Pestanas principais

Novo número de teléfono do Punto Limpo para a recollida de voluminosos

Martes, 22 agosto, 2023
O Concello de Ames, a través do departamento de Servizos Básicos, informa da posta a disposición da cidadanía dun novo número de teléfono móbil para facer uso da opción de recollida de voluminosos e enseres do Punto Limpo. É o 609 533 516. Tamén se pode chamar ao 639 107 638. O número 981 191 240, do que se podía facer uso ata agora, xa non funciona. Mediante este servizo acórdase unha hora e un lugar para que a veciñanza deposite os voluminosos xunto ao contedor máis próximo, de xeito que posteriormente se realice a súa recollida.

O Punto Limpo está situado na rúa das Hedras do polígono Novo Milladoiro e ata alí pode achegarse toda a veciñanza de Ames para desfacerse de aqueles obxectos e materiais que non van aos colectores convencionais de materiais orgánicos, inorgánicos, vidro ou papel. Recentemente, ampliou o seu horario, e ofrece atención de luns a sábado en horario de mañá e de tarde. Así, o Punto Limpo abre de 9:00 a 15:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, seis días á semana. As persoas que teñan calquera dúbida poden chamar ao teléfono 981 53 66 88.