Pestanas principais

Bloque Nacionalista Galego (BNG)

O BNG exixe a mellora das instalacións e servizos dos centros educativos de Ames
Martes, 19 de maio de 2026

Durante a súa intervención na Comisión de Educación, Chao puxo o foco en cinco centros: a Escola de Educación Infantil do Milladoiro, o CEIP de Ventín, o CEIP da Maía, a unitaria da Igrexa e o CEIP de Barouta. Entre as principais problemáticas, a deputada destacou “filtracións e humidades persistentes, cubertas en mal estado, falta de accesibilidade, riscos en caso de evacuación, e mesmo danos nas portas dos baños que afectan á privacidade do alumnado”. 

O BNG de Ames reclama mediante unha moción que nas catro parcelas municipais non vendidas  na poxa se constrúa vivenda pública
Martes, 21 de abril de 2026

Os nacionalistas consideran que a dispoñibilidade destes terreos é unha oportunidade para crear vivenda pública en Bertamiráns e recordan que, segundo os proxectos actuais, Ames só disporía de vivenda pública no Milladoiro. “Especialmente para a xente nova e as familias con ingresos medios é case imposible o acceso á vivenda polos prezos e porque a oferta dispoñible non cobre a demanda, isto implica que a mocidade non pode emanciparse, as familias teñen que marchar a outro municipio, aumenta a desigualdade no concello e o crecemento vólvese desequilibrado, explica a voceira Escarlata Pampín. “Non falamos de números, falamos de xente que traballa en Ames e non pode vivir aquí, de parellas que atrasan proxectos vitais, ou de familias que destinan unha parte excesiva do seu salario ao alugueiro, por iso é necesario cambiar o enfoque das políticas de vivenda: aumentar a oferta accesible, promover vivenda pública e garantir prezos asumibles, subliña.

Escarlata Pampín reivindica a “oposición útil” do BNG en Ames
Martes, 21 de abril de 2026

Cando se cumpren dous anos desde que asumiu a portavocía do BNG en Ames, Escarlata Pampín analiza o camiño percorrido, os retos de facer política desde a oposición e os obxectivos de futuro para o concello. ”Son dous anos de moita intensidade, pero tamén moi enriquecedores. Estar na oposición implica un traballo constante de fiscalización, pero tamén de proposta, e creo que fomos quen de facer ambas cousas con responsabilidade”, salienta. Deste período Pampín destacou o papel do Bloque como “unha oposición firme, propositiva e centrada nas necesidades reais da veciñanza”.

O BNG de Ames lamenta que a mala praxe do alcalde e presidente da entidade pública empresarial Augas de Ames EPEL lle coste 15.000 euros ao concello
Luns, 13 de abril de 2026

No pleno de setembro de 2025 o concelleiro do BNG de Ames, Alexandre Espinosa, preguntáballe ao alcalde se ía persistir no seu erro de non convocar á persoa que realmente é delegada de persoal e que provocou a condena, Blas García contestáballe que a sentenza estaba recorrida e que el actuaba legalmente. A ratificación da condena por parte do Tribunal Superior de Xustiza pon de manifesto a mala práctica do alcalde que lle vai custar ao Concello 15.000 euros.

O BNG reclama axilidade nas obras de mellora do acceso ao Novo Milladoiro e pide prazos concretos ao Goberno do Estado
Martes, 31 de marzo de 2026

O deputado do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Néstor Rego, rexistrou no Congreso unha batería de preguntas dirixidas ao Goberno co obxectivo de coñecer o estado e a planificación do proxecto de mellora dos accesos ao polígono do Novo Milladoiro, no concello de Ames.