Solapas principales

Xa se coñecen os participantes que pasaron a semifinal do concurso Canta con Ames

Martes, 01 de agosto de 2023

O pasado venres, 21 de xullo, comezou unha nova edición do concurso Canta con Ames coa primeira xornada de preselección que se desenvolveu na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro. A segunda xornada de preselección realizouse o sábado, 29 de xullo, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Nesta edición participan 24 persoas de Ames e doutros concellos como Santiago de Compostela, Vigo, Arteixo, Cee, Corcubión, Silleda e Ordes. Na segunda xornada de preselección déronse a coñecer os/as 20 participantes que pasan á semifinal do 4 de agosto, que se vai celebrar na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro. A final celebrarase o sábado 26 de agosto no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. O xurado do concurso está composto por Inés Suárez, Noelia Bellas e Lara López, mentres que a presentadora é Loly Gómez.

O concurso Canta con Ames está organizado pola Concellaría de Promoción Económica e colaboran as asociacións de empresarios Novo Milladoiro e maila Xuntanza de Empresarios de Ames. No certame só poden participar cantantes afeccionados/as.

Nesta edición participan 24 persoas de Ames e doutros concellos como Santiago de Compostela, Vigo, Arteixo, Cee, Corcubión, Silleda e Ordes. Para esta edición establécense tres categorías. As dúas persoas inscritas na categoría súper sénior pasaron á categoría sénior, porque tal e como se establece nas bases é necesario que haxa como mínimo 5 persoas inscritas en cada categoría. Na categoría súper sénior había dúas persoas inscritas polo que o xurado decidiu que pasan a formar parte da categoría sénior.

Deste xeito, na primeira categoría (infantil ata os 12 anos) hai inscritas 10 persoas; na segunda categoría (xuvenil, de 13 a 20 anos) apuntáronse 6 mozos/as; e na terceira categoría (sénior, de 21 en diante) participan 8 artistas.

O concurso comezou o pasado venres, 21 de xullo, coa primeira xornada de preselección que se realizou no Milladoiro. A segunda xornada de preselección realizouse o sábado, 29 de xullo, en Bertamiráns. Ao final desta segunda xornada de preselección, o xurado anunciou en directo as persoas seleccionadas que pasan á semifinal.

Participantes que pasan á semifinal
Deste xeito, as 20 persoas que participarán na semifinal son: Iker Alonso, Andrea Sendón, María Pose, Julia Barreiro, Ana Ramos, Candela Caamaño, Antía Holovat e Esmeralda Parra (na categoría infantil); Anxo Villanueva, Sofía Lado, Claudia Riotorto, Antía Boo, Paula Fernández, María Álvarez (categoría xuvenil); María Salaño, María Caamaño, Manuel Corbacho, Irís Durán, Noelia Turnes e Ainhoa Conde (categoría sénior).

Unha vez o xurado elixiu ás persoas que acceden á semifinal, antes do 2 de agosto, as persoas seleccionadas deben poñerse en contacto coa organización para acordar o tema a interpretar na seguinte fase a través da dirección de correo electrónico amesnarua@gmail.com.

A concelleira de Promoción Económica, Emprendemento e Atención e Participación Veciñal, Ana Belén Paz, destaca “a boa acollida que tiveron as xornadas de preselección por parte da veciñanza do Milladoiro e Bertamiráns”. Ademais salientou “que esta terceira edición do Canta con Ames está transcorrendo con éxito de público e de participación. Cómpre destacar a calidade das voces dos participantes. Quero darlle ánimo ás 20 persoas que accederon á semifinal, para que traten de facelo o mellor posible e poidan acceder á final, pero sobre todo desfruten do día, e aos participantes que quedaron fóra do concurso animalos tamén a que continúen practicando e desfrutando desta marabillosa afección como é a de cantar”.

Dende a Concellaría de Promoción Económica agradecen a colaboración do fotógrafo Víctor Hugo Conde pola realización de fotografías durante as xornada de preselección.

Semifinal e final no mes de agosto
A semifinal celebrarase este venres, 4 de agosto, ás 20.00 horas, na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro. Na semifinal participarán as 20 persoas (8 na categoría infantil 6 na categoría xuvenil e 6 na categoría sénior) que foron elixidas previamente polo xurado. Cada participante interpretará unha canción (ou segmento) en idioma galego/castelán ou en inglés. A duración do tema determinarase co xurado en cada caso. O xurado escollerá, ese mesmo día un máximo de 12 persoas seleccionadas, catro por categoría, para pasar á final.

A final celebrarase o sábado 26 de agosto no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Na final participarán 12 persoas que interpretarán dous temas completos por participante e de diferente estilo musical. Non poderán coincidir en temas musicais entre as persoas candidatas, de ser así, deberán chegar a acordo para non interpretar o mesmo.

Este ano o xurado do concurso está composto por Inés Suárez Rey, Noelia Bellas Ferreira e Lara López Suárez, mentres que a presentadora é Loly Gómez Oviedo.

Premios
O xurado anunciará o día da final un gañador ou gañadora por categoría. Por cada categoría, aos gañadores ou gañadoras premiaráselle cun trofeo en recoñecemento da participación, unha cesta saudable, un vídeo profesional sobre o seu paso polo concurso, cantar nas prebadaladas de fin de ano e dúas tarxetas valoradas cada unha en 100 euros, que achegan as asociacións Xuntanza de Empresarios de Ames e do parque empresarial Novo Milladoiro. Ademais, actuarán o domingo 3 de setembro no Milladoiro como teloneiros na actuación da orquestra Olympus.

Por outra banda, ao resto de participantes que chegaran á final en cada categoría premiaráselles cun trofeo, unha cesta saudable, un vídeo profesional do seu paso polo concurso e unha tarxeta regalo valorada en 30 euros para gastar nos comercios da asociación de comerciantes Xuntanza de Empresarios de Ames.

A segunda xornada de preselección realizouse o sábado, 29 de xullo, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns

Multimedia

  • A segunda xornada de preselección realizouse o sábado, 29 de xullo, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns