Pestanas principais

Amplíase o prazo para presentar e xustificar as subvencións para promoción do comercio dos exercicios 2019-2020

mércores, 12 Agosto, 2020 a mércores, 26 Agosto, 2020
Mediante un decreto da alcaldía, firmado o 11 de agosto de 2020, amplíase en quince días o prazo da convocatoria de subvencións para a promoción do comercio do Concello de Ames dos exercicios 2019-2020. Os interesados/as poderán presentar as solicitudes da convocatoria de subvencións para a promoción do comercio no Concello de Ames,exercicios 2019-2020, até o día 26 de agosto de 2020. O prazode xustificación dos gastos correspondentes a anualidade 2019, establece como data límite de xustificación o 15 de setembro de 2020.

A decisión desta ampliación tómase por mor da situación actual derivada da COVID19 e despois de manter  conversas coas asociacións de empresarios e posibles beneficiarios.

Aquí podes consultar o Decreto de ampliación do prazo de presentación de solicitudes da convocatoria de subvencións para a promoción do comercio no Concello de Ames, exercicios 2019-2020.