipais do Milladoiro ou nas da Casa do Concello.

Jueves, 13 de junio de 2024
Aberto o prazo para presentar as solicitudes da convocatoria de axudas para familias numerosas de Ames

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, informa de que este mércores, 12 de xuño, saíu publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a convocatoria de axudas destinadas ao apoio económico das familias numerosas do municipio. A contía total destinada a estas axudas é de 100.000 euros, sendo de 1.200 euros o máximo do importe individual concedido a cada unidade de convivencia. Con esta iniciativa, o goberno municipal pretende axudar a aquelas familias que máis dificultades económicas teñan para a crianza das súas fillas e fillos. Este ano, como novidade, tamén se comprobará o patrimonio e será preciso presentar a declaración do IRPF do exercicio 2023. As persoas interesadas poderán presentar as solicitudes no Rexistro telemático a través da sede electrónica do Concello de Ames ou de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro situadas na Casa do Concello e na oficina municipal do Milladoiro. O prazo para presentar as solicitudes vai do 13 de xuño ao 15 de xullo de 2024. Premendo nesta ligazón podes obter máis información sobre esta convocatoria.

Sábado, 01 de junio de 2024
Aberto o prazo para solicitar as axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado de 2º ciclo de infantil

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado do segundo ciclo de educación infantil (curso 2023-2024). O prazo de presentación de solicitudes empezou o 31 de maio, e remata o 1 de xullo de 2024 (30 días naturais a contar desde o día seguinte ao anuncio de convocatoria no BOP). A contía máxima destinada a esta convocatoria ascende a 7.500 euros, sendo de 120 euros o importe máximo concedido por cada nena ou neno. Premendo nas ligazóns que están ao pé desta nova poderás consultar as bases desta convocatoria de axudas e imprimir o impreso de solicitude.

Martes, 14 de mayo de 2024
As asociacións e comisións de festas do concello de Ames poden solicitar axudas para a celebración de festexos e actividades

O Concello de Ames, a través da Concellería de Cultura, vén de aprobar por primeira vez a convocatoria de subvencións en especies para as festas populares celebradas no 2024 por asociación e comisións de festas municipais. Con estas axudas búscase fomentar a celebración das Festas e colaborar na súa organización, facendo mais doada a labor que está a desenvolver o tecido asociativo e as comisións de festas do concello no eido da dinamización sociocultural. A contía total desta liña de axudas ascende a 24.000 euros. Premendo nesta ligazón pódense obter as bases da convocatoria.

Viernes, 10 de mayo de 2024
Aberto o prazo de solicitude de axudas para a promoción de actividades organizadas polas ANPAS durante o exercicio 2024

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames aprobou o pasado 2 de maio de 2024 as bases da convocatoria de axudas para a promoción de actividades realizadas polas ANPAS dos centros educativos amesáns ao longo do exercicio 2024. A contía máxima desta liña de axudas ascende a 20.000 euros. As solicitudes para participar nesta convocatoria poderán presentarse ata o 10 de xuño. O importe individual das subvencións concedidas ao abeiro desta convocatoria non poderá superar o 80% do proxecto subvencionable nin o límite máximo establecido segundo a categoría que corresponda ao centro ao que pertence a ANPA. Premendo nesta ligazón pódense consultar as bases desta liña de axudas.

Miércoles, 08 de mayo de 2024
Aberto o prazo para solicitar as axudas de promoción de actividades levadas a cabo por clubs e asociacións deportivas

O Concello de Ames informa sobre a convocatoria de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo no exercicio 2023 polos clubs e asociacións deportivas de Ames. A contía destinada a esta convocatoria ascende nesta anualidade aos 80.000 euros. O prazo de presentación de solicitudes é de 30 días naturais desde a publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP), que tivo lugar o pasado 4 de maio; polo que remata o 3 de xuño. Ao pé desta nova podes atopar as bases e os impresos de solicitude.

Martes, 07 de mayo de 2024
As entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro poden solicitar axudas ata o 3 de xuño

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, informa de que ata o 3 de xuño está aberta a convocatoria de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a promoción de actividades complementarias aos servizos sociais comunitarios e inclusión social. Con estas axudas búscase reforzar a colaboración coas entidades que leven a cabo actividades complementarias aos servizos sociais, e que favorezan a inclusión social, a saúde pública ou a formación laboral. Ao igual que en 2023, a contía total volve a acadar os 60.000 euros. Premendo nesta ligazón pódese obter máis información sobre esta convocatoria de axudas.