Pestanas principais

O Concello de Ames abre o prazo para solicitar os carnés de usuario/a das piscinas municipais descubertas

Mércores, 15 xullo, 2020
O Concello de Ames abreu este luns, 15 de xuño, o prazo para solicitar os carnés de usuario/a das piscinas municipais descubertas de Bertamiráns e O Milladoiro. Os interesados/as poden descargar o impreso de solicitude na web municipal (ao pé deste aviso) e deberán envialo cuberto aos enderezos de correo electrónico: deportes@concellodeames.gal ou deportes.milladoiro@concellodeames.gal. O prezo dos carnés oscila entre os 5 e os 20 euros dependendo das circunstancias de cada usuario/a. As piscinas municipais abrirán do 1 de xullo ao 15 de setembro en horario de 11.00 a 21.00 horas. Por razóns de control de aforo, este ano non se venderán entradas soltas por día para acceder ás piscinas descubertas. O prazo de solicitude estará aberto ata o 31 de xullo.

Ante a próxima apertura das piscinas descubertas municipais de Bertamiráns e O Milladoiro, o 1 de xullo, a Concellaría de Deportes abre este luns, 15 de xuño, o prazo para facerse co carné de usuario/a destas instalacións. Para solicitar a tarxeta de usuario/a é preciso presentar a solicitude cuberta, unha foto actualizada escaneada (tamaño carné) por cada usuario novo, ou o carné do ano anterior escaneado se fose o caso, e a folla de autoliquidación selada pola entidade bancaria.

A folla de autoliquidación pode solicitarse nas oficinas de recadación (en Bertamiráns, na praza da Horta de Abaixo, número 6; ou no Milladoiro, na rúa Viorneira, número 6) ou no correo electrónico ames@canaltributos.com. Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 88 48 96. Os/as usuarios/as tamén poderán tramitar directamente a súa autoliquidación na Oficina Virtual Tributaria.

Debido a actual situación, derivada da crise sanitaria ocasionada pola Covid-19, o Concello solicita que as/os usuarias/os descarguen a documentación desde a páxina web, así como solicitar a folla de autoliquidación por correo para despois facer o correspondente pago. Unha vez recibida toda a documentación, enviaranse nun prazo de 5 días, o carné actualizado nun documento PDF. Por razóns de control de aforo, este ano non se venderán entradas soltas por día para acceder ás piscinas descubertas.

Prezos dos abonos
Para este verán, ofértanse varios tipos de abono: o familiar de tempada (no que se inclúen pais e fillos menores de 18 anos, e engadirá aos fillos menores de 25 anos cando estes non dispoñan de ingresos propios) que custará 20 euros; o individual para toda a tempada, de 14 euros, e o abono de tempada para menores de 18 anos, de 7 euros.

Tamén haberá abonos mensuais, de 7 euros para maiores de idade e de 5 euros para menores de 18 anos, ademais de facilidades para familias numerosas e con poucos recursos. Neste sentido, o terceiro irmán/a en abono, menor de 18 anos, terá unha redución do 50%. Os menores de 4 anos quedan exentos de pago.

Os interesados/as poden solicitar máis información chamando ao número de teléfono 981 535 940 (oficina de Deportes do Milladoiro) ou no número de teléfono, 619 842 504 (na oficina de Deportes de Bertamiráns), en horario de luns a venres, entre as 9:00 e as 14:00 horas. A apertura das piscinas descubertas municipais de Bertamiráns e do Milladoiro está prevista para o 1 de xullo. Permanecerán abertas ata o 15 de setembro, en horario de 11.00 a 21.00 horas.

>>ACCEDE AO TRÁMITE DE SOLICITUDE DO CARNÉ DE USUARIO/A DAS PISCINAS DESCUBERTAS