Nado en Vigo en 1960. Vive no Milladoiro desde 1.976.
Profesionalmente é xestor cultural. Despois de ter traballado no sector da comunicación institucional, como director de Interpublic e, posteriormente, ter realizado como freelance múltiples traballos na produción de eventos tanto institucionais como empresariais, entre 1991 e 2009 dirixiu dúas das principais empresas do sector da produción musical en Galicia. Dentro da súa faceta profesional é autor de diferentes publicacións, relatorios e comunicacións en foros nacionais e internacionais especializados na xestión e as políticas culturais.
Desde o punto de vista político, sen adscrición partidaria desde 1989, participou sempre como activista en diversos movementos a favor da igualdade ou en defensa da cultura do país. Nos últimos anos tivo especial protagonismo como voceiro da Plataforma Galega de Afectados e Afectadas pola Hepatite C.
Membro fundador de Ames Novo, foi elixido Coordinador da organización en 2013.