Actualidad

Esta mañá presentouse no salón de plenos da Casa do Concello o programa Ames Emprega e Integra. Trátase dun programa de inserción laboral para colectivos desfavorecidos do concello de Ames que estará cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020 (POPE), financiado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER). Dito programa está previsto que se execute ao longo de seis meses, entre xuño e novembro deste ano. As inscricións pódense realizar chamando ao número de teléfono 674 594 843, enviando un correo electrónico ao enderezo ames.integra.emprega@gmail.com ou a través da páxina web de Ames Integra e Emprega. O contrato de xestión e apoio técnico para desenvolver dito programa foi adxudicado á empresa Rafer SL por un importe de 74.572,13 euros (IVE incluído).

O Concello de Ames colabora na organización da primeira edición da cea solidaria Obra Social Pediatría & Concello de Ames, un evento que se realizará o vindeiro 30 de xuño, ás 20.30 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, co obxectivo de recadar fondos para contribuír á investigación sanitaria e ao incremento da calidade asistencial dos pacientes pediátricos do CHUS. O evento está organizado pola Xuntanza de Empresarios de Ames, Obra Social Pediatría e Albarín catering e eventos. Premendo nesta ligazón podes acceder ao formulario que hai que cubrir para mercar as entradas da cea e á información da Fila Cero por se queres realizar un donativo. Para obter máis información tamén se pode chamar ao número de teléfono 641 11 60 05.

O espazo de coworking A Proa, no Milladoiro, organiza para o vindeiro xoves, 4 de maio, unha charla sobre podcasting e marca persoal. Terá lugar ás 11:30 horas, nas instalacións da Proa, e estará impartido por María José Bermúdez. A entrada é de balde, e os interesados en asistir poden inscribirse premendo nesta ligazón.

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolle este sábado o Festival de economía circular co obxectivo de achegarlle á veciñanza este xeito de vivir baseado en aproveitar os recursos ao máximo. Trátase dunha xornada lúdica, educativa e concienciadora dirixida a todos os públicos e que inclúe mostras, obradoiros, xogos familiares, compostaxe, reciclaxe e música. O festival desenvolverase entre as 16:00 horas e as 20:30 horas.

A empresa amesá Escuela Inventa organiza para este venres, 21 de abril, a vixésimo segunda edición do evento “Lab Class – Más que palabras”, coa colaboración da Concellaría de Promoción Económica de Ames. Un total de nove relatores participarán na sesión, na que compartirán as súas ideas e experiencias. Ademais, realizaranse diversas entrevistas “one to one” a dous membros de Escuela Inventa e ao alcalde de Ames, Blas García. Será na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 16:30 horas. A entrada é de balde, e para reservar praza pódese chamar ao número de teléfono 696 936 279, escribir ao enderezo electrónico info@escuelainventa.com ou acceder á páxina web de Escuela Inventa a través desta ligazón.

Os Concellos de Ames e Brión están impartindo dende o pasado mes de outubro a quinta edición do obradoiro dual de emprego Renova no que participan 20 alumnos/as traballadores/as. Nesta edición impártense 12 meses de formación sobre o certificado de profesionalidade oficial de montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas de 420 horas de duración. Ademais, impártese un módulo do certificado de profesionalidade de montaxe de sistemas domóticos e inmóticos de 210 horas. Este certificado completo ten unha duración de 360 horas. Dita formación complementouse co curso de prevención de riscos laborais en alturas e mailo curso de plataformas elevadoras móbiles para persoas (PEMP).

Boomerang TV, a produtora do programa musical La Voz Kids, púxose en contacto co Concello de Ames para informar de que está a levar a cabo o proceso de selección de novos/as candidatos/as para participar na vindeira edición do talent show. Ao casting poden presentarse todos os/as nenos/as de entre 7 e 15 anos, cumpridos no ano 2023. As persoas interesadas deben contactar co programa a través do número de teléfono 629 96 27 35 ou do enderezo electrónico paula.lavozkids@boomerangtv.com.

O alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e mailo axente de desenvolvemento local do Concello de Ames, Jorge Couñago, mantiveron o pasado 23 de febreiro unha xuntanza coa presidenta da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, María País Fajín, e coa técnica desta entidade, Rosa Mary Cardeso Trillo. Tratouse dunha xuntanza de traballo na que se estableceu unha primeira toma de contacto entre ambas entidades para estudar a posible sinatura dun convenio de colaboración.

O alcalde de Ames, Blas García, e maila concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, mantiveron unha xuntanza o pasado 28 de febreiro cos xerentes do centro comercial As Cancelas, Javier Nicola Blanco, e de Carrefour Santiago, Hugo Rodríguez Álvarez. En dito encontro abordaron posibles vías de colaboración para poder facer actuacións de promoción do Concello de Ames no centro comercial e tamén para poder colaborar en cuestións de emprego con Carrefour Santiago.

O Pazo da Peregrina acolleu este mércores, 1 de marzo, ás 20.30 horas, a presentación do anteproxecto do Mercado Municipal de Ames. No acto participaron o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e mailo redactor do anteproxecto, Jorge Duarte Vázquez, da empresa Atrio Arquitectura e Urbanismo. O proxecto abordará a rehabilitación da Casa de Barbazán, situada en Bertamiráns, e a súa ampliación para acoller os espazos necesarios para crear unha praza de abastos e un espazo cuberto, aberto e flexible para empregar como mercado para os produtores locais e dos seus produtos de proximidade. Tamén se ordenará o espazo exterior, hoxe utilizado unicamente coma aparcamento, para poder acoller actividades de mercado ao aire libre ou outro tipo de eventos, buscando a máxima polivalencia para a utilización deste espazo. Premendo nesta ligazón podes ver un vídeo explicativo do anteproxecto do Mercado Municipal de Ames.
- ‹ anterior
- 13 de 49
- siguiente ›