Avisos
Luns, 11 setembro, 2023
A Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) informa de que as súas clases darán inicio o venres 15 de setembro. O alumnado comezará no día e hora que xa ten establecidos. Calquera dúbida ao respecto pode ser consultada a través do enderezo electrónico escolademusica@concellodeames.gal. Dende a EMMA lémbrase tamén que o alumnado deberá ter descargada a aplicación TokApp, a través da que se enviarán información e avisos. No arquivo anexo pódense consultar as indicacións de descarga da aplicación.
Venres, 8 setembro, 2023
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódense obter os menús das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 8 setembro, 2023
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 8 setembro, 2023
O Concello de Ames, a través do departamento de Deportes, informa de que o Día do Deporte, que ía ter lugar este sábado, 9 de setembro, queda adiado pola previsión meteorolóxica, posto que se agardan choivas para a xornada. Anunciarase unha nova data de celebración proximamente.
Venres, 8 setembro, 2023
Este venres, 8 de setembro, está previsto que se realice un corte de tráfico na aldea Tarrío, na localización e sañalización que se indican no documento axunto a este aviso. O corte durará 3 días e só afecta a unha vivenda. A veciñanza poderá, sempre que as obras o permitan, situarse o máis preto posible desta vivenda. Os traballos forman parte do Proxeco de Protección Acústica do Eixe Atlántico de Alta Velocidade do tramo Padrón - A Coruña, cuxo promotor é ADIF.
Xoves, 7 setembro, 2023
Tras abrir un período de renovación de matrícula e de novas altas, a Escola Municipal de Música de Ames (EMMA), fai públicas as prazas que aínda quedan libres de cara ao vindeiro curso 2023-2024. As persoas interesadas poderán inscribirse ata o vindeiro luns, 11 de setembro. As prazas serán adxudicadas por orde de entrada en rexistro. O alumnado que obteña a praza será contactado e poderá formalizar a súa matrícula ata o 14 de setembro.
Martes, 5 setembro, 2023
Este luns, 4 de agosto, publicouse no DOG a convocatoria das datas para a realización das probas destinadas á obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4. Os exames terán lugar na segunda quincena de novembro ou na primeira de decembro de 2023, e realizaranse tanto en Santiago de Compostela como en Ponferrada. O prazo de solicitudes será de 15 días hábiles, contados a partir de hoxe, día 5.
Martes, 5 setembro, 2023
A iniciativa "Volta ao cole co comercio", que se ía desenvolver a partir das 17:00 horas de hoxe, 5 de setembro, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns, queda adiada polas inclemencias meteorolóxicas, posto que se agardan choivas para esta tarde. A xornada de onte, que ía ter lugar no parque verde do Milladoiro, tamén tivo que ser suspendida pola previsión de tormentas. O evento aprázase para o mércores 13 de setembro no Milladoiro e para o xoves 14 de setembro en Bertamiráns, e celebrarase nos mesmos horarios e ubicacións.
Venres, 1 setembro, 2023
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús do Setembro Lúdico 2023 (almorzo e xantar). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 1 setembro, 2023
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódense obter os menús das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
- ‹ anterior
- 49 de 137
- seguinte ›