Avisos

Ex., 13-06-2025
Ex., 13-06-2025
Martes, 13 maio, 2025
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai pública a acta da resolución de alegacións e as cualificacións finais correspondentes ao proceso selectivo para a contratación de tres peóns/as para a Concellería de Xestión do Medio Natural, Atención ao Rural e Patrimonio do Concello de Ames o abeiro do Programa de integración laboral (PEL Concellos 2025).
Luns, 12 maio, 2025
Dende o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames informan de que xa están esgotadas as prazas para participar na Foliada con Apego de Pablo Díaz e Olga Kirk, que se vai celebrar este venres, 16 de maio, ás 18.00 horas, no Pazo da Peregrina en Bertamiráns. Será un encontro cheo de música para compartir, cantar, bailar, aprender cancións e, sobre todo, pasalo ben. Quen teña instrumentos tradicionais pode traelos para axudar a facer a festa.
Luns, 12 maio, 2025
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai pública coas respostas do segundo exame (cuestionario tipo test) do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de persoal de servizos xerais para o servizo de comedores escolares do Concello de Ames.
Venres, 9 maio, 2025
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa sobre a publicación das listaxes provisionais de admitidos/as das escolas infantís municipais A Madalena e O Bosque para o curso escolar 2025-2026. Deste xeito, abre o prazo de información pública durante 10 días hábiles a efectos de exame e reclamacións. Finalizado dito prazo publicaranse as listaxes definitivas e abrirase o prazo de matrícula. Finalizado dito prazo publicaranse as listaxes definitivas e abrirase o prazo de matrícula, que abrangue do 1 a o 16 de xuño, para formalizar a matrícula.
Venres, 9 maio, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 9 maio, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Xoves, 8 maio, 2025
A Concellaría de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural informa que se adían as xornadas de plantas medicinais, previstas para o venres 9 e sábado 10 de maio, e que están incluídas na programación de primavera da Aula da Natureza.
Xoves, 8 maio, 2025
O Concello de Ames informa sobre a publicación das listaxes definitivas de admitidas/os no programa municipal de Campamentos de verán 2025. O sorteo dos campamentos nos que se superou o límite de prazas realizarase o mércores, 14 de maio, ás 12.00 horas, no salón de plenos da Casa do Concello. Mediante o mesmo cubriranse as prazas nas distintas actividades, e tamén dará lugar a unha lista de agarda para cada un dos campamentos sorteados. O resultado e a lista de agarda publicarase o 19 de maio.
Mércores, 7 maio, 2025
Ata o 16 de maio está aberto o prazo de inscrición para participar na Escola de Verán, unha oferta educativa e de ocio concibida para conciliar a vida laboral e familiar da veciñanza de Ames durante o período non lectivo dos meses de xullo e agosto. O servizo está dirixido aos nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil e en Educación Primaria. O programa impartirase no CEIP da Maía, en Bertamiráns, e na EEI do Milladoiro e CEP de Ventín, no Milladoiro. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedores e Bos días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames ou nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns). As solicitudes presentadas fóra de prazo irán a unha listaxe de agarda.
Martes, 6 maio, 2025
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai pública a cuarta acta relativa á resolución do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de agarda para o posto de mestre/a da especialidade ENAE 0108 Montaxe e Mantemento de instalacións solares fotovoltaicas do obradoiro de emprego “Renova VII”.