Actualidad

Por ejemplo, 25-06-2025
Por ejemplo, 25-06-2025
Miércoles, 02 de agosto de 2023
As festas da Madalena comezan este venres, día 4

Este venres, 4 de agosto, darán comezo once días de celebración en Ames. Será no Milladoiro, co inicio das festas da Madalena, que se prolongarán ata o martes 8 de agosto. Seguidamente, os festexos trasladaranse a Bertamiráns, coa celebración da Peregrina ata o luns 14 de agosto. Ámbalas dúas propostas se enmarcan dentro do programa “Ames en Festas”, froito da colaboración entre o Concello de Ames, as comisións de festas do Milladoiro e da Peregrina e a Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA). 

Miércoles, 02 de agosto de 2023
Cartaz do espectáculo "La Coquette"

“Seráns de Ames” é unha programación de verán para todos os públicos que volve ao concello por terceiro ano consecutivo, despois de que no ano 2021 se estrease a iniciativa na praia fluvial de Tapia e no 2022 se ampliase á parroquia de Bugallido. Como en anteriores edicións, as doce actividades que conforman o programa desenvólvense todos os xoves dos meses de xullo e agosto.

Martes, 01 de agosto de 2023
A segunda xornada de preselección realizouse o sábado, 29 de xullo, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns

O pasado venres, 21 de xullo, comezou unha nova edición do concurso Canta con Ames coa primeira xornada de preselección que se desenvolveu na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro. A segunda xornada de preselección realizouse o sábado, 29 de xullo, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Nesta edición participan 24 persoas de Ames e doutros concellos como Santiago de Compostela, Vigo, Arteixo, Cee, Corcubión, Silleda e Ordes. Na segunda xornada de preselección déronse a coñecer os/as 20 participantes que pasan á semifinal do 4 de agosto, que se vai celebrar na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro. A final celebrarase o sábado 26 de agosto no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. O xurado do concurso está composto por Inés Suárez, Noelia Bellas e Lara López, mentres que a presentadora é Loly Gómez.

Jueves, 27 de julio de 2023
Imaxe da primeira xornada de preselección que se realizou no Milladoiro (foto elaborada por Víctor Hugo Conde)

O pasado venres, 21 de xullo, comezou unha nova edición do concurso Canta con Ames coa primeira xornada de preselección. A segunda xornada de preselección realizarase este sábado, 29 de xullo, ás 20.00 horas, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Nesta edición participan 24 persoas de Ames e doutros concellos como Santiago de Compostela, Vigo e Arteixo. Nesta segunda xornada de preselección daranse a coñecer os/as 20 participantes que pasan á semifinal do 4 de agosto, que se vai celebrar na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro. O xurado do concurso está composto por Inés Suárez, Noelia Bellas e Lara López, mentres que a presentadora será Loly Gómez.

Sábado, 22 de julio de 2023
Imaxe do anteproxecto do Mercado municipal de Ames

A Xunta de Goberno Local aprobou este pasado xoves, 20 de xullo, o expediente de contratación, mediante procedemento aberto simplificado, para a redacción do proxecto básico e de execución da construción do Mercado municipal de abastos de Ames, convocando a licitación. Dito contrato conta cun orzamento base de contratación de 33.036,77 euros. O proxecto abordará a rehabilitación da Casa de Barbazán, situada en Bertamiráns, e a súa ampliación para acoller os espazos necesarios para crear unha praza de abastos e un espazo cuberto, aberto e flexible para empregar como mercado para os produtores locais e dos seus produtos de proximidade. Tamén se ordenará o espazo exterior, hoxe utilizado unicamente coma aparcamento, para poder acoller actividades de mercado ao aire libre ou outro tipo de eventos, buscando a máxima polivalencia para a utilización deste espazo. Premendo nesta ligazón podes ver un vídeo explicativo do anteproxecto do Mercado municipal de abastos.

