Solapas principales

O Club de Atletismo Millaraio obtén seis medallas nos campionatos de Galicia sub18 en pista cuberta e de lanzamentos de inverno sub16-sub18

Lunes, 17 de febrero de 2020

Os rapaces e rapazas do Club Atletismo Millaraio participaron no Campionato de Galicia sub18 en pista cuberta, celebrado na Coruña, no que obtiveron tres medallas de prata e dous bronces. Tamén acudiron ao Campionato de Galicia de lanzamentos de inverno sub16-sub18, en Vilagarcía de Arousa, onde conseguiron unha medalla de bronce.

As medallas de prata conseguidas no Campionato de Galicia sub18 en pista cuberta foron para Manuela Raviña (7.00) e Antón Riveiro (6.27) en 50 metros lisos; e Pablo Díaz en 1.500 metros (4:31.83). As medallas de bronce conseguíronas Carla Pérez (1:02.49) en 400 metros, e Mateo Aller (5,92m) en salto de lonxitude. No campionato de lanzamentos, Daniel Cariñena foi bronce no lanzamento de disco sub16 (31,82 metros).

Ademais, no campionato de pista cuberta, Laura Barbazán foi cuarta en 50 metros valos e Mateo Aller quinto, conseguindo nas semifinais con 7.53 a marca mínima para o Campionato de España. Uxía Rey e Diego Liñares chegaron ás semifinais en 50 metros lisos, e Diego tamén en 50 metros valos. Participaron tamén Sabela Ferrás e Laura Barbazán en 50 metros lisos e Manuela Raviña en lonxitude.

No campionato de lanzamentos participaron tamén Sara Castelo en disco Sub18, onde foi cuarta; Alfonso Labella, que foi quinto en xavelina e sétimo en martelo sub16; e Laura Barbazán que participou en martelo sub18.

Manuela Raviña Prata 50m

Multimedia

  • Anton Riveiro Prata 50 m
  • Carla Perez Bronce 400 m
  • Daniel Cariñena Bronce disco
  • Mateo Aller Bronce salto lonxitude
  • Pablo Diaz Prata 1500 m