Avisos

Ex., 18-06-2025
Ex., 18-06-2025
Luns, 28 setembro, 2020
A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves, 24 de setembro, ampliar ata o día 30 de outubro de 2020 o prazo de xustificación da convocatoria de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo no exercicio 2019 por clubs e asociacións deportivas do concello de Ames.
Luns, 28 setembro, 2020
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica e Emprego, informa de que a Xunta de Galicia vén de anunciar unha medida para favorecer ás persoas demandantes de emprego e evitar desprazamentos para minimizar o impacto da COVID-19. Deste xeito, non será necesario realizar a renovación da demanda de emprego ata a partires do 31 de decembro de 2020.
Venres, 25 setembro, 2020
Unha das liñas nas que se articula o Plan de reactivación económica para Ames é a posta en funcionamento dun espazo web informativo onde se recolle toda a información de interese para os afectados/as pola crise sanitaria da Covid-19, como normativa vixente, noticias, modelos e plantillas, e onde se levarán a cabo webminars para as persoas ou entidades implicadas. O Concello de Ames ven de habilitar a páxina web https://coronavirus.concellodeames.gal/, un espazo que permite ter toda a información centralizada e co que se pode difundir a información máis adaptada ao ámbito local, dun xeito máis directo, e onde a información é algo prioritario.
Mércores, 23 setembro, 2020
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, da Xunta de Galicia, publicou este mércores, 23 de setembro, a Resolución conxunta, de data 22 de setembro de 2020, das Consellerías de Cultura, Educación e Universidade e de Sanidade pola que se aproba a actualización do “Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021”, así como os Protocolos de “prevención da transmisión da covid-19 no alumnado con necesidades educativas especiais para o ámbito educativo” e o de “prevención da transmisión da covid-19 nos comedores dos centros educativos non universitarios”.
Luns, 21 setembro, 2020
Até o día 15 de outubro está aberto o prazo de presentación de propostas dos Orzamentos Participativos do 2020. Destinaranse 200.000 euros que se investirán no rural, nas áreas de mocidade, muller, cultura e medio ambiente. O goberno municipal propón á veciñanza que faga achegas e decida o gasto en actividades e investimentos escollidos a través deste proceso. As actuacións resultantes desenvolveranse ao longo do ano 2021. As propostas poderanse presentar na plataforma en liña que o Concello habilitou para facilitar a entrega de propostas, en vista das circunstancias actuais derivadas da crise sanitaria da COVID-19. Tamén poderá recollerse a ficha de propostas e enviar a proposta por correo electrónico ao enderezo opames2020@cidadania.coop, ou entregalas nas dependencias municipais.
Luns, 21 setembro, 2020
A Concellaría de Deportes informa de que os usuarios e usuarias que queiran facer a reserva nalgunha das pistas de tenis ou pádel xestionadas polo Concello de Ames teñen que acceder a seguinte ligazón:
Mércores, 9 setembro, 2020
O Concello de Ames, a través do departamento de Educación, informa das normas para a recollida dos usuarios e usuarias da Rede de Comedores do Concello de Ames. Os comedores seguen os protocolos establecidos en cada centro educativo, polo tanto, desde a Rede de Comedores lémbrase que as familias non poden acceder ao centro.
Venres, 4 setembro, 2020
Dende o xoves, 3 de setembro, o persoal das oficinas da Unión de Consumidores de Galicia, en Bertamiráns e no Milladoiro, xa abren no seu horario habitual: os martes no Milladoiro e os xoves en Bertamiráns. Durante o mes se agosto ditas oficinas estiveron pechadas por descanso do persoal. O servizo de asesoramento enmárcase dentro do acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL).
Martes, 1 setembro, 2020
Diante da situación de risco que estamos a vivir e a incerteza sobre a situación climatolóxica, o alcalde de Ames, José Miñones, a través dun Bando Municipal, lembra que “compre facer un uso responsable da auga, minimizando aqueles usos non imprescindibles”.
Luns, 17 agosto, 2020
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas para o programa de conciliación da vida laboral e familiar Setembro Lúdico 2020. O prazo de subsanación de solicitudes estará aberto ata o 24 de agosto de 2020.