Actualidad

Por ejemplo, 25-04-2024
Por ejemplo, 25-04-2024
Jueves, 24 de febrero de 2022
O goberno municipal mantivo contactos cos grupos da oposición para a aprobación do Orzamento Municipal 2022

O pasado xoves, 10 de febreiro, dende a Concellería de Economía e Facenda enviouse o borrador do anteproxecto de Orzamentos 2022 do Concello de Ames aos representantes dos grupos da oposición: Partido Popular e Grupo Mixto integrado polos concelleiros de Ames Novo e Ciudadanos. Deste xeito, abriuse un prazo de 11 días para que os diferentes grupos fixeran as súas achegas rematando dito prazo o luns 21 de febreiro de 2022. O Concello xa recibiu as propostas do Partido Popular que están a ser obxecto de estudo.

Jueves, 16 de diciembre de 2021
Presentación das melloras feitas na aplicación de Orzamentos Abertos

Este mércores, 15 de decembro, presentáronse no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, as modificacións realizadas para mellorar a aplicación de Orzamentos Abertos que recolle a información da xestión orzamentaria municipal. Dita aplicación foi creada en 2017 para que a veciñanza amesá teña acceso, de xeito facilmente comprensible e manexable, a toda a información económica do Concello, orzamento municipal, detalle de ingresos e gastos por áreas, pago a provedores, etc. Trátase dunha iniciativa da Concellaría de Economía e Facenda que recolle información económica dende 2014 ata 2021. Esta nova ferramenta informática basease nos principios de transparencia, eficiencia, participación e consulta.

Miércoles, 15 de diciembre de 2021
Cartaz da aplicación de Orzamentos Abertos

Hoxe ás 20.00 horas preséntase no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, as modificacións realizadas para mellorar a aplicación de Orzamentos Abertos que recolle a información da xestión orzamentaria municipal. Dita aplicación foi creada en 2017 para que a veciñanza amesá teña acceso, de xeito facilmente comprensible e manexable, a toda a información económica do Concello, orzamento municipal, detalle de ingresos e gastos por áreas, pago a provedores, etc. Trátase dunha iniciativa da Concellaría de Economía e Facenda. Esta nova ferramenta informática basease nos principios de transparencia, eficiencia, participación e consulta.

Viernes, 03 de diciembre de 2021
O Goberno municipal recibe a María Sánchez

O Goberno municipal de Ames continúa traballando na municipalización do servizo do Ciclo Integral da Auga. Para iso mantiveron esta mañá unha xuntanza na  Casa do Concello con María Sánchez, concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible do Concello de Valladolid, así como presidenta da entidade pública empresarial Aquavall. Tratouse dun encontro no que a presidenta de Aquavall explicou o funcionamento de dita entidade pública co obxectivo de que serva de referencia para o proceso de municipalización da agua no Concello de Ames.

Viernes, 15 de octubre de 2021
Aprobada por unanimidade a Conta Xeral do Concello de Ames do 2020

Este xoves, 14 de outubro, celebrouse un pleno extraordinario e urxente no que a Corporación municipal aprobou por unanimidade a Conta Xeral de 2020 e deuse conta das resolucións contrarias aos reparos formulados pola intervención. O Concello de Ames pechou o exercicio 2020 cun resultado orzamentario axustado de 1.638.000€ e un remanente de tesourería de 8.363.000€, e recolle a maior cifra de execución de investimentos da historia do Concello de Ames, cunha cifra de execución de investimentos reais de 4.185.000€. A Conta Xeral 2020 fora ditaminada favorablemente o pasado 6 de setembro pola Comisión Informativa Permanente de Economía e Facenda e Especial de Contas e exposta publicamente por un prazo de 15 días hábiles. Trala aprobación plenaria renderase dita conta ante o Consello de Contas.

Miércoles, 08 de septiembre de 2021
Informada e ditaminada favorablemente a Conta Xeral do 2020 do Concello de Ames

O pasado luns 6 de setembro ás 13:00 horas celebrouse a Convocatoria Extraordinaria da Comisión Informativa Permanente de Economía e Facenda e Especial de Contas co único punto de “Exame e informe da Conta Xeral 2020” en que se ditaminou favorablemente a Conta Xeral 2020. A Conta Xeral do 2020 xunto co ditame da Comisión Especial de Contas será exposta ao público por un prazo de 15 días hábiles durante os cales se poderán presentar reclamacións, reparos ou observacións. Logo someterase ao Pleno da Corporación para a súa aprobación e renderase ante o Consello de Contas. Dentro da Conta Xeral a liquidación orzamentaria é a parte máis importante e na que se reflicten a execución do orzamento de gastos, ingresos e o resultado orzamentario, así como outras magnitudes coma o remanente de tesourería e cumprimento das regras fiscais.

Miércoles, 12 de mayo de 2021
Imaxe da xuntanza coas asociacións veciñais do rural

Este martes, 11 de maio, ás 20:30 horas, celebrouse no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, unha xuntanza coas asociacións do rural para falar da execución dos Orzamentos Participativos 2020 e deseñar as actuacións para desenvolver o proceso de Orzamentos Participativos 2022 de cara a escoller as actuacións durante este ano 2021. A dita xuntanza asistiron membros do Goberno municipal e representantes de 15 asociacións veciñais do rural amesán. Estivo representada a veciñanza de 10 das 11 parroquias de Ames.

Martes, 27 de abril de 2021
Cartaz da campaña informativa sobre a flexibilización no pago dos impostos municipais xestionados pola Deputación

O Concello de Ames lembra que está aberto ata este venres, 30 de abril, o prazo para acollerse ao Plan especial de pagamento individualizado, a través do cal se pode solicitar o fraccionamento sen xuros dos recibos dos impostos municipais de 2021 xestionados pola Deputación (IBI, vehículos, IAE, etc.) en 10 mensualidades a partir de 2022 e en 7 meses durante este ano 2021. A veciñanza amesá tamén se pode acoller ao sistema especial de pagamento voluntario dos recibos en dous prazos sen xuros. Para poder acollerse no 2021 a estes plans hai que tramitar a solicitude antes do 30 de abril de 2021. Para obter máis información pódese escribir un correo electrónico ao enderezo atencion.tributaria@dacoruna.gal ou chamar ao número de teléfono gratuíto 900 132 204.

Miércoles, 14 de abril de 2021
Cartaz da campaña informativa sobre a flexibilización no pago dos impostos municipais xestionados pola Deputación

A Concellaría de Economía e Facenda vén de publicar unha campaña dobre o Plan especial de pagamento individualizado, que permite solicitar o fraccionamento sen xuros dos recibos dos impostos municipais xestionados pola Deputación (IBI, vehículos, IAE, etc.) en 10 mensualidades a partir de 2022 e en 7 meses durante este ano 2021. A veciñanza amesá tamén se pode acoller ao sistema especial de pagamento voluntario dos recibos en dous prazos sen xuros. Para poder acollerse no 2021 a estes plans hai que tramitar a solicitude antes do 30 de abril de 2021. Para obter máis información pódese escribir un correo electrónico ao enderezo atencion.tributaria@dacoruna.gal ou chamar ao número de teléfono gratuíto 900 132 204.

Martes, 30 de marzo de 2021
Jose Miñones e a concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero, co Deputado de Economía da Deputación, Antonio Leira

Desde o inicio da pandemia motivada pola Covid-19 e ao longo de todo o ano 2020, desde o goberno de Ames, a través da Concellería de Economía e Facenda, puxéronse en marcha un Plan de Medidas Tributarias Covid-19 que incluían diversas actuacións en materia tributaria en colaboración coa Deputación da Coruña, como  foi a implementación de medidas de flexibilización dos fraccionamentos/aprazamentos de débedas, derrogación de ordenazas que afectaban a sectores moi castigados pola crise, ampliación de períodos de pago de impostos e taxas públicos e posta en marcha do Calendario Fiscal.