Xoves, 8 maio, 2025
- Tematica
A Concellaría de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural informa que se adían as xornadas de plantas medicinais, previstas para o venres 9 e sábado 10 de maio, e que están incluídas na programación de primavera da Aula da Natureza.
O venres 9 estaba previsto realizar unha exposición na Casa da Cultura do Milladoiro dunhas 150 plantas medicinais coas súas respectivas fichas de identificación sobre os diferentes usos que ten cada unha delas. Tamén estaba previsto un coloquio para afondar e divulgar sobre os usos das plantas medicinais na nosa vida cotiá. Ademais, para o sábado 10 de maio estaba previsto realizar unha actividade de recollida de herbas medicinais. Estas actividades adíanse por mor da previsión metereolóxica.