Actualidad

Por ejemplo, 23-07-2026
Por ejemplo, 23-07-2026
Lunes, 05 de mayo de 2025
O programa Trouleado retoma a súa actividade neste mes de maio cunha xornada do xogo ‘Humor Amarillo’

A Concellaría de Mocidade continúa a organizar diferentes actividades nunha nova edición do programa Trouleando. Desta vez, os mozos e mozas amesáns poderán gozar o vindeiro 25 de maio dunha xornada de ‘Humor Amarillo’, un xogo no que os participantes teñen que realizar varias probas do máis orixinais. A actividade é de balde e está dirixida para a mocidade nada entre 1995 e 2012. O prazo para inscribirse comeza este mércores, día 7 de maio, e estará aberto ata o vindeiro luns, día 12. Para participar, é preciso enviar a ficha de inscrición cuberta e asinada ao enderezo xuventude@concellodeames.gal. Hai 50 prazas dispoñibles e adxudicaranse pola orde de chegada das solicitudes. Pódese descargar a ficha de inscrición na seguinte ligazón.

Sábado, 19 de abril de 2025
25 mozos e mozas están a formarse no curso de monitor/a de tempo libre organizado pola Concellaría de Xuventude

No pasado mes de febreiro comezou a impartirse o curso de monitor/a de actividades de tempo libre organizado pola Concellaría de Mocidade, unha formación na que este ano están a participar 25 persoas. Ao  longo destes dous meses que levan de aprendizaxe, os participantes xa realizaron diferentes actividades na modalidade presencial do curso, destacando a acampada nas instalacións da Aula da Natureza que tivo lugar a fin de semana dos días 5 e 6 de abril.

Lunes, 17 de marzo de 2025
O programa Trouleando organiza unha xornada no Ecoparque de Marín no mes de abril para a mocidade amesá

A Concellaría de Mocidade continúa coas actividades desta nova edición do programa Trouleando. Desta vez, os mozos e mozas de Ames poderán gozar o vindeiro 5 de abril dunha divertida xornada no Ecoparque Multiaventura de Marín. A actividade é de balde e está dirixida para a mocidade nada entre 2012 e 1995. O prazo para inscribirse comeza este mércores, día 19, e estará aberto ata o vindeiro domingo, día 23. Para participar, é preciso enviar a ficha de inscrición cuberta e asinada ao enderezo xuventude@concellodeames.gal. Hai 50 prazas dispoñibles e adxudicaranse pola orde de chegada das solicitudes. Podes descargar a ficha de inscrición da actividade na seguinte ligazón.

Jueves, 27 de febrero de 2025
Ames participa nas xornadas “A mocidade, forza motriz para a igualdade” organizadas pola FEGAMP

A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) celebrou este xoves, 27 de febreiro, o segundo encontro de alcaldesas e concelleiras onde dialogaron sobre boas prácticas e propostas de futuro para promover políticas locais de igualdade coa mocidade. A concelleira de Planificación e Xestión Educativa e Mocidade, Carmen Porto, participou nunha mesa de debate sobre as boas prácticas en igualdade co foco na mocidade. Estas xornadas celebráronse baixo o lema “A mocidade, forza motriz para a igualdade”, no marco das súas iniciativas da FEGAMP para conmemorar o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller.

Lunes, 03 de febrero de 2025
Este mes de febreiro volve o programa Trouleando cunha tarde de paintball

A Concellería de Mocidade inicia as actividades do programa Trouleando para este 2025. Desta volta, os mozos e mozas de Ames poderán gozar dunha tarde de paintball no recinto de Eo dos Menecos, en Teo, o vindeiro sábado 22 de febreiro. A actividade é de balde e está dirixida para a mocidade amesá nada entre 2012 e 1995. o prazo para inscribirse comeza este mércores día 5 e estará aberto ata o vindeiro mércores 12 de febreiro. Hai 40 prazas dispoñibles e adxudicaranse por orde de chegada. Pódese descargar a ficha de inscrición na seguinte ligazón.

