Actualidad

Por ejemplo, 15-09-2026
Por ejemplo, 15-09-2026
Domingo, 08 de diciembre de 2024
O magnetismo da regueifa espállase polos centros escolares de Ames

Enreguéifate, puro magnetismo! é o lema da oitava edición que deu comezo no pasado mes de outubro cun obradoiro de formación para profesorado. Agora, no mes de decembro impartiranse os obradoiros de improvisación oral nos centros escolares de Ames dende o martes 10 de decembro. Ata o 19 de decembro, participarán nesta iniciativa o IES Plurilingüe de Ames, o IES do Milladoiro, o CEIP A Maía, o CEIP de Ventín e o CEIP Agro do Muíño. Serán un total de trece obradoiros, dirixidos a alumnado de 5º e 6º de primaria e do primeiro ciclo ESO, impartidos por Lupe Blanco e Josinho da Teixeira.

Miércoles, 20 de noviembre de 2024
Aberto o prazo de inscrición para unha nova edición do Club de Debate

Ata o 25 de novembro está aberto o prazo para que os centros educativos inscriban os seus equipos nunha nova edición do Club de Debate, unha actividade de dinamización lingüística dirixida a mozas e mozos de 3º e 4º da ESO, 1º de bacharelato ou ciclos formativos. Os equipos que se inscriban teñen que ser mixtos e estar formados por entre 4 e 10 persoas máis o/a preparador/a. A inscrición debe facerse a través do formulario que se facilite desde o SNL do Concello de Ames. Os equipos mellor clasificados nas primeiras fases recibirán premios de 500€ e 300€. Na final do Club de Debate participarán os equipos gañadores de toda Galicia e o premio para os que obteñan mellor puntuación será unha viaxe multiaventura dunha fin de semana.

Viernes, 15 de noviembre de 2024
Aberto o prazo de inscrición para o espectáculo “A marabillosa viaxe da Pinga Pingona”

O proxecto Apego continúa a súa programación de outono coa proposta “A marabillosa viaxe da Pinga Pingona”, de Laura Martínez Rey, que terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro o venres 22 de novembro, ás 18:00 horas. As persoas interesadas en anotarse poden facelo enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal desde hoxe e ata o 21 de novembro, no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, idade dos nenos/as e un número de teléfono de contacto. A programación do Apego para o segundo semestre do 2024 pode consultarse premendo nesta ligazón.

Martes, 12 de noviembre de 2024
Os Premios Youtubeiras+ pechan este venres o prazo de inscrición para a primeira edición na que se admite a participación de vídeos en TikTok

Youtubeiras, proxecto organizado polos servizos de normalización lingüística de dez concellos (entre os que se atopa Ames), das tres universidades e da Deputación da Coruña co obxectivo de fomentar a creación de contidos dixitais en galego con temáticas e formatos diversos, pecha este venres 15 de novembro, ás 23.59 horas, o prazo de inscrición para a oitava edición dos seus premios. Premendo nesta ligazón podes consultar as bases do certame.

Domingo, 10 de noviembre de 2024
Aberto o prazo de inscrición para participar no curso de redes sociais incluído nos Premios Lingua e Empresa

O Concello de Ames pon en marcha un curso de redes sociais enmarcado dentro da sétima edición dos Premios Lingua e Empresa, unha iniciativa que promove o uso do galego na actividade empresarial amesá. O prazo para inscribirse nesta acción formativa está aberto ata o venres 15 de novembro ás 14.00 horas. Premendo nesta ligazón podes acceder ao formulario de inscrición. O curso impartirase o martes, 19 de novembro, de 19.00 a 21.00 horas, no espazo colaborativo A Proa, no Milladoiro e a docente será Carolina Buján Diéguez (especialista en marketing dixital e cofundadora de A Masa, Comunicación Artesanal). Está dirixido a empresas que teñan a súa sede ou centro de actividade no Concello de Ames. Ademais, ata o 21 de novembro continúa aberto o prazo para presentar candidaturas aos Premios Lingua e Empresa 2024. Poden optar a este recoñecemento todas as empresas con sede social ou un centro de actividade en Ames.

Viernes, 01 de noviembre de 2024
Inscríbete e participa no concerto de Paco Nogueiras, incluído no programa Apego

O proxecto Apego continúa a súa programación de outono co espectáculo “Son animal”, do músico Paco Nogueiras, que terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro o venres 8 de novembro, ás 18:00 horas. As persoas interesadas en anotarse poden facelo enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal desde hoxe e ata o 7 de novembro, no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, idade dos nenos/as e un número de teléfono de contacto. A programación do Apego para o segundo semestre do 2024 pode consultarse premendo nesta ligazón.

Miércoles, 23 de octubre de 2024
Inscríbete e participa na quinta edición do certame Galetiktokers

A mocidade de Ames xa pode inscribirse no V certame "GaleTiktokers", unha iniciativa coa que se pretende estimular a creatividade entre a xuventude, animar á creación de vídeos en galego con novos formatos e temáticas e darlle visibilidade á comunidade galega de tiktokers. Pode participar toda a mocidade entre os 13 e os 35 anos, e os seus vídeos serán valorados por un xurado composto por persoas recoñecidas no ámbito audiovisual galego e nas redes sociais. Para inscribirse no certame deberase enviar ao correo electrónico galetiktokers24@gmail.com a ficha de participación cuberta e asinada xunto co vídeo creado. O prazo de inscrición xa está aberto e rematará o vindeiro 4 de novembro de 2024. Os premios entregaranse nunha gala que terá lugar o 23 de novembro de 2024 na Casa da Cultura do Milladoiro.

Miércoles, 23 de octubre de 2024
Aberto o prazo de inscrición para o espectáculo “Historias con susto para durmir a gusto”, incluído no programa Apego

O proxecto Apego continúa a súa programación de outono coa proposta “Historias con susto para durmir a gusto”, con Vero Rilo e Sonsoles Penadique, que terá lugar no Pazo da Peregrina de Bertamiráns o mércores 30 de outubro, ás 18:00 horas. As persoas interesadas en anotarse poden facelo enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal desde hoxe e ata o 29 de outubro, no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, idade dos nenos/as e un número de teléfono de contacto. A programación do Apego para o segundo semestre do 2024 pode consultarse premendo nesta ligazón.

Lunes, 14 de octubre de 2024
Chega a quinta edición do certame Galetiktokers con premios para rapazada entre 13 e 35 anos

O certame Galetiktokers, organizado polos departamentos de Mocidade e Normalización Lingüística de Ames, volve por quinto ano consecutivo co obxectivo de estimular a creatividade entre a mocidade, animar a creación de vídeos en galego con novos formatos e temáticas, e visibilizar a comunidade galega na rede social TikTok. A rapazada a partir dos 13 anos poderá participar cos seus vídeos en galego ata o 4 de novembro, enviando a súa creación audiovisual, xunto con esta ficha de participación, ao enderezo electrónico galetiktokers24@gmail.com. Haberá seis premios de 300 euros cada un, que se repartirán nunha gala que terá lugar o 23 novembro de 2024. Premendo nesta ligazón pódense consultar as bases ao compelto do V Certame Galetiktokers.

Jueves, 10 de octubre de 2024
Inscríbete na actividade de narración oral  “U-lo mar?”, incluída no programa Apego

O proxecto Apego continúa a súa programación de outono coa actividade “U-lo mar?”, de Bolboreta (Lidia Botana) e Fabaloba, que terá lugar no Pazo da Peregrina de Bertamiráns o venres 18 de outubro, ás 18:00 horas. As persoas interesadas en anotarse poden facelo enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal desde hoxe e ata o 17 de outubro, no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, idade dos nenos/as e un número de teléfono de contacto. A programación do Apego para o segundo semestre do 2024 pode consultarse premendo nesta ligazón.