Actualidad

O salón de plenos da Casa do Concello de Ames acolleu esta mañá a presentación do concurso de fotografía “Ilumina o teu sorriso”, organizado pola Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) en colaboración coa Concellaría de Promoción Económica, o centro dental Macía e o estudo de deseño gráfico e imaxe de marca La Rayuela. O certame ten como obxectivo dinamizar os establecementos locais, fomentando o achegamento da cidadanía ás rúas más comerciais. Para participar na campaña cómpre realizar dúas fotografías en dous dos lugares seleccionados polas súas decoracións de Nadal: nas prazas do Concello e da Maía, en Bertamiráns, ou na praza da Madalena e no aparcamento do Supercor, no Milladoiro. Os premios son un teléfono móbil Samsung Galaxy A13 e dous vales de 100 euros cada un para gastar en comercios amesáns. As bases ao completo poden consultarse premendo nesta ligazón.

O tradicional acto de acendido das luces abriu oficialmente o tempo de Nadal en Ames na tarde do sábado, 10 de decembro. Dende ese momento, as luminarias engalanan os principais edificios municipais e iluminan as rúas e as prazas do Milladoiro, de Bertamiráns e das parroquias amesás. Persoal da Policía Local e da agrupación de Protección Civil de Ames foron os encargados de premer o botón de acendido das luces. O acto, que se celebrou na Casa do Concello de Bertamiráns, contou coa actuación musical do alumnado da Escola Municipal de Música de Ames e cunha chocolatada con churros gratuíta. A programación de Nadal ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón.

Este sábado, 10 de decembro, ás 18.00 horas, na praza do Concello, está previsto que se celebre o acto de acendido das luces de Nadal. Actuará a Escola Municipal de Música de Ames e haberá unha degustación gratuíta de chocolate con churros. Este ano non se vai desvelar ata o momento de acender as luces a persoa que premerá o botón de acendido. Este ano vaise a reducir o horario de acendido do alumeado de Nadal. Estará acendido en horario de 18.00 a 00.00 horas dende este sábado, 10 de decembro, ata o día 6 de xaneiro (incluído). A programación de Nadal ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón.

O espazo de coworking A Proa, no Milladoiro, organiza o próximo mércores, 14 de decembro, un novo evento. Desta volta trátase dun taller sobre a xestión do estrés no emprendemento, que será impartido por Eva Villar. Terá lugar ás 12:00 horas no local do centro A Proa. A entrada é de balde, e os interesados en asistir poden inscribirse premendo nesta ligazón.

O salón de plenos da Casa do Concello acolleu esta mañá a presentación de programación que se desenvolverá en Ames durante as festas do Nadal. O programa, organizado de maneira conxunta por diversos departamentos municipais, busca sacar o Nadal ás rúas e dinamizar o comercio e a hostalaría local. Ao acto asistiron o alcalde de Ames, Blas García; a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz; o concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Lens; a concelleira de Cultura, Natividade González; e mailo presidente de XEA, Jorge López. As actividades inclúen obradoiros, concertos, espectáculos e as visitas de Papá Noel e os Reis Magos. A programación ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón.

Ata o día 13 de xaneiro está aberto o prazo para solicitar praza no novo programa integrado de emprego dos Concellos de Ames e Brión (2022-2023). O programa nesta edición está aberto a 100 persoas desempregadas, que se formarán nos ámbitos do comercio; almacén; ocio e tempo libre; limpeza de edificios e locais e arranxo de habitacións en hoteis; turismo; idiomas e novas tecnoloxías. O obxectivo do programa é que, como mínimo, o 40% das persoas participantes atopen un traballo, porcentaxe superada nas últimas edicións executadas dos programas integrados.

O Concello de Ames e Maker Faire Galicia organizan unha nova edición de Innovames, unha xornada de innovación para as empresas de Ames que terá lugar o 16 de decembro no pavillón polideportivo do Milladoiro e na que se contará coa presenza de grandes referentes da innovación que conviven no propio concello. O obxectivo deste evento é poñer en valor os recursos e a capacidade de innovación local, fomentando a sinerxía e a colaboración entre as empresas e dando a coñecer ao público xeral o capital empresarial de Ames. Para dispor de máis información sobre o InnovAmes pódese consultar a páxina web do evento.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, puxo en marcha un ano máis o concurso de escaparates de Nadal, que ten como obxectivo invitar aos comercios a colaborar na decoración do concello durante estas datas. Por primeira vez, ademais, organízase o certame de decoración de Nadal veciñal, que premiará as mellores decoracións colocadas nas vivendas e edificios de Ames. O prazo para anotarse en ambos concursos xa está aberto e rematará o 5 de decembro, no caso do certame de escaparates, e o 10 de decembro, no de decoración veciñal. A solicitude de inscrición débese presentar acudindo aos rexistros municipais ou a través da Sede electrónica do Concello. As bases poden consultarse nos anexos ao pé desta nova.

O espazo coworking A Proa organiza esta semana unha nova actividade. Este xoves 1 de decembro terá lugar un encontro de networking no que se reunirán profesionais do mundo dixital e tecnolóxico. En dito encontro reuniranse desarrolladores, deseñadores, marketers dixitais, editores e programadores. Todos eles/elas compartirán coñecemento e experiencia sobre o sector. Este evento tamén servirá para coñecer a outros profesionais na zona. A inscrición para participar neste encontro dixital é de balde e pódese facer premendo nesta ligazón. O evento está organizado por Luján Kubrusli e Isabel Viñas.

O programa integrado de emprego dos concellos de Ames e Brión, subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade con 243.316,35 euros, vén de rematar a edición 2021/2022 con resultados moi satisfactorios en todos os ámbitos do programa. O pasado día 21 de novembro rematou dito programa, no que máis do 60% das persoas participantes tivo algún contrato laboral. Nesta edición, participaron 100 persoas desempregadas (60 mulleres desempregadas dos concellos de Ames e Brión e 40 persoas menores de 30 anos desempregadas e cunha cualificación máxima de Bacharelato), que se formaron nos ámbitos de comercio, almacén, ocio infantil e tempo libre, limpeza e arranxo de habitacións en hoteis, turismo e TICs.
- ‹ anterior
- 17 de 49
- siguiente ›