Miércoles, 25 de diciembre de 2024
A Concellaría de Mocidade organiza unha nova edición do curso de monitor de tempo libre

O Concello de Ames, a través do departamento de Xuventude, organiza unha nova edición do curso de monitor de tempo libre que, desta volta, terá unha duración de catro meses e desenvolverase entre os meses de febreiro e maio. As clases impartiranse no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, en horario de 9.00 a 14.00 e de 15.30 a 20.30 horas os sábados e domingos. O curso está dirixido a maiores de 18 anos que posúan o título de educación secundaria ou equivalente, ou o título de técnico auxiliar en formación profesional. En total, ofértanse un máximo de 25 prazas e o curso ten un prezo de 172 euros por alumno/a. Pódense consultar as bases da convocatoria deste ano na seguinte ligazón.

Martes, 26 de noviembre de 2024
Participa no curso de formación en igualdade dirixido á mocidade e ás familias con motivo do 25N

O departamento de Xuventude organizou para este mes de novembro unha nova actividade para a mocidade amesá e para as familias e persoas en xeral con perfís profesionais educativos ou do tempo libre. Desta volta, vai impartir un curso de formación en comunicación non violenta denominado Falarnos Bonito, que se vai desenvolver o sábado 30 de novembro, de 11.00 a 13.00 horas, no Pazo da Peregrina. Trátase dunha actividade que é de balde, pero para participar hai que inscribirse enviando ata o 27 de novembro o impreso de inscrición ao enderezo xuventude@concellodeames.gal.

Viernes, 22 de noviembre de 2024
Ames celebra o sábado, 23 de novembro, a gala dos Premios Galetiktokers 2024

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este sábado, 23 de novembro, ás 19:00 horas, a gala de entrega de premios do V Certame Galetiktokers, unha iniciativa dos departamentos de Xuventude e de Normalización Lingüística do Concello de Ames, que se realiza por quinto ano consecutivo e que ten como obxectivo fomentar a creatividade da rapazada e animar a creación de vídeos en galego a través das redes sociais e das novas canles de comunicación. Nesta quinta edición presentáronse 39 vídeos, realizados por arredor de 80 mozos/as de Ames e doutras localidades de Galicia. O evento estará presentado e dirixido polas/os creadoras/es de contido en galego, @konachadas e @rodrimiguez97 , e amenizado polo rapeiro amesán Big Meu. A gala é aberta ao público e para reservar praza cómpre confirmar asistencia enviando un correo electrónico ao enderezo: galetiktokers24@gmail.com.  

Lunes, 18 de noviembre de 2024
O departamento de Xuventude organiza un curso de formación en igualdade para perfís educativos con motivo do 25N

O departamento de Xuventude organiza para o mes de novembro unha nova actividade para a mocidade amesá e para familias e persoas en xeral con perfís profesionais educativos ou do tempo libre. Desta volta, organiza un curso de formación en comunicación non violenta denominado Falarnos Bonito, que se vai desenvolver o 30 de novembro, de 11.00 a 13.00 horas, no Pazo da Peregrina. Trátase dunha actividade de balde, pero para participar hai que inscribirse enviando ata o 27 de novembro o impreso de inscrición ao enderezo xuventude@concellodeames.gal.

Jueves, 07 de noviembre de 2024
Ponse en marcha a segunda edición da Xincana Xove “Percorrendo Ames 2024” dirixida á mocidade galega de 14 a 30 anos

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mocidade e a Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), organiza a segunda edición da Xincana Xove “Percorrendo Ames 2024”. Tratase dunha iniciativa composta por diversas probas para que a mocidade explore o concello e o coñeza de xeito participativo e divertido. O acto de presentación tivo lugar esta mañá na Casa do Concello. A actividade está dirixida a mozos e mozas entre os 14 e os 30 anos de calquera concello de Galicia, que deberán competir en equipo de tres mozos/as. As inscricións poderán facerse a través deste formulario web.