Avisos

Ex., 16-06-2025
Ex., 16-06-2025
mércores, 12 Agosto, 2020 a mércores, 26 Agosto, 2020
Mediante un decreto da alcaldía, firmado o 11 de agosto de 2020, amplíase en quince días o prazo da convocatoria de subvencións para a promoción do comercio do Concello de Ames dos exercicios 2019-2020. Os interesados/as poderán presentar as solicitudes da convocatoria de subvencións para a promoción do comercio no Concello de Ames,exercicios 2019-2020, até o día 26 de agosto de 2020. O prazode xustificación dos gastos correspondentes a anualidade 2019, establece como data límite de xustificación o 15 de setembro de 2020.
luns, 10 Agosto, 2020 a venres, 14 Agosto, 2020
A concellaría de Educación amplía o prazo para formalizar a matrícula nos servizos de Bos Días Cole e Tardes Divertidas ata o 14 de agosto de 2020.
Martes, 28 xullo, 2020
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa de que están publicadas as listas definitivas de admitidos e excluídos do prazo excepcional da Escola de Verán que se abriu para o mes de agosto.
Mércores, 22 xullo, 2020
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes definitivas de solicitudes admitidas para a preinscrición nos servizos complementarios de educación (Bos Días Cole, Tardes Divertidas e Comedor Escolar) para o curso 2020-2021. O prazo de matrícula é do 27 de xullo ata o 7 de agosto de 2020.
Mércores, 15 xullo, 2020
O Concello de Ames abreu este luns, 15 de xuño, o prazo para solicitar os carnés de usuario/a das piscinas municipais descubertas de Bertamiráns e O Milladoiro. Os interesados/as poden descargar o impreso de solicitude na web municipal (ao pé deste aviso) e deberán envialo cuberto aos enderezos de correo electrónico: deportes@concellodeames.gal ou deportes.milladoiro@concellodeames.gal. O prezo dos carnés oscila entre os 5 e os 20 euros dependendo das circunstancias de cada usuario/a. As piscinas municipais abrirán do 1 de xullo ao 15 de setembro en horario de 11.00 a 21.00 horas. Por razóns de control de aforo, este ano non se venderán entradas soltas por día para acceder ás piscinas descubertas. O prazo de solicitude estará aberto ata o 31 de xullo.
luns, 13 Xullo, 2020 a luns, 27 Xullo, 2020
A unión de consumidores de Galicia (UCGAL) informa que, por mor de dificultades técnicas, durante dúas semanas, as citas previas deberán concertarse a través do correo electrónico fcarames@consumidores.gal.
Xoves, 9 xullo, 2020
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas para as renovacións nos servizos complementarios de educación (Bos Días Cole, Tardes Divertidas e Comedor Escolar) para o curso 2020-2021. O prazo de reclamación ou subsanación estará aberto ata finais do mes de agosto. As listas definitivas publicaranse a comezos do mes de setembro, antes do inicio do curso escolar.
martes, 30 Xuño, 2020 a venres, 17 Xullo, 2020
O Concello de Ames publica os impresos para realizar as inscricións nos campamentos de verán 2020. As Concellarías de Medio Ambiente e Mocidade ofrecen, a través deste programa, 252 prazas repartidas entre 9 campamentos diferentes que se desenvolverán en diferentes datas entre o 6 de xullo ao 5 de setembro. Os prazos de matrícula varían segundo o campamento de destino elixido. Ao pé deste aviso pódese descargar a documentación necesaria para realizar a inscrición.
Sábado, 27 xuño, 2020
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa de que están expostas as listas definitivas de nenos/as admitidos e excluídos no programa municipal da Escola de Verán 2020. Este servizo está dirixido aos nenos e nenas de Ames que durante o prazo de inscrición estivesen escolarizados no segundo ciclo de educación infantil e primaria.
Venres, 26 xuño, 2020
O Concello de Ames publica as listas definitivas de usuarios/as preinscritos nos campamentos de verán de Mougás e do Terrón. Antes do sorteo comunicáronse 3 baixas no campamento xuvenil de Terrón, polo que non foi necesario realizar dito sorteo. Para o campamento de Mougás si foi necesario realizar o sorteo. Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso podes consultar a lista definitiva de usuarios/as preinscritos nos campamentos de verán de Mougás e do Terrón e maila lista de agarda do campamento de Mougás.