Actualidad

Por ejemplo, 01-07-2026
Por ejemplo, 01-07-2026
Jueves, 04 de marzo de 2021
Daniel Cariñera bronce 200m.

Sete atletas do Club Atletismo MillaRaio participaron nos Campionatos de Galicia de lanzamentos de inverno de menores, celebrado o sábado 27 de febreiro en Pontevedra, e de pista cuberta sub18, que se disputou o domingo 28 de febreiro en Ourense. Cómpre destacar, unha vez máis, os bos resultados dos atletas deste club amesán que acadaron cinco medallas en ditos campionatos autonómicos.

Jueves, 05 de noviembre de 2020
Pablo e Nuno.

As competicións, celebradas ao aire libre a fin de semana do pasado 24 e 25 de outubro en Madrid e Granollers, contaron con tres atletas do Club Atletismo MillaRaio. Os rapaces clasificados, Daniel Cariñena López, Pablo Cariñena López e Nuno Castro Albán, conseguiron mellorar as súas propias marcas.

Viernes, 23 de octubre de 2020
Daniel, Pablo e Nuno.

Esta próxima fin de semana celébranse os campionatos de España individuais ao aire libre das categorías sub14 e sub16, para os que o Club Atletismo MillaRaio clasificou a tres atletas. O Club de atletismo MillaRaio estará representando na competición de sub14 e sub16 que se celebrará esta fin de semana. Os rapaces clasificados para o campionato nacional son Daniel Cariñena López, Pablo Cariñena López e Nuno Castro Albán.

Viernes, 16 de octubre de 2020
Club MillaRaio.

O equipo Sub14 masculino do Club Atletismo MillaRaio participará a vindeira fin de semana no VII Campionato de España que se celebrará en nerja. Deste xeito, os atletas de Ames serán os únicos representantes de Galicia nesta competición na que foron seleccionados 15 equipos españois.

Miércoles, 02 de septiembre de 2020
Sara Castelo acadou a medalla de bronce na proba de lanzamento de disco sub18

Entre o venres 28 e o domingo 30 de agosto celebrouse nas pistas de Elviña, na Coruña, o campionato de Galicia ao aire libre absoluto e das categorías sub18, sub20, sub23. O Club Atletismo MillaRaio participou con cinco atletas, acadando un total de catro medallas: tres de prata e unha de bronce.

Miércoles, 11 de marzo de 2020
 Atletas do Club Atletismo MillaRaio

Os/as atletas do club de atletismo MillaRaio seguen acadando moi bos resultados nas probas nas que participan. Neste caso trece atletas da categoría sub16 e dous sub20 participaron no campionato de Galicia de pista cuberta sub16 e sub20, obtendo un total de catro medallas. Dúas medallas foron para Daniel Cariñena en lanzamento de peso (prata) e 60 metros lisos (bronce) sub16, unha medalla de prata acadouna Asier Cabo en triplo salto sub16, e unha medalla de bronce foi para Torcuato Labella en lanzamento de peso sub20.

Viernes, 06 de marzo de 2020
Podio salto de altura

Os/as atletas do club de atletismo Millaraio seguen acadando moi bos resultados nas probas nas que participan. Neste caso David López e  Puri Cariñena conseguiron unha medalla de ouro e outra de bronce cada un no campionato de Galicia máster en pista cuberta celebrado o pasado 22 de febreiro en Ourense. Ademais, oito atletas deste club amesán participaron no campionato de Galicia absoluto de pista cuberta, sendo cinco aínda da categoría sub18.

Lunes, 17 de febrero de 2020
Manuela Raviña Prata 50m

Os rapaces e rapazas do Club Atletismo Millaraio participaron no Campionato de Galicia sub18 en pista cuberta, celebrado na Coruña, no que obtiveron tres medallas de prata e dous bronces. Tamén acudiron ao Campionato de Galicia de lanzamentos de inverno sub16-sub18, en Vilagarcía de Arousa, onde conseguiron unha medalla de bronce.

Jueves, 28 de noviembre de 2019
Club Atletismo Millaraio

Sete atletas do Club Atletismo Millaraio participaron no XVII Campionato de Galicia de inverno en marcha en pista. Os resultados conseguidos polos rapaces e rapazas do clubs amesán foron excelentes, xa que lograron gañar tres medallas: Salomé Segade  gañou a medalla de ouro; Alfonso Labella a medalla de prata; e Manuel Labella a medalla de bronce.

Martes, 25 de junio de 2019
Millaraio no Campionato de España por equipos

Este sábado, 22 de xuño, desenvolveuse en Lugo o Campionato de Galicia sub14 en Pista ao aire libre. No evento deportivo, que constou de 18 probas, participaron os e as atletas inscritas coas dezaseis mellores marcas da tempada actual. O campionato contou coa participación de nove atletas do Millaraio, entre os que destacaron Alejandro Jiménez, que se proclamou campión masculino nos 80 metros e subcampión do salto de lonxitude, Noel Ferraces, que acadou a cuarta posición no salto de altura, e Antía Figueiras, cun quinto posto nesta mesma proba.