Pestanas principais

Bando prohibición de estacionamento na rúa Agro do medio e aparcadoiro Supercor por mor da actuación da Orquestra Olympus

Martes, 29 agosto, 2023
O alcalde, a través dun bando municipal, comunica que por mor da actuación da Orquestra Olympus que terá lugar o vindeiro domingo día 3 de setembro de 2023 no aparcadoiro da Rúa Agro do medio no Milladoiro se prohíbe:

-Aparcar no estacionamento do Supercor, así como no tramo da rúa Agro do Medio dende as 22:00 horas do sábado 2 de setembro ata as 8:00 horas do luns 4 de setembro.

-A circulación nun tramo da rúa Agro do Medio dende as 9:00 horas.