Pestanas principais

Listas definitivas de admitidos/as na Escola de Verán 2020

Sábado, 27 xuño, 2020
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa de que están expostas as listas definitivas de nenos/as admitidos e excluídos no programa municipal da Escola de Verán 2020. Este servizo está dirixido aos nenos e nenas de Ames que durante o prazo de inscrición estivesen escolarizados no segundo ciclo de educación infantil e primaria.

Os centros habilitados para a realización do programa son, na zona do Milladoiro, a Escola de Educación Infantil e o CEP de Ventín, mentres que en Bertamiráns o programa da Escola de Verán desenvolverase nas instalacións do CEIP A Maía.

Os/as nenos/as que acudan á Escola de Verán deben levar dentro dunha mochila unha bolsa, para que lle resulte máis fácil despois levala ao patio, cunha botella de auga e maila súa merenda de media mañá.

Ao pé deste aviso pódense descargar as lista definitivas, o protocolo para o desenvolvemento da Escola de Verán 2020, e maila declaración responsable para a participación na Escola de Verán, que teñen que cubrir todos/as pais/nais antes de comenzar o programa. Unha vez cuberta terán que entregarlla aos/ás coordinadores/as, que estarán en cada un dos centros nos que se presta o servizo da Escola de Verán, o primeiro día de utilización do programa.