Pestanas principais

O BNG de Ames lamenta o desinterese do goberno municipal na negociación dos orzamentos

Xoves, 19 de febreiro de 2026

O BNG de Ames subliña que para eles é prioritario o aspecto social, “e aí queremos facer especial fincapé na política de vivenda pública, por iso lle propuxemos ao goberno municipal que reservase unha porcentaxe para a construción destes inmobles nas cinco parcelas de titularidade municipal  de Bertamiráns que puxo á venda”.  A negativa  a aceptar esta medida por parte dos socialistas, argüíndo que como os  procesos se atopan xa en licitación non poden ser modificados, motivou o receo dos nacionalistas que sosteñen que o Concello pode desistir baseándose no interese público dado que os procedementos están nestes momentos en proceso, non resoltos. “É imposible negociar con quen non está interesado, chegamos á xuntanza coa mellor das vontades, pese a que nos chamaron cando xa estaba anunciada a data do pleno para a aprobación do orzamento, que era en menos de tres semanas, o que daba idea de que non tiñan nin o máis mínimo interese en  dialogar” explica Pampín.

“Presentamos unhas propostas plenamente asumibles dende o ámbito municipal e orientadas a dar resposta ás necesidades reais: como o dereito ao acceso á vivenda, a envellecer dignamente, á mellora das infraestruturas deportivas, á protección ambiental e ó equilibrio entre o medio urbano e rural, pero  a maioría delas non as  aceptaron. Cremos que o obxectivo  foi dende sempre bloquear a negociación”, destaca a voceira.

En febreiro de 2024 o BNG facilitou,coa súa abstención, a aprobación dos orzamentos e lograron incluír neles diferentes propostas,  aínda que poucas delas se levaron a cabo,“ nós priorizamos daquela e agora as necesidades da veciñanza, fronte ó goberno socialista que  pon por diante os intereses do seu grupo político, e iso nós non o podemos consentir” Sinalan.

Para os nacionalistas estes orzamentos son “continuístas e irreais, non se adaptan á realidade cambiante do concello nin son beneficiosos para a veciñanza amesá.o que consideran unha irresponsabilidade”, por iso a asemblea local do BNG de Ames decidiu por unanimidade non apoialos. 

O BNG de Ames lamenta o desinterese do goberno municipal na  negociación dos orzamentos