Actualidad

Por ejemplo, 27-06-2026
Por ejemplo, 27-06-2026
Lunes, 21 de febrero de 2022
Daniel Cariñena, ouro en salto de lonxitude no campionato sub18

Este sábado 19, oito atletas do MillaRaio participaron no campionato de Galicia sub18 de pista cuberta, obtendo seis medallas, coas actuacións destacadas de Álvaro Francos, ouro en salto con pértega, e de Daniel Cariñena, ouro en salto de lonxitude e bronce nos 200m. O domingo 20, foi a quenda da competición sub20, na que Diego Liñares foi bronce nos 60m valos e quinto nos 60m lisos. Ademais, os sub18 Daniel Cariñena e Roi Rial participaron o pasado sábado 12 no campionato galego absoluto de pista cuberta, rematando quintos en salto de lonxitude e triplo salto, respectivamente.

Viernes, 22 de octubre de 2021
MillaRaio

Sobresaínte actuación dos atletas do club MillaRaio no Campionato de España Sub14 celebrado en Xixón os días 16 e 17 de outubro. O club conseguiu un total de 478 puntos e trouxo dúas medallas para Ames: ouro en salto de lonxitude e prata en lanzamento de xavelina, ámbalas dúas acadadas por Nuno Castro. Todos os atletas lograron unha excelente actuación e varias marcas persoais. 

Sábado, 07 de agosto de 2021
Salomé Segade

O club de Ames estivo representado por Alfonso Labella no Campionato Nacional ao aire libre sub16 e por Salomé Segade no sub18.

Sábado, 17 de julio de 2021
Ouro Salome Segade 5000 marcha

O/as atletas do Club Atletismo MillaRaio participaron no Campionato de Galicia sub14 celebrado nas pistas de Balaídos, en Vigo, onde remataron con tres ouros, unha prata e un bronce. En Lugo celebráronse os Campionatos das categorías sub16 e sub18 nos que o club rematou globalmente en primeiro lugar na categoría masculina en puntos por posto obtendo un total de 3 ouros, 2 pratas e 2 bronces.

Martes, 22 de junio de 2021
Zoe Antonetti, Bronce Altura

O/as atletas do Club Atletismo MillaRaio participaron en 3 campionatos de Galicia esta pasada fin de semanas. No campionato de Probas Combinadas sub20 celebrado en Pontevedra, medalla de ouro para Laura Barbazán no heptatlón. O club de Ames conseguiu outras catro medallas.

Lunes, 31 de mayo de 2021
Campionato Nacional de Sub14

O atleta Nuno Castro Albán gañou a prata no triatlón B no Campionato de España Sub14 que se celebrou esta pasada fin de semana en Sevilla. No evento tamén participaron outros tres atletas do club MillaRaio acadando moi bos resultados nas súas categorías.

Lunes, 24 de mayo de 2021
MillaraioSub16

Os atletas do club de atletismo MillaRaio que participaron este sábado, 22 de maio, no XXVII Campionato de Galicia de Clubs sub16 acadaron o primeiro posto. O evento celebrouse nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.  O club amesán participou con 9 atletas, 5 deles conseguiron o ouro, 2 foron prata e outros 2 conseguiron a medalla de bronce. Por unanimidade, os membros do equipo elixiron a Diego Fagúndez, para que os representase no máis alto dun podio restrinxido pola normativa Covid-19 a un só atleta. No outro campionato de clubs, celebrado tamén o 22 de maio, da categoría sub20, a atleta sub18 do MillaRaio, Salomé Segade, venceu na proba dos 5.000 metros marcha.

Lunes, 10 de mayo de 2021
Ouro, Salomé.

Os atletas do Club de atletismo MillaRaio, que participaron este sábado, 8 de maio, no Campionato Xunta de Galicia de Marcha en Ruta acadaron catro medallas (unha de ouro, unha de prata e dúas de bronce). O club amesán participou con 9 atletas de todas as categorías. O club do Milladoiro tamén participou na Copa Deputación de Lugo con Alfonso Labella, que se clasificou para o campionato de España de lanzamento de martelo sub16. O MillaRaio competiu, ademais, no Campionato Xunta de Galicia de Probas Combinadas por clubs onde os atletas conseguiron mellorar as súas marcas.

Lunes, 22 de marzo de 2021
David Moreno, ouro 60 metros.

Os atletas do Club de atletismo MillaRaio, que participaron este sábado, 20 de marzo, no Campionato galego de categorías inferiores de pista cuberta acadaron catro medallas (dúas de ouro, unha de prata e outra de bronce). O club amesán participou con 13 atletas (3 na categoría sub12 e 10 en sub14). Todos eles/as acadaron uns excelentes resultados nas probas que competiron mellorando as súas propias marcas persoais.

Lunes, 15 de marzo de 2021
Noel Ferraces, Ouro Altura

Os atletas do Club de atletismo MillaRaio, que participaron este sábado, 13 de marzo, no Campionato galego sub16 de pista cuberta acadaron cinco medallas (unha de ouro, dúas de prata e dúas de bronce). Acadaron uns excelentes resultados nas probas que competiron mellorando as súas propias marcas persoais.