Xoves, 18 xuño, 2026
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 20 de xuño organízase unha degustación de tapas en tres locais hostaleiros de Ames, que serán elaboradas con produtos do mercado de horta e artesanía de Ames. Dita degustación ofrecerase nos restaurantes Onde Keiras, Tivolino e Mollos e Moios.
Este sábado, 20 de xuño, organízase un novo evento do programa de actividade do mercado. Desta volta, haberá unha degustación de tapas en tres locais hostaleiros de Ames, que serán elaboradas con produtos do mercado de horta e artesanía de Ames. O mercado celébrase na praza da Maía, en Bertamiráns, en horario de 10.00 a 13.30 horas.
As tapas poderanse degustar nos restaurantes:
-Restaurante Onde Keiras: un bocado de verán
-Restaurante Tivolino: risotto con cabaciño e xamón gratinado con queixo parmesano e mozarella.
-Restaurante Mollos e Moios: empanada terras da Maía.