Miércoles, 19 de julio de 2023
Cartaz do programa Canta con Ames 2023

O venres 21 de xullo comeza unha nova edición do concurso Canta con Ames coa primeira xornada de preselección. Nesta edición hai 24 persoas inscritas de Santiago de Compostela, Vigo, Arteixo e Ames. Haberá tres categorías. Elimínase a categoría súper sénior ao haber dúas persoas inscritas que pasan á categoría sénior. Deste xeito, na primeira categoría (infantil ata os 12 anos) hai inscritas 10 persoas; na segunda categoría (xuvenil, de 13 a 20 anos) apuntáronse 6 mozos/as; e na terceira categoría (sénior, de 21 en diante) participan 8 artistas. Haberá dúas xornadas de preselección, unha o venres 21 de xullo no Milladoiro e outra o sábado 29 en Bertamiráns. A semifinal será no Milladoiro o 4 de agosto e a final celebrase en Bertamiráns o 18 de agosto. O xurado do concurso está composto por Inés Suárez, Noelia Bellas e Lara López, mentres que a presentadora será Loly Gómez.

Martes, 18 de julio de 2023
Imaxe da presentación do programa Ames en Festas 2023

Por segundo ano consecutivo o Concello de Ames, as comisións de festas do Milladoiro e da Peregrina e a Xuntanza de Empresarios de Ames colaboran para organizar once días de festexos no cartel “Ames en Festas 2023”, que encadea as festas da Madalena do Milladoiro, do venres 4 ao martes 8, e as festas da Peregrina de Bertamiráns, do mércores 9 ao luns 14 de agosto. As propostas ao longo desta primeira quincena de agosto incluirán actividades para todos os públicos: a semifinal do concurso Canta con Ames, concertos para o público infantil, o concerto dos Heredeiros da Crus, e maila actuación de orquestras como Panorama, Charleston Big Band, Los Coleguitas e Finisterre, entre outras.

Viernes, 14 de julio de 2023
O programa integrado de emprego 2022 - 2023 dos Concellos de Ames e Brión comezou no pasado mes de novembro de 2022

O programa integrado de emprego 2022 - 2023 dos Concellos de Ames e Brión comezou no pasado mes de novembro de 2022. Na actualidade van a comezar a impartirse os itinerarios sectoriais de comercio/loxística e de turismo.  Nesta edición o programa está dirixido a 100 persoas desempregadas que están sendo asesoradas na súa procura de emprego e se forman en competencias xerais así como en diversos sectores, nos que tamén poderán realizar prácticas en empresas da contorna. Deste xeito, estanse formando nos ámbitos do comercio; almacén; ocio e tempo libre; limpeza de edificios e locais e arranxo de habitacións en hoteis; turismo; idiomas e novas tecnoloxías. Ademais, os Concellos de Ames e Brión están desenvolvendo dende o pasado mes de outubro a quinta edición do obradoiro dual de emprego Renova no que participan 20 alumnos/as traballadores/as. Nesta edición impártense 12 meses de formación sobre o certificado de profesionalidade oficial de montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas de 420 horas de duración. Premendo nesta ligazón podes ver un vídeo sobre ditos programas de emprego.

Martes, 11 de julio de 2023
Cartaz do programa "AmesON de verán"

A iniciativa de música na rúa “AmesON de verán”, posta en marcha pola concellaría de Promoción Económica, continúa o seu percorrido esta semana. O sábado, 15 de xullo, terá lugar unha festa de DJs no parque do Ameneiral de Bertamiráns, a partir das 21:30 horas. A iniciativa proseguirá ao longo dos meses de agosto e setembro con outras cinco actuacións.

Lunes, 10 de julio de 2023
Cartaz do programa Ames Emprega e Integra

O pasado luns, 3 de xullo, comezaron os cursos de formación sectorial que están incluídos no programa Ames Emprega e Integra. Na actualidade estase impartindo un curso básico de prevención de riscos laborais de 60 horas e un curso de servizo en restaurantes e bares (85 horas e 35/50 horas de prácticas non laborais). Ademais, do 14 ao 27 de xullo impartirase o curso de auxiliar de cociña (50 horas e 50 horas de prácticas non laborais) e mailo curso de manipulador/a de alimentos. Ditos cursos impártense nas instalacións de ForGa, que están situadas no parque empresarial Novo Milladoiro. Para inscribirse nestes cursos hai que cubrir este formulario. Ames Emprega e Integra é un programa de inserción laboral para colectivos desfavorecidos do concello de Ames, que está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Ao longo de cinco meses impartiranse un total de 13 cursos, pensados para incrementar o índice de inserción laboral e social no municipio.