Pestanas principais

Convocatoria de subvencións para a promoción do comercio no Concello de Ames

Online
Sede Electrónica
martes, 1 Xaneiro, 2019 a martes, 31 Decembro, 2019
Tramite activo: 
Pechado

PARA QUE (FINALIDADE):

  • Proporcionar apoio económico para velar polo bo desenvolvemento socioeconómico das empresas radicadas no termo municipal de Ames.

QUEN PODE FACELO:

  • Asociacións de empresarios e comerciantes, legalmente constituídas e que figuren inscritas no rexistro municipal de asociacións.

COMO SE FAI:

  • Unha vez que saen publicadas as bases da convocatoria, as asociacións teñen un prazo para presentar as solicitudes, xunto co resto da documentación, no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames.

CANDO:

  • Convocatoria anual

ONDE:

DOCUMENTACIÓN:

  • Impreso de solicitude de subvención.

Xunto con este anexo, os solicitantes deberán achegar igualmente:

  • Certificación bancaria da conta na que teña que efectuarse o ingreso da subvención.
  • Orixinal ou copia compulsada dos certificados acreditativos do cumprimento das súas obrigas tributarias e coa seguridade social.
  • Relación detallada e numerada de facturas proforma ou orzamento, separada por finalidade e ordeada por orde cronolóxico. Con identificación do acreedor, o concepto, o importe e a data de emisión.

No caso de que a subvención se solicite para a execución de obras, deberá aportarse, adicionalmente, a seguinte documentación:

  • En todos os  casos:
    • Acreditación da titularidade do inmoble sobre o que se efectúan as obras. 
  • En caso de obras menores:
    • Plano de situación das obras, no que estas queden definidas.
    • Descrición valorada.
  • En caso de obras maiores:
    • Proxecto asinado por técnico competente, e visado polo Colexio Oficial de Arquitectos.

DECLARACIÓN RESPONSABLE DO/A PRESIDENTE DA ENTIDADE.

PREZO:

  • De balde

DEPARTAMENTO TÉCNICO RESPONSABLE:

CONCELLARÍA RESPONSABLE:

NORMATIVA APLICABLE:

  • Bases da convocatoria de subvencións para promoción do comercio no Concello de Ames
  • Lei 5/1997, da administración local de Galicia
  • Lei 9/2007 de subvencións de Galicia
  • Lei 7/1985, de bases de réxime local
  • Lei 38/2003, xeral de subvencións