Actualidad

Por ejemplo, 23-07-2026
Por ejemplo, 23-07-2026
Lunes, 07 de octubre de 2024
Volven ás bibliotecas municipais as sesións de contacontos para os máis pequenos

Dende hoxe, 7 de outubro, está aberto o prazo para inscribirse nunha nova sesión de animación á lectura que ofrecen as bibliotecas municipais de Ames para a cativada. Nesta ocasión, trátase dun contacontos pensado para nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, que terá lugar en tres quendas na biblioteca do Milladoiro. Para participar é necesario anotarse enviando un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal ou chamando ao números 981 530 807. As inscricións para as sesións do mes de outubro en Bertamiráns están pechadas.

Viernes, 13 de septiembre de 2024
As bibliotecas de Ames presentan a súa programación para o público infantil do último trimestre

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames vén de anunciar a súa programación infantil para os meses de outubro, novembro e decembro, con obradoiros e sesións de narrativa oral que terán lugar tanto na biblioteca do Milladoiro como na de Bertamiráns. A programación comezará o vindeiro 27 de setembro, co obradoiro de cómic impartido por Santy Gutiérrez na Casa da Cultura do Milladoiro. A ilustración central do cartel xeral do curso 2024/2025 foi elaborada polo gañador da terceira categoría do concurso de debuxo infantil organizado polas bibliotecas con motivo do Día do Libro.

Jueves, 23 de mayo de 2024
A terceira edición dos Encontros Literarios péchase con dez presentacións

A tempada 2023-2024 do programa Encontros Literarios pechouse onte, 22 de maio, coa presentación do libro “O clamor das Virxes”, de Marga Cancela. Ao longo dos últimos seis meses, o Pazo da Peregrina acolleu un total de dez presentacións, cinco delas de autores e autoras de Ames.

Lunes, 20 de mayo de 2024
Marga Cancela presenta o seu libro “O clamor das Virxes” dentro do programa Encontros Literarios

A edición deste ano do programa Encontros Literarios péchase este mércores, 22 de maio, coa presentación da novela “O clamor das Virxes”, de Marga Cancela. O acto, que estará presentado polo alcalde de Ames, Blas García, será ás 20:30 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. A entrada será libre ata completar aforo.

Lunes, 13 de mayo de 2024
Mariña Pérez presenta o seu libro “Finximentos” dentro do programa Encontros Literarios

A edición deste ano do programa Encontros Literarios continúa este mércores, 15 de maio, coa presentación da novela “Finximentos”, de Mariña Pérez Rei. O acto, que estará presentado polo alcalde de Ames, Blas García, será ás 20:30 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. A entrada será libre ata completar aforo. Tamén asistirá Fran Alonso, director de Xerais.

Jueves, 25 de abril de 2024
As bibliotecas municipais conmemoran o Día das Letras Galegas co obradoiro "O outro lado de Luisa, a ilustración"

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, o departamento de Bibliotecas do Concello de Ames organiza un obradoiro dirixido a nenos e nenas a partir de 3º de primaria. Levarase a cabo tanto na biblioteca do Milladoiro como na de Bertamiráns. As familias que desexen participar poderán inscribirse ata o 30 de abril escribindo a biblioteca@concellodeames.gal ou nos teléfonos 981 530 807 e 981 884 829. Este obradoiro está enmarcado dentro de Ler conta moito, o programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades locais.

Martes, 16 de abril de 2024
Margarita Murillo presenta o seu último libro “Protocolo e Imagen” dentro do programa Encontros Literarios

A edición deste ano do programa Encontros Literarios continúa este xoves, 18 de abril, coa presentación do libro “Protocolo e Imagen: Relevancia protocolaria de la imagen”, de Margarita Murillo. O acto, que estará presentado polo alcalde de Ames, Blas García, será ás 20:30 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Tamén asistirá a concelleira e deputada provincial Natividade González. A entrada será libre ata completar aforo. A autora é responsable do espazo “O protocolo é para todos”, que se emite en Ames Radio os xoves ás 19:00 horas.

Lunes, 08 de abril de 2024
Tuco Cerviño presenta a súa primeira novela “Un taxi verde e un concerto” dentro do programa Encontros Literarios

A edición deste ano do programa Encontros Literarios continúa este mércores, 10 de abril, coa presentación da novela “Un taxi verde e un concerto”,  de Tuco Cerviño. O acto, que estará presentado polo alcalde de Ames, Blas García, será ás 20:00 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. A entrada será libre ata completar aforo.

Sábado, 06 de abril de 2024
As bibliotecas municipais organizan dúas presentacións literarias para os días 9 e 10 de abril

Os días 9 e 10 de abril, as bibliotecas municipais acollerán dous encontros literarios nos que se presentarán os libros de literatura infantil “Mambrú volveu da Guerra”, de Carlos Labraña, e “Valentina nunca calas e o monstro da media cara”, de Charo Pita. Ambos eventos forman parte da programación municipal co gallo da celebración do Mes do Libro. A programación completa pode consultarse premendo nesta ligazón.

Miércoles, 27 de marzo de 2024
O Concello de Ames presenta unha programación específica con motivo do Mes do Libro

O Concello de Ames, a través dos departamento de Bibliotecas, Normalización Lingüística e Cultura, presentou esta mañá a programación especial co gallo da celebración do Mes do Libro. Este ano está formada por obradoiros, sesións de contacontos, concursos, teatro e encontros literarios. As actividades, que comezan o vindeiro martes, 2 de abril, estenderanse ata o sábado 20. A presentación de dita programación realizouse esta mañá na Biblioteca de Bertamiráns por parte do alcalde e concelleiro de Cultura e Normalización Lingüística, Blas García, e por persoal do departamento de Bibliotecas, Mercedes Regueira. Premendo nesta ligazón podes descargar a programación completa.