Actualidad

Por ejemplo, 24-06-2026
Por ejemplo, 24-06-2026
Lunes, 07 de octubre de 2024
O equipo feminino sub14 do club MillaRaio clasifícase para o campionato de España por equipos

O club de atletismo MillaRaio remata a tempada de aire libre con grandes resultados. Despois de obter moi bos resultados no campionato autonómico, o equipo sub14 feminino do clube participará no campionato de España sub14 por equipos esta fin de semana, onde competirá con trinta clubes de todo o país.

Miércoles, 17 de julio de 2024
Dous atletas do club de atletismo MillaRaio participan no Campionato de España Máster

O pasado 6 e 7 de xullo celebrouse en Alcobendas o Campionato de España Máster ao aire libre, onde acudiron, representando ao club MillaRaio, David López Vilariño e Purificación Cariñena Amigo. David acadou a medalla de bronce no salto de altura M50 e a sétima posición nos 100 metros valados, mentres que Puri competiu en 100m, 200m e 400m na categoría F50, e acadou na carreira de 400m a sétima posición cun excelente rexistro. Ademais, dende o MillaRaio fan balance sobre o excelente rendemento dos seus equipos na tempada ao aire libre.

Martes, 16 de julio de 2024
A atleta amesá María Estévez acadou o quinto posto na proba de 2.000 metros obstáculos

Os días 6 e 7 de xullo Nicolás Collazo e María Estévez, dous atletas do club Ames Atletismo, acudiron ao Campionato de España sub 18 que se disputou en Málaga. A atleta amesá María Estévez acadou o quinto posto na proba de 2.000 metros obstáculos, mentres que Nico Collazo obtivo o sexto posto en 5 quilómetros marcha. Ambos atletas obtiveron uns excelentes resultados en dito campionato. Ademais, o club Ames Atletismo participou no Campionato Galego sub 16 de Pontevedra cunha moi boa actuación dos 6 atletas que representaron al club amesán. O club Ames Atletismo pechou a temporada coa participación de María Vázquez e María Villaverde no Campionato Galego sub 20, onde obtiveron catro medallas.

Viernes, 08 de marzo de 2024
Tres atletas do club Milla Raio participaron en Campionatos Nacionais

Os atletas Nadir Moreira, Puri Cariñena e David López, do club amesán Milla Raio, participaron no Campionato de España de marcha por federacións autonómicas e no Campionato de España Máster short track. Todos eles conseguiron excelentes resultados.

Lunes, 04 de marzo de 2024
A actual subcampiona galega sub18, María Estévez

A pasada fin de semana Nicolás Collazo e María Estévez, dous atletas do club Ames Atletismo, acudiron aos campionatos de España por federacións de marcha atlética e ao sub 18 short track nos 800 m respectivamente. Os dous atletas amesás remataron con nota a primeira parte da tempada e xa comezan a preparar as competicións de aire libre cos Campionatos de España como obxectivo.

Miércoles, 20 de diciembre de 2023
Ampla participación do club Atletismo MillaRaio nas fases zonal e provincial de campo a través do programa XOGADE

Durante este mes de decembro celebráronse as fases zonal e provincial de campo a través do programa XOGADE de categorías escolares. Na fase zonal, celebrada en Acea de Ama (Culleredo) o 2 de decembro, o club Atletismo MillaRaio tivo representación en todas as categorías masculinas e femininas, enviando a un total de 51 atletas. Os catro equipos femininos conseguiron a clasificación para a fase provincial que se celebrou en Santiago de Compostela o pasado sábado 16 de decembro.

Martes, 28 de junio de 2022
Fotografía de Héctor Montero. Daniel Cariñena, do Club Atletismo MillaRaio, rematou oitavo en salto de lonxitude no campionato de España sub18 ao aire libre.

Os días 18 e 19 de xuño desenvolveuse en Xerez da Fronteira o campionato de España sub18 ao aire libre individual, no que participou o saltador do MillaRaio Daniel Cariñena. O atleta conseguiu un gran resultado, rematando oitavo na clasificación final do salto de lonxitude, cunha mellor marca de 6,66 metros e mantendo un rendemento alto ao longo do concurso. Deste xeito, Cariñena mellora o seu resultado no campionato nacional de pista cuberta sub18, no que rematou undécimo o pasado mes de marzo.

Martes, 14 de junio de 2022
Daniel competiu na proba de salto de lonxitude e o relevo 4x100m, mentres que David o fixo en salto de altura.

Dous atletas do Club Atletismo MillaRaio, Daniel Cariñena e David García, que veñen de proclamarse campións galegos de salto de lonxitude e salto de altura, respectivamente, no recente campionato de Galicia sub18, participaron o pasado sábado, 4 de xuño, coa selección galega no campionato de España sub18 de Federacións Autonómicas celebrado en Valladolid, no que Galicia rematou nun excelente quinto posto. Daniel competiu na proba de salto de lonxitude e o relevo 4x100m, mentres que David o fixo en salto de altura. Ademais, dende o club MillaRaio lembran que proximamente estará aberto o prazo de inscrición para o campus de verán, que organizan en setembro e que se desenvolverá na area deportiva do Milladoiro.

Viernes, 25 de marzo de 2022
Diego Liñares, no campionato de España sub20

O pasado sábado 12 de marzo, o corredor Diego Liñares participou en Antequera no campionato de España sub20 en pista cuberta, o que o converteu no primeiro deportista do MillaRaio en estar nunha proba nacional sub20. Liñares quedou a piques de pasar ás semifinais nos 60 metros valos. Ademais, na mesma fin de semana, o MillaRaio conseguiu tres medallas nos campionatos sub16, sub18 e sub20 de lanzamentos longos, e oito atletas estiveron nos galegos de pista cuberta sub10, sub12 e sub14.

Lunes, 07 de marzo de 2022
Daniel Cariñena, no campionato de España sub18

Esta fin de semana o saltador do MillaRaio Daniel Cariñena participou en Valencia no campionato de España sub18 en pista cuberta, rematando undécimo en salto de lonxitude malia competir con molestias físicas. Ademais, once atletas do club de atletismo participaron nos campionatos de Galicia sub16 en pista cuberta, celebrados en Ourense. O MillaRaio obtivo dous metais, con Nuno Castro rematando segundo no campionato de probas combinadas e Feli Lavandeira cun bronce nos 60 metros lisos.