Pestanas principais

Renovacion de praza nos servizos complementarios de educación e conciliación

Presencial
Online
Sede Electrónica
luns, 18 Maio, 2020 a luns, 8 Xuño, 2020
Tramite activo: 
Pechado

COMO E ONDE FACER O PROCESO:

  • Os/as interesados/as poden realizar a tramitación administrativa das súas solicitudes a través do portal www.conciliames.org. As persoas que non dispoñen de acceso a Internet, e das ferramentas informáticas necesarias para poder facer esta xestión de forma online, teñen a súa disposición ao persoal do departamento municipal de Educación. Para iso teñen que chamar ao número de teléfono 981 89 14 76 e sacar cita previa para ser atendidos en Bertamiráns ou no Milladoiro. A continuación, deben achegarse ata o departamento de Educación, situado no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ou á Casa da Culltura do Milladoiro. Alí o persoal municipal realiza estes trámites por eles de forma telemática.

LUGAR DE PRESENTACIÓN:

  • Unha vez feita a preinscrición ou renovación haberá que imprimir o impreso de solicitude, asinalo e presentalo no Rexistro Xeral do Concello, en Bertamiráns, ou no Rexistro das Oficinas municipais do Milladoiro, situadas temporalmente na Casa da Cultura do Milladoiro, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Neste sentido, e por mor da situación de estado de alarma, para o rexistro de documentación deberase solicitar cita previa no teléfono 981 883 002.  Outra opción é empregar o rexistro telemático na sede electrónica do Concello ou no rexistro de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR) ou en calquera outro rexistro ao que se refira o artigo 16 da lei 39/2015 do 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das AAPP.

INFORMACIÓN:

RESPONSABLE:

NORMATIVA APLICABLE: