
Pestanas principais
Bloque Nacionalista Galego (BNG)

No día de onte, no ámbito do paseo fluvial de Bertamiráns, apreciábanse indicios compatibles cun episodio de contaminación ambiental de especial gravidade, consistentes na presenza de residuos sólidos dispersos, acumulación de lodos e sedimentos, así como a emisión de cheiros intensos e persistentes, perceptibles en distintos puntos do itinerario fluvial.
O BNG de Ames subliña que para eles é prioritario o aspecto social, “e aí queremos facer especial fincapé na política de vivenda pública, por iso lle propuxemos ao goberno municipal que reservase unha porcentaxe para a construción destes inmobles nas cinco parcelas de titularidade municipal de Bertamiráns que puxo á venda”. A negativa a aceptar esta medida por parte dos socialistas, argüíndo que como os procesos se atopan xa en licitación non poden ser modificados, motivou o receo dos nacionalistas que sosteñen que o Concello pode desistir baseándose no interese público dado que os procedementos están nestes momentos en proceso, non resoltos. “É imposible negociar con quen non está interesado, chegamos á xuntanza coa mellor das vontades, pese a que nos chamaron cando xa estaba anunciada a data do pleno para a aprobación do orzamento, que era en menos de tres semanas, o que daba idea de que non tiñan nin o máis mínimo interese en dialogar” explica Pampín.
O Grupo municipal do BNG de Ames formula quince medidas para avanzar cara un modelo de concello máis xusto, sostible e centrado na vida cotiá da veciñanza. “Son propostas plenamente asumibles dende o ámbito municipal e orientadas a dar resposta ás necesidades reais: como o dereito ao acceso á vivenda, a envellecer dignamente, á mellora das infraestruturas deportivas, á protección ambiental e ó equilibrio entre o medio urbano e rural”, explica a voceira nacionalista Escarlata Pampín.
Acadar unha vivenda accesible en condicións adecuadas para todas as persoas é un dos principais obxectivos para o BNG de Ames, neste sentido a formación nacionalista leva meses propoñendo solucións para resolver a crise habitacional que sofre a veciñanza. No pleno de maio de 2025, presentou unha moción na que pedía frear o aumento do prezo dos alugueiros, facilitar o acceso social á vivenda, iniciar os trámites precisos para lograr a declaración de Ames como zona tensionada e adoptar as medidas necesarias para frear a proliferación de vivendas de uso turístico (VUT) no concello. Neste caso a moción nacionalista non contou co voto favorable nin do PSOE nin do PP, impedindo a posta en marcha destas iniciativas.
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, presentou o pasado 26 de xaneiro varias preguntas ao Ministerio de Transportes en relación ás obras de humanización do Milladoiro. A 29 de Decembro do 2025 foi publicado na web municipal do concello de Ames o trámite administrativo de recepción das obras. Mais, “atendendo ás evidentes
deficiencias das obras executadas polo adxudicatario e que, por tanto, non pode considerarse a actuación como correctamente finalizada, deberan examinarse as accións necesarias para lograr un remate adecuado”, explica Rego.
- ‹ anterior
- 3 de 10
- seguinte ›









