Xoves, 22 maio, 2025
- Tematica
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o decreto de alcaldía para a contratación laboral temporal de tres peóns, xunto coa creación dunha bolsa de traballo para posibles substitucións, correspondente ao proceso selectivo para a contratación de tres peóns/as para a Concellería de Xestión do Medio Natural, Atención ao Rural e Patrimonio do Concello de Ames o abeiro do Programa de integración laboral (PEL Concellos 2025).
O prazo para poder interpoñer un recurso de reposición é dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, polo que este estará aberto ata o 23 de xuño. Na mesma liña, o prazo para interpoñer un recurso contencioso-administrativo é de dous meses contados desde a mesma data, polo que o prazo é ata o 23 de xullo.




