Actualidad

Ibuprofeno Teatro estrea en Ames a súa nova produción Bio Construción un texto de Santiago Cortegoso para dous actores e unha violonchelista no que a compañía segue explorando o teatro absurdo. As funcións serán o venres 27 e o sábado 28 de febreiro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. A creación artística desta peza teatral realizouse no Milladoiro a través do programa municipal de residencias artísticas. O Concello de Ames conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), para a realización da programación de artes escénicas do primeiro semestre do ano 2026.

A praza da Maía, en Bertamiráns, acolleu hoxe pola tarde a festa e o concurso infantil de disfraces como parte da programación “Entroido Ames 2026”, organizada polo Concello de Ames en colaboración coa asociación Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA). En dito concurso repartíronse 825 euros en seis premios para os tres primeiros clasificados das categorías individual e grupo. Ademais, houbo un obradoiro de maquillaxe e fin de festa coa actuación musical de Ángel Habana. Premendo nesta ligazón podes acceder á galería de fotografías doutras actividades da programación “Entroido Ames 2026”.

O Concello de Ames, a través da Concellería de Cultura, informa de que na Xunta de Goberno Local do 12 de febreiro aprobáronse as bases de participación das agrupacións musicais non profesionais do concello de Ames nas festas populares ou actividades orientadas á dinamización sociocultural de 2026. Posteriormente, os grupos de música tradicional e corais non profesionais inscritos poderán ser solicitadas por asociación e comisións de festas municipais dentro da convocatoria de subvencións en especies para as festas populares celebradas no 2026. A través desta iniciativa búscase fomentar a celebración das festas e colaborar na súa organización, facendo máis doada o labor que está a desenvolver o tecido asociativo e as comisións de festas do concello no eido da dinamización sociocultural. En 2026 a contía total desta liña de axudas ascenderá a 24.000 euros.

O Concello de Ames, a través das Concellarías de Promoción Económica, Cultura e Educación, e xunto coa colaboración da Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), organiza a programación de Entroido 2026. Dita programación vai sufrir variacións debido á predición meteorolóxica que apunta choiva para este domingo 15 de febreiro. Deste xeito, cancélase o concurso de disfraces e o desfile no Milladoiro. A programación prevista para sábado e luns mantense sen variacións. O sábado haberá música polas rúas de Bertamiráns a cargo da charanga Os Celtas e unha exhibición de baile do alumnado da academia de baile Danzaya. O luns organízase o concurso de disfraces infantil.

O Concello de Ames, a través das Concellaría de Promoción Económica, Cultura e Educación, e xunto coa colaboración da Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), organiza a programación de Entroido 2026. Dita programación desenvolverase do sábado 14 ao luns 16 de febreiro cunha ampla variedade de actividades dirixidas ao público adulto e infantil. O prazo de inscrición para o concurso e desfile do Milladoiro, que se vai realizar o domingo 15, e para a festa infantil de disfraces do luns 16 de febreiro en Bertamiráns, estará aberto ata o venres 13 de febreiro. Ademais, na festa infantil de disfraces pódense realizar inscrición o propio o luns 16 de febreiro, de 16.00 a 16.30 horas, na carpa que estará instalada na praza da Maía.

A programación do Ames Cultural, promovida pola Concellaría de Cultura, terá este domingo 8 de febreiro a terceira entrega coa obra teatral Iribarne, ás 18.00 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns. O Ames Cultural deste primeiro semestre de 2026 comezou en xaneiro coa peza As Gardiás, e traerá teatro, danza e circo a Ames ata o mes de maio. As entradas para cada un dos espectáculos pódense adquirir xa na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Podes consultar a programación completa na seguinte ligazón.

A programación do Ames Cultural, promovida pola Concellaría de Cultura, terá este venres 30 de xaneiro a súa segunda entrega coa obra teatral As formas do amor, ás 20.30 horas na Casa da Cultura do Milladoiro. O Ames Cultural deste primeiro semestre de 2026 comezou a semana pasada coa peza As Gardiás, e traerá teatro, danza e circo a Ames ata o mes de maio. As entradas para cada un dos espectáculos pódense adquirir xa na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Podes consultar a programación completa na seguinte ligazón.

O Concello de Ames, a través das Concellaría de Promoción Económica, Cultura e Educación, e xunto coa colaboración da Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), organiza a programación de Entroido 2026. Dita programación desenvolverase do sábado 14 ao luns 16 de febreiro cunha ampla variedade de actividades dirixidas ao público adulto e infantil. Xa está aberto o prazo de inscrición para o concurso e desfile do Milladoiro, que se vai realizar o domingo 15, e para a festa infantil de disfraces do luns 16 de febreiro en Bertamiráns.

O fotógrafo amesán Toño Villar, con estudio en Bertamiráns, foi nominado en dúas categorías para os Premios Goya de fotografía (no apartado de postvoda e no apartado de gráfico). A XXII gala dos Premios Goya de Fotografía celebrase o vindeiro 7 de febreiro en Zaragoza, onde se darán a coñecer os/as fotógrafos premiados/as. Ademais, no pasado mes de novembro Toño Villar logrou unha medalla de bronce e unha mención de honra nos Tokyo International Foto Awards (TIFA).

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu este pasado venres, 16 de xaneiro, o concerto do artista amesán, Alonso Caxade, xunto coa Banda de Música de Brión, organizado polo Concello de Ames, a través da concellaría de Cultura. Esta actuación foi a primeira que Caxade realizou no seu concello despois dunha longa traxectoria musical. Foi un concerto cheo de emotividade e paixón no que o público gozou cun repertorio moi variado.
- ‹ anterior
- 7 de 73
- siguiente ›




