Actualidad

Por ejemplo, 25-06-2025
Por ejemplo, 25-06-2025
Viernes, 01 de septiembre de 2023
Cartaz do AmesON de verán

A iniciativa de música na rúa “AmesON de verán”, posta en marcha pola concellaría de Promoción Económica, chega ao seu fin esta semana. Este domingo, 3 de setembro, terá lugar unha actuación da orquestra Olympus, no aparcadoiro do SuperCor, no Milladoiro. Será ás 19:00 horas. Previamente, as gañadoras das distintas categorías do Canta con Ames 2023, María Caamaño, Antía Boo e Antía Holovat, serán as abreconcertos. 

Miércoles, 30 de agosto de 2023
Acto de presentación de "Volta ao cole 2023"

O Salón de Plenos da Casa do Concello de Bertamiráns acolleu esta mañá a presentación das xornadas “Volta ao cole co comercio”, unha iniciativa que se desenvolverá por segundo ano consecutivo e que ten como obxectivo dinamizar o comercio e a hostalaría local nos días previos ao comezo do curso lectivo. As concellarías de Promoción Económica e Emprego e Mocidade, en colaboración coa Xuntanza de Empresarios de Ames, ofrecerán dúas propostas de tardes lúdicas e sorteos que se desenvolverán o 4 e o 6 de setembro no Milladoiro e os días 5 e 7 en Bertamiráns. Haberá iniciativas para nenos e nenas de ata 11 anos e para a mocidade a partir dos 12. Ademais, sortearanse 200 premios valorados en máis de 2.000 euros. 

Jueves, 24 de agosto de 2023
Finalistas do Canta con Ames 2023

O parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acollerá ese sábado, 26 de agosto, a fase final do concurso “Canta con Ames” a partir das 20.00 horas. O certame, que vai pola súa terceira edición, “estase a converter nun fenómeno sen precedentes” e “seguido por xente de todas as idades”, afirma a concelleira de Promoción Económica, Ana Paz. “Na anterior edición contamos con máis de 500 persoas de público na final, dato que nos encantaría repetir este ano”, finaliza Paz.

Jueves, 17 de agosto de 2023
Cartaz do programa Ames Emprega e Integra

O programa Ames Emprega e Integra, do cal se levan beneficiado case 350 persoas dende que se iniciou, incorpora dous novos cursos que darán lugar este luns, día 21 de agosto. Esta formación impartida polo Concello de Ames incluirá a partir desta data formación sobre limpezas xerais e sobre recepción e atención ao cliente en aloxamentos.

Viernes, 11 de agosto de 2023
Cartaz do Ameneiral Fest

A romaría urbana do “Ameneiral Fest” terá lugar este sábado, 12 de agosto, a partires das 13:30 horas, no parque do Ameneiral. Trátase dunha iniciativa posta en marcha por primeira vez este ano pola comisión de festas de Bertamiráns, que busca achegar os festexos ao centro da vila. Esta xornada de música e cultura terá o seu cumio as 21:00 horas coa actuación de Los Mecánicos, que se engloba dentro do programa AmesON do Concello de Ames, en colaboración coa comisión. Mad Martin, La Reunión, Michu da Rocha e Doctor Snob son as actuacións previstas para esta xornada.

Jueves, 10 de agosto de 2023
Imaxe grupal dos finalistas, xunto con representantes da Corporación municipal e de XEA

A praza de Manuel Murguía no Milladoiro acolleu o pasado venres, 4 de agosto, a semifinal da terceira edición do concurso Canta con Ames. Dos 20 aspirantes, o xurado escolleu aos 12 seleccionados para pasar á final. Esta xornada do Canta con Ames contou, ademais, cunha convidada de excepción, María Iglesias, gañadora da categoría xuvenil da pasada edición do Canta con Ames que interpretou un tema. A final do concurso vaise celebrar o sábado 26 de agosto no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. O xurado do concurso está composto por Inés Suárez, Noelia Bellas e Lara López, mentres que a presentadora é Loly Gómez.

Martes, 08 de agosto de 2023
Cartaz do Ames en Festas

Este martes, 8 de agosto, arrincan as festas da Peregrina en Bertamiráns, uns festexos que se prolongarán ata o vindeiro luns, día 14, con música, verbena e actividades para todos os públicos. Serán seis días de troula que se suman aos cinco xa vividos no Milladoiro pola Madalena. En total, once días que se enmarcan dentro da programación “Ames en festas”, que neste ano 2023 uniu por segunda vez as festas da Madalena e da Peregrina, froito da colaboración do Concello de Ames, as comisións de festas do Milladoiro e da Peregrina e a Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA).

Lunes, 07 de agosto de 2023
Cartaz do AmesON de verán

A iniciativa de música na rúa “AmesON de verán”, posta en marcha pola concellaría de Promoción Económica, continúa o seu percorrido esta semana. Mañá, 8 de agosto, terá lugar un concerto de Paco Nogueiras para público infantil e familiar, a partir das 19:30 horas, en Bertamiráns. A programación proseguirá o sábado, día 12, coa actuación de Los Mecánicos, ás 21:00 horas. Paralelamente, séguense a desenvolver as festas da Madalena no Milladoiro, que pechan este martes co concerto de Heredeiros da Crus e o espectáculo da orquestra Charleston Big Band.

Sábado, 05 de agosto de 2023
O Ames Lab contará cun Servizo de Xestión

A Xunta de Goberno Local de Ames vén de aprobar, o pasado 27 de xullo, o expediente de contratación do Servizo de Xestión, coordinación, asesoramento, comunicación e difusión do Laboratorio para o impulso da nova produción audiovisual dende o Concello de Ames (Ames AV Lab). Dito servizo licitarase por importe de 59.416,65 euros. O Ames AV Lab é un laboratorio de aceleración de proxectos audiovisuais que busca impulsar a produción, fomentar o talento emerxente e dinamizar o importante tecido produtivo do sector audiovisual no concello.

Jueves, 03 de agosto de 2023
Cartaz do AmesON de verán

O programa “AmesON de verán”, organizado pola concellaría de Promoción Económica, prosegue este sábado, día 5, coa actuación do grupo Tacón Gitano, e o luns, 7 de agosto, coa de Pitusa Semifusa. As actividades, enmarcadas dentro do programa “Ames en festas”, desenvolveranse na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro. Trátase das dúas primeiras dun total de catro iniciativas que comprende o “AmesON de verán” durante este mes de agosto.