Presencial
Martes, 16 febreiro, 2021
Tramite activo:
Aberto
PARA QUE (FINALIDADE):
- O Programa de Vivendas Baleiras persegue poñer a disposición as vivendas desocupadas do Concello,, para poder destinalas a aquelas unidades familiares ou de convivencia con maior dificultade de acceso á vivenda e, de xeito prioritario, ás afectadas por procedementos de execucións hipotecarias ou por desafiuzamentos por impago da renda de alugueiro da súa vivenda habitual.
QUEN PODE FACELO:
- As unidades familiares ou de convivencia deberán reunir os seguintes requisitos:
- Ter uns ingresos entre 1 e 2,5 veces o IPREM, de acordo co prorrateo establecido no artigo 12. Con carácter xeral, a renda que debe aboar a persoa inquilina non debe ser superior ao 30% dos seus ingresos, cuestión que deberá de quedar debidamente acreditada no expediente de adxudicación .
- Non ter a persoa solicitante nin ningún outro membro da unidade de convivencia unha vivenda en propiedade, a menos que non dispoña do seu uso e disfrute, nin do usufruto doutra vivenda en todo o territorio nacional, ou se trate dunha vivenda inadecuada ou insuficiente.
- Atoparse nunha situación persoal ou familiar que supoña unha dificultade para acceder a unha vivenda de alugueiro no mesmo municipio.
- Non ter parentesco por vínculo de matrimonio ou outra relación estable análoga, por consanguinidade ou adopción, ata segundo grado, coas persoas arrendadoras.
- Deberá quedar acreditado o grao de integración social. En concreto, non haberá antecedentes de ter incumprido reiteradamente as normas de convivencia. A estes efectos, poderán ser excluídas aquelas persoas que en virtude do informe emitido polos servizos sociais, conste que incumpriron reiteradamente as normas de comunidade.
COMO SE FAI:
- Presentar a solicitude de inscrición debidamente cuberta, así como a documentación requirida para a súa valoración.
CANDO:
- As solicitudes poderán presentarse en calquera momento do ano.
ONDE:
- Nos rexistro Xeral do Concello en Bertamiráns, no rexistro da oficina municipal do Milladoiro ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16,4 da Lei 39/2015, do 01 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
DOCUMENTACIÓN:
- Acreditación dos ingresos netos correspondentes a cada unha das persoas membros da unidade de convivencia, durante os tres meses anteriores ao da presentación da solicitude. Persoas perceptoras de prestacións: certificación ou informe sobre a contía da prestación percibida.
- Fotocopia do DNI ou NIE de todas as persoas membros da unidade familiar ou de convivencia; no caso de fillos
menores de idade que non teñan documento de identidade, fotocopia do Libro de Familia; e no caso de estranxeiros NIE.
PREZO:
- O prezo da renda do aluguer das vivendas incorporadas ao Programa de Vivendas Baleiras non poderá ser superior á 300€.
DEPARTAMENTO TÉCNICO RESPONSABLE:
CONCELLARÍA RESPONSABLE:
NORMATIVA APLICABLE